Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
En sintonía cas competencias, co temario que se propón e co plan de traballo que se suxire, formúlanse de maneira xeral e específica os seguintes obxectivos.
O obxectivo xeral que se persigue con esta disciplina é dar ó alumnado nocións fundamentais sobre a comparación educativa, en xeral, e sobre os sistemas educativos, en particular.
Cun nivel maior de concreción podemos sinalar os seguintes obxectivos específicos:
* Adquisición e dominio básico de elementos terminolóxicos e conceptuais da Educación Comparada en relación co entendemento e interpretación dos problemas do campo disciplinar.
* Análise teórica comprensiva da organización dos sistemas educativos coa finalidade de entender e comprender as metodoloxías e técnicas de traballo en investigación ata a actualidade.
* Coñecemento e interpretación das implicacións da Política e da Lexislación educativas na construción e desenvolvemento dos sistema educativos.
* Potenciar o desenvolvemento das capacidades de reflexión e síntese, a nivel individual e colectivo, sobre os sistemas educativos, dende unha perspectiva internacional.
Conforme ás competencias, aos obxectivos sinalados e ao establecido na ficha da materia no plan de estudos os principais contidos se configuran nos bloques temáticos seguintes:
PARTE TEÓRICA
1.- Tema Introdutorio: Educación, Política e Sistemas Educativos.
2.- Evolución dos estudos comparados da educación.
3.- Natureza e finalidades da Educación Comparada.
4.- Metodoloxía da Educación Comparada.
5.- Organismo e Institucións Internacionais da Educación.
PARTE PRÁCTICA.
6.- Estrutura de Sistemas Educativos.
a) BÁSICA:
Ferrer, F. (2002). La Educación Comparada actual. Ariel.
Garcia Garrido, J.L. (1991). Fundamentos de Educación Comparada. Dykinson.
Pedro, F. (1987). Los precursores españoles de la educación comparada. MEC.
Reventos, F. (1990). Metodología comparativa y pedagogía comparada. Boixareu.
Vexliard, A. (1970). Pedagogía Comparada: métodos y problemas. Kapelusz.
b) COMPLEMENTARIA
Altbach, P.G. e Kelly, G.P. (1990). Nuevos enfoques en educación comparada. Mondadori.
Bray, M., Adamson, B. e Mason, M. (2010). Educación comparada: Enfoques y métodos. Granica.
Ferrer, F. (1990). Educación Comparada: Fundamentos teóricos, metodología y modelos. PPU.
García Garrido, J.L. (2005). Sistemas educativos de hoy. Ediciones Académicas.
García Garrido, J.L., García, M.J. e Gavari, E. (2012). La Educación Comparada en tiempos de globalización. UNED.
Hans, N. (1953). Educación Comparada. Nova.
Marquez, A.D. (1972). Educación comparada: Teoría y Metodología. El Ateneo.
Martínez Usarralde, M.J. (2003). Educación Comparada, nuevos retos. Renovados desafíos. La Muralla.
Martínez Usarralde, M.J. (ed.) (2009). Educación Internacional. Tirant Lo Blanc.
Moehlman, A.H. (1963). Sistemas de educación comparados. Troquel.
OCDE (1997). Análisis del panorama educativo. OCDE.
Prats, J. e Raventos, F. (dirs.) (2005). Los sistemas educativos europeos ¿Crisis o transformación? Fundación “la Caixa”.
Rodríguez, A. e Costa, A (2010). Educación Comparada en J.A. Caride e F. Trillo (Dir.), Dicionario galego de Pedagoxía (pp. 219-220). Xunta de Galicia e Editorial Galaxia.
Rosselló, P. (2007). La teoría de las corrientes educativas, y otros ensayos. Edición de Julio Ruiz Berrio. Biblioteca Nueva e Ministerio de Educación y Ciencia.
Ruiz Berrio, J. (Coord.) (1985). Diccionario de Ciencias de la Educación: Educación Comparada. Anaya.
Schriewer, J. e Pedro, F. (Ed.)(1993). Manual de educación comparada: Teorías, investigaciones, perspectivas. PPU
Touriñan, J.M. e Rodriguez, A. (1993). Conocimiento de la Educación, decisiones pedagógicas y decisiones de política educativa. Teoría de la Educación, Revista Interuniversitaria, 5, 33-58.
Tröhler, D. e Barbu, R. (2012). Los sistemas educativos: perspectiva histórica, cultural y sociológica. Octaedro.
Valderrama, F. (1991). Historia de la UNESCO. UNESCO.
Velloso, A. e Pedro, F. (1991). Manual de educación comparada: Conceptos básicos. PPU.
Rede Europea de Información Educativa. http://eacea.ec.europa.eu/education/eurydice/notfound.php (páxina da).
Sociedad Española de Educación Comparada. http://seec.com.es
EURYDICE. http://www.educacion.es/cide/jsp/plantillaAncho.jsp?id=eurydice
As competencias que debe desenvolver o alumnado nesta materia, aparecen na correspondente ficha elaborada para a aprobación da implantación da titulación na Universidade de Santiago de Compostela e ás que se adecúan os contidos e o plan de traballo, son as seguintes:
a) Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
1G. Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Pedagoxía.
2G. Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña a labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
3G. Coñecer, comprender e analizar de xeito integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
1.4E. Comprender os procesos de ensinanza-aprendizaxe e a súa incidencia na formación integral das persoas.
b) Competencias específicas da materia:
1.- Comprender e interpretar os problemas do campo disciplinar que se concretan nos conceptos do coñecemento comparado da educación, do coñecemento dos sistemas educativos e das políticas educativas.
2.- Saber utilizar no seu contexto os conceptos mais utilizados da materia.
3.- Adquirir as destrezas básicas interpretativas do coñecemento comparado da educación e o dominio da evolución deste coñecemento a través do estudo.
4.-.Desenvolvemento de destrezas básicas de investigación, fundamentalmente de tipo comparativo.
- O plan de estudos no que se insire a materia corresponde ó nivel universitario. O alumnado cursou no sistema formal os niveis de ensino primario e secundario; por conseguinte, cabe dicir que o alumnado do ensino universitario posúe as destrezas intelectuais necesarias para entender mensaxes verbais ou escritos de elaboración intelectual complexa. A materia ten unha linguaxe técnica que require estudio detallado.
- A materia está condicionada polo lugar e nivel que lle corresponde no plan de estudos. Esta materia ten asignados un total de seis créditos a desenvolver no segundo semestre do terceiro curso da carreira.
-No desenvolvemento da materia combinaranse exposicións do profesorado, debates e discusións respecto dos contidos da materia, clases orientadas á aplicación prácticas dos mesmos, exposicións do alumnado, diferentes prácticas realizadas polo alumnado e tempo de traballo e estudo por parte de cada estudante. En todo caso, óptase por un proceso metodolóxico que teña en conta os principios de participación, actividade e aprendizaxe experiencial, primando o desenvolvemento da capacidade comprensiva e a adquisición de competencias.
- A consulta de índices de diversos libros que tratan o mesmo tema, as lecturas complementarias orientadas, a dedicación dun tempo específico á identificación dos campos semánticos, son os reforzadores das exposicións na clase.
- Os contidos que conforman a parte teórica desta materia serán elaborados e presentados basicamente, aínda que non exclusivamente, nas clases expositivas. O profesorado centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade temática, procurando ofrecer de maneira condensada a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e relacionándoos cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estruturais que conforman o corpus cognitivo da materia.
- O estudantado pola súa banda, coa oportuna orientación do profesorado nas clases interactivas, afondará en cuestións concretas que non foran abordadas máis que dun xeito moi xenérico na clase expositiva e que sexan susceptibles de tratamento de estudo recorrendo aos soportes documentais e bibliográficos pertinentes.
- A actividade a realizar polo alumnado é, fundamentalmente, de tres tipos:
a) A primeira, centrarase no estudo dos temas da parte teórica do temario do programa, que serán explicados, fundamentalmente, nas clases expositivas, pero tamén nas clases interactivas.
b) A segunda, na realización dun traballo monográfico comparativo entre o sistema educativo do Estado Español e o sistema educativo doutro Estado, que pode ser individual ou en grupo (máximo tres alumnas/os). A elección do país deberá contar co visto bo do profesorado, quen facilitará as orientacións bibliográficas oportunas e supervisará a execución do traballo en cada unha das súas etapas. A monografía, poderá ser elaborada individualmente ou en grupo (non maior de tres alumnas/os). Debendo entregarse na data acordada ao inicio do semestre. Este traballo deberá ser exposto no grupo da clase interactiva correspondente. Este traballo poderá ser complementado coa metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo, segundo os recursos da materia e os acordos con entidades externas o permitan.
c) A terceira, na realización das prácticas de aula que se propoñan e desenvolvan nas clase interactivas. As prácticas estarán orientadas á comparación dos sistemas educativos de diferentes Estados.
- De ser posible, respecto dos recursos e dos acordos con axentes externos, desenvolverase, cando menos, unha práctica de campo que pode ser compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións, etc.) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
- O anterior require unha asistencia regular e unha participación directa nas actividades teóricas e prácticas que se programen, executando as tarefas recomendadas en cada caso coa finalidade de alcanzar as competencias e os obxectivos marcados. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias sobre as que se sustentará a dinámica do grupo nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titorías. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ó traballo na aula, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario da materia, por medio dos cales se poderán acadar os obxectivos formulados, o que se fará patente a través das oportunas probas de control. A asistencia regular implica ter o 80% das asistencias (clases expositivas, interactivas e titorías obrigatorias) ao longo do cuadrimestre.
- Finalmente, cada alumna/o individualmente e/ou cada grupo de traballo terán que realizar de maneira obrigatoria e por escrito sínteses críticas das actividades que se realicen nas clases interactivas.
A materia terá unha aula virtual de apoio.
A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
- A valoración da aprendizaxe enténdese como un proceso a través do que se trata de comprobar o nivel de logro das competencias e dos obxectivos marcados. Neste sentido, en correspondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía coas competencias, cos obxectivos, cos contidos, coa metodoloxía exposta e cos recursos dispoñibles, a avaliación do estudantado estará baseada nas cualificacións que obteñan nas contribucións escritas que realicen, na súa asistencia, participación e calidade das achegas nas sesións de clases expositivas e interactivas que se programen.
- Haberá unha proba que deberá facilitar a identificación do nivel de logro dos obxectivos relacionados, principalmente, coa primeira parte do programa. Esta proba terá un valor mínimo do 50% na nota final, pero é necesario tela superada (acadar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10) para aprobar a materia, pero superar esta proba non implica aprobar a materia. Coa intención de axustar o temario aprendido ó temario explicado nun tempo concreto, as preguntas da proba centraranse nos aspectos máis comúns das aprendizaxes realizadas polo alumnado nos obxectivos básicos da materia.
- O traballo monográfico terá un valor máximo na nota final do 30%, sempre que se teña unha puntuación superior a 5 dun máximo de 10 puntos. Este traballo deberá entregarse na data que se fixe ao inicio das actividades docentes do semestre. Como o traballo ten que ser exposto na clase pola/o alumna/o ou grupo de alumnado que o realizara, a temática deberá ter o visto bo do profesorado (como xa se apuntou) para evitar repeticións ou reiteracións. A puntuación do traballo dependerá do informe a entregar (2/3 da puntuación do traballo) e da exposición a realizar (1/3 da puntuación do traballo). En ningún caso se aceptarán traballos dos que o profesorado non teña constancia por escrito da súa realización. As datas de entrega dos traballos serán establecidas de mutuo acordo entre o alumnado e o profesorado.
- As prácticas de aula terán un valor máximo do 20% na cualificación final, sempre que se teña unha puntuación superior de 5 puntos dun máximo de 10. A nota das prácticas será a media das puntuacións das prácticas entregadas que poderán ser individuais e/ou en grupo, e da asistencia e participación activa nas clases.
- Para superar a materia é necesario ter aprobado tanto a parte práctica (traballo e prácticas de aula) como a parte teórica (exame). Isto débese a que en cada unha destas partes adquírense destrezas, habilidades, actitudes e coñecementos diferentes aínda que complementarios.
a) Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.
b) Os traballos individuais ou en grupo do estudantado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá a aplicación da normativa específica da USC, o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou da alumna na seguinte convocatoria.
c) A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Os alumnos e as alumnas con exención de docencia ou dispensa de asistencia deberán axustarse á normativa aprobada pola Facultade e a USC (ver sitio web do centro: https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…) e aos seguintes criterios específicos da materia, segundo proceda en cada caso (compensación das aulas expositivas e/ou interactivas):
a) Elaborar un monográfico nas mesmas condicións que o alumnado de avaliación continua.
b) Facer un traballo similar ás prácticas de aula que terán que entregar o día do exame.
c) Realizar o día do exame unha proba específica de Exención de Docencia, que estará composta polo mesmo exame que o resto do alumnado e dunha ou varias cuestións referidas ao monográfico e ao traballo de prácticas.
- Todo o alumnado ten dereito a revisar o exame, o traballo e as prácticas de clase co profesorado.
- Este programa será válido para as convocatorias de xuño e xullo de 2025.
A asistencia ao 80% das sesións expositivas e interactivas (agás nos casos de exención ou dispensa) será requisito para poder presentarse ao exame e entregar os traballos e prácticas de aula. Este requisito é aplicable para as dúas oportunidades de avaliación.
A asistencia e aproveitamento das aulas expositivas, das aulas interactivas e das probas de avaliación supoñen 50 horas de dedicación para cada estudante.
Ademais, o estudo da materia debe ser continuo ao longo do semestre e supón unhas 60 horas de traballo por parte de cada alumno/a.
A realización do traballo monográfico e das prácticas equivale a 40 horas de traballo autónoma fóra das sesións presenciais.
O alumnado constituirá os grupos nos primeiros días de aulas, o que notificarán ó profesorado por escrito, no prazo establecido especificamente. Cada grupo poderá informar ó profesorado para o desenvolvemento e seguimento dos traballos, nos horarios de despacho e nos tempos de actividade práctica na clase.
Os elementos que configuran o estudo desta disciplina, non poden ser tratados como se estiveran illados, independentemente das estruturas -humanas, físicas ou sociais- de que forman parte, senón dun xeito integrado. A Educación Comparada debe ter en conta as cuestións que pertencen os ámbitos político, administrativo, económico, sociolóxico e legal, xa que a educación do conxunto dos cidadáns ten lugar en contextos específicos caracterizados por trazos políticos, económicos, culturais e valores sociais condicionantes e relacionados entre si.
Ás achegas da presente disciplina deberanse sumar as propias ofrecidas por outras materias impartidas nos semestres anteriores como: “Políticas socioeducativas e dereitos humanos”; “Teoría da Educación”; “Economía da Educación”; “Antropoloxía da Educación”; “Educación e Sociedade en Galicia”; “Socioloxía da Educación”, “Historia da Educación”, “Política e Lexislación Educativas”, “Pedagoxía Social”, “Pedagoxía Intercultural” e “Educación ambiental e Cultura da Sustentabilidade”.
O que se persigue nesta materia, é que o alumnado saiba interpretar ó final de curso a realidade educativa nas súas dimensións fundamentais e a organización dos sistemas educativos dende unha perspectiva internacional; que desenvolva a razón e o sentido crítico ó estuda a actividade escolar e outros procesos educativos; que saiba intervir pedagoxicamente sobre esa realidade e ter claro cal é o seu papel como pedagogo/a no emprego do coñecemento comparado da educación.
A materia ten unha linguaxe propia que ten que ser dominada. A consulta de índices de diversos libros que tratan o mesmo tema, as lecturas complementarias orientadas, a dedicación dun tempo específico á identificación dos campos semánticos, son os reforzadores do traballo diario.
A búsqueda, guiada polo profesorado, de datos sobre os indicadores a analizar no informe e nas prácticas de clase que ten que realizar o alumnado, individualmente ou en grupo.
Recoméndase consultar a Guía Práctica do Estudantado, que conten referencias ás programacións, avaliacións, etc. accesibles na páxina.
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/vrestudantes/descarga…
- A necesidade de atender ás normas dictadas na instrucción num. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
No curso das primeiras sesións da actividade académica daranse precisións operativas complementarias. Así mesmo estableceranse os prazos e as datas para a entrega do traballo monográfico e as prácticas.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
As entregas dos traballos farase a través da aula virtual. No caso de que sexa necesario facer algunha entrega impresa teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de espirais ou similares.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e outras alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
Atendendo a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Na seguinte ligazón pódese consultar a Guía de Linguaxe non Sexista da USC: https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/mor…
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA:
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
CONTA RAI:
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS:
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade eautorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto decomunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS:
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Santiago de Compostela, maio 2024
Antonio Rodriguez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813764
- Correo electrónico
- antonio.rodriguez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Silvana Longueira Matos
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813771
- Correo electrónico
- silvana.longueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Stefany Marian Sanabria Fernandes
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- stefany.sanabria [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
28.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
04.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |