Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os principios e fases da intervención socioeducativa a través de programas.
- Afondar nos procesos de deseño, xestión, desenvolvemento e avaliación de programas socioeducativos, atendendo ao ciclo dun proxecto.
- Desenvolver habilidades para o deseño, a xestión e o desenvolvemento de procesos de intervención socioeducativa a través de programas.
- Coñecer os procesos de innovación e xestión da calidade nos programas socioeducativos.
- Analizar e valorar programas de intervención vinculados ao perfil profesional do/a educador/a social.
1) Os principios da intervención socioeducativa. Procesos e fases da intervención.
2) A intervención socioeducativa nos diferentes ámbitos sociais, formativos e profesionais.
3) Deseño, xestión e desenvolvemento de programas: dimensións institucional, administrativa e económica.
4) A xestión dos recursos nun programa de intervención socioeducativa: os recursos humanos, materiais e económicos.
5) Innovación e xestión da calidade nos programas socioeducativos: aproximación a diferentes modelos.
A materia está vinculada ás materias Planificación e Deseño de Programas de Educación Social (primeiro cuadrimestre do 3º curso) e Avaliación de Programas de Educación Social (2º cuadrimestre do 3º curso). A secuenciación e ligazón de contidos é acordada entre os docentes das tres materias.
Bibliografía básica
Fantova, F. (2005). Manual para la gestión de la intervención social. CCS.
Fernández, T., e Ponce de León, L. (Dirs.). (2016). Elaboración, gestión y evaluación de proyectos sociales. Intervención social y programación. Pirámide.
Pérez Serrano, G. (2016). Diseño de proyectos sociales. Aplicaciones prácticas para su planificación, gestión y evaluación. Narcea.
Bibliografía complementaria
Alberich, T. (2002). Guía fácil de asociaciones. Manual de gestión. Dykinson.
Álvarez Rojo, V. (Coord.). (2002). Diseño y evaluación de programas. EOS.
Ander-Egg, E. (2006). Metodologías de acción social. Universidad de Jaén.
Ander-Egg, E., e Aguilar, M. J. (1995). Cómo elaborar un proyecto: guía para diseñar proyectos sociales y culturales. Humanitas.
Castillo, S., e Cabrerizo, J. (2006). Evaluación de programas de intervención socioeducativa: agentes y ámbitos. Pearson Educación.
De Asís, A., Gross, D., Lillo, E., e Caro, A. (2005). Manual de ayuda para la gestión de entidades no lucrativas. Fundación Luis Vives. http://www.fundacionluisvives.org
Expósito, J., e Olmedo, E. (2006). La evaluación de programas. Teoría, investigación y práctica. Grupo Editorial Universitario.
Feliz, T. (2010). Diseño de programas de educación social. McGraw-Hill Interamericana.
García Herrero, G., e Ramírez Navarro, J. M. (2009). Manual práctico para elaborar proyectos sociales. Siglo XXI.
Gavilán, B., Massa, I., Guezuraga, N., Bergara, A., e López-Arostegui, R. (2010). Guía para la gestión de proyectos sociales. Equipo del Observatorio del Tercer Sector de Bizkaia. http://www.3sbizkaia.org
Gutiérrez, I., Sorribas, M., e Gil, M. (2005). Metodología de la intervención social. Altamar.
Losada, S. (2016). Metodología de la intervención social. Síntesis.
Marchioni, M. (2007). Planificación social y organización de la comunidad. Ed. Popular.
Moreno, M. D. (2000). Gestión de la calidad y diseño de organizaciones. Prentice Hall.
Paglilla, R., e Paglilla, D. (2017). Modelo para la elaboración de proyectos sociales. Revista Iberoamericana de Educación, 41(4). https://doi.org/10.35362/rie4142449
Palacio, I., e Ruiz, C. (2003). Viejos usos y nuevos retos. Universitat de València.
Pérez Serrano, G. (2005). Elaboración de proyectos sociales. Casos prácticos. Narcea.
Pérez Serrano, M. G. (2009). Estrategias de intervención social. En M. A. Murga (Coords.), Escenarios de innovación e investigación educativa (pp. 157-170). Universitas.
Rodríguez Sedano, A., Bernal, A., e Urpí, C. (2005). Retos de la educación social. Eunate
Vilar, J., e Riberas, G. (2002). Diseño de proyectos sociales. Fundació Pere Tarrés.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CG3 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo á circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en relación aos suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participan.
CG4 - Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
CG5 - Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
TRANSVERSAIS
CT4 - Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
ESPECÍFICAS
CE1.2 - Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os/as educadores/as sociais desenvolven o seu labor profesional.
CE1.5 - Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta a necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, por si mesmo e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
CE2.1 - Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
CE2.5 - Elaborar, xestionar e/ou utilizar medios e recursos socioeducativos que posibiliten un axeitado desenvolvemento do seu labor profesional e das institucións ou entidades nas que se leve a cabo.
Combínase a modalidade de aulas expositivas e interactivas, que implica a presentación dos contidos que configuran o programa desta materia de forma expositiva por parte do profesorado, a proposta de prácticas de formulación diversificada a desenvolver nas sesións de seminario e a implicación e participación continuada por parte do alumnado na realización das distintas actividades teórico-prácticas que se programen.
As titorías poderán ser parcialmente virtuais.
A aula virtual constituirá un apoio fundamental ó desenvolvemento da materia. Nela incluiranse os contidos teóricos que conforman o temario, os documentos de apoio para a elaboración das diferentes actividades grupais e/ou individuais, así como as entregas dos traballos.
Así mesmo, é importante considerar a posibilidade de que no marco da materia se realice algunha saída/práctica de campo.
A avaliación terá un dobre carácter, formativo -continuo ao longo do semestre- e sumativo. Na avaliación teranse en consideración os seguintes elementos:
- Actividades individuais e/ou grupais (55%)
- Proba final (45%)
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación, así como obter unha cualificación mínima de apto en cada unha delas (5 sobre 10 en cada unha das partes).
As actividades, de carácter obrigatorio, poderán ser individuais ou grupais, cun claro peso destas últimas. A súa temática versará sobre os contidos abordados na materia. En concreto, realizaranse dúas actividades principais:
- Un Dossier de prácticas individual, que recollerá as diferentes actividades que o alumnado irá desenvolvendo ao longo das sesións interactivas e que serán presentadas polo profesorado da materia (20%).
- Un Traballo de investigación grupal, no que o alumnado se achegará á realidade profesional dos/as educadores/as sociais no tocante á xestión e o desenvolvemento de proxectos socioeducativos (35%).
O alumnado que teña concedida a exención oficial de docencia ou dispensa de asistencia seguirá a mesma estrutura da avaliación. Por unha banda, elaborando as prácticas adaptadas que se colgarán na Aula Virtual correspondentes coa parte interactiva (en canto ao traballo grupal, consensuarase ao inicio do semestre co profesorado a adaptación correspondente). Por outra, preparando a proba final que se corresponde co exame recollido no calendario do grao e publicado no sitio web da Facultade. Ao igual que o alumnado asistente, o alumnado que se acolla á exención deberá ter aprobadas as dúas partes da materia (5 sobre 10 en cada unha) para poder facer a media. O alumnado con exención de docencia para as aulas expositivas estará en condicións de elaborar as actividades co conxunto dos compañeiros e compañeiras, polo que deste xeito será cualificado en consecuencia. Neste caso, o alumnado realizaría tamén o exame final.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso na materia.
Para os efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A aprendizaxe na materia apóiase en tres requisitos indispensables:
- Participación activa nas sesións e actividades de aula.
- Traballo individual ou en pequeno grupo, segundo se indique, para realizar as prácticas.
- Estudo individual e continuado ao longo do semestre.
A proporción de tempo estimado de dedicación do/a estudante é:
Actividades presenciais (50 horas):
- Clases expositivas: 24 h.
- Prácticas de seminario e/ou laboratorio: 24 h.
- Titorías: 2 h.
Traballo persoal do/a estudante: 100 horas.
- Asistencia regular ás sesións de clase.
- Estudo e análise dos documentos recomendados para cada bloque temático.
- Seguimento e dedicación en todas as prácticas xa sexan individuais e/ou de grupo.
- Planificación axeitada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e diálogo constante co profesorado).
- Uso axeitado das titorías ao longo do semestre.
Durante o curso facilitaranse outras orientacións puntuais que complementen ou maticen as que aquí figuran enunciadas dunha forma xenérica.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
ASISTENCIA A CLASE: O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/13189
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase. Entre eles, facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Diana Priegue Caamaño
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813906
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Igor Mella Núñez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- igor.mella [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Patricia Alonso Ruido
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- patricia.alonso.ruido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
16:30-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
21.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
04.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |