Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer a formación histórica e bases constitucionais da Administración pública en España: Goberno e Administración Xeral do Estado, Goberno e Administración das Comunidades Autónomas, Goberno e Administración local e a Administración institucional e as corporacións de dereito público dos tres citados niveis territoriais. Coñecer a teoría xeral da organización administrativa. As relacións intergobernamentais nos Estados compostos, gobernanza e Goberno multinivel. A ética pública e o control das administracións públicas.
Os contidos da materia asignados no Plan de Estudos (USC, 2008) abórdanse desde o enfoque formal e material da Ciencia da Administración. En concreto, o contido do curso correspóndese cos descritores asignados á materia no citado Plan de Estudos:
TEMA 1.- O estudo da administración pública na ciencia política
TEMA 2.- As Administracións Públicas como organización. Os paradigmas de política administrativa: Burocracia e Nova Xestión Pública.
TEMA 3.- O sistema político-administrativo de España (I): A Administración na Constitución de 1978. Goberno e Administración Xeral do Estado.
TEMA 4.- O sistema político-administrativo de España (II): Goberno e Administración das Comunidades Autónomas.
TEMA 5.- O sistema político-administrativo de España (II): Goberno e Administración das Entidades Locais.
TEMA 6.- As relacións intergobernamentais.
TEMA 7.- O control nas Administracións, a ética pública, transparencia e bo Goberno.
Bibliografía básica
-OLMEDO, J.A.; PARRADO, S.; COLINO, C. (2017): Las Administraciones públicas en España. Valencia, Tirant lo Blanch.
Bibliografía complementaria
-AGUILAR VILLANUEVA, Luis F. (2006): Gobernanza y gestión pública, México, FCE.
-BAENA DEL ALCÁZAR, M. (2005): Manual de Ciencia de la Administración, Madrid, Síntesis.
-BALLART, X. y RAMIÓ, C. (2000): Ciencia de la Administración, Valencia, Tirant lo Blanch.
-CRESPO GONZÁLEZ, J. y PASTOR ALVADALEJO, G. (coord.) (2002): Administraciones Públicas Españolas, Madrid, McGraw-Hill.
-GONZÁLEZ RABANAL, M.C. (2005) (coord.): La acción y los retos del sector público. Una aproximación, Madrid.
-LIPPI, A. y MORISI, M. (2008): Gestión y Administración públicas, Valencia, Tirant lo Blanch.
-LÓPEZ NIETO, L. (coord.) (2006): Relaciones Intergubernamentales en la España Democrática. Interdependencia, Autonomía, Conflicto y Cooperación, Madrid, Dykinson.
-OLÍAS DE LIMA, B. (coord.) (2001): La nueva gestión pública, Madrid, Prentice Hall.
-OLÍAS DE LIMA, B. (2006): Manual de organización administrativa del Estado, Madrid, Síntesis.
-PARRADO DÍEZ, S. (2002): Sistemas Administrativos Comparados, Madrid, Tecnos.
-PRATS CATALÀ, J. (2005): De la burocracia al management, del management a la gobernanza: las transformaciones de las Administraciones Públicas de nuestro, Madrid, INAP.
RAMIÓ MATAS, C (2017): La administración pública del futuro (Horizonte 2050). Instituciones, política, mercado y sociedad de la innovación. Madrid: Tecnos.
RAMIÓ MATAS, C (2015): Administración pública y crisis institucional. Estrategias de reforma e innovación para España y América Latina. Madrid: Tecnos.
-RAMIÓ MATAS, C. (1999): Teoría de la Organización y Administración pública, Madrid, Tecnos/UPF.
-VILLORIA MENDIETA, M. (2000): Ética pública y corrupción: Curso de ética administrativa, Madrid, Tecnos/UPF.
Na Guía Docente figura a bibliografía básica e complementaria para cada tema, así como na Programación de Temas.
Entre as competencias a desenvolver na materia distínguense: as xenéricas ou transversais; e, as específicas, segundo os coñecementos disciplinares (saber), e os profesionais (saber facer).
1. As competencias xenéricas ou transversais
1.1 Capacidade para o autoaprendizaje.
1.2 Capacidade de organización, planificación e de traballo en equipo.
1.3 Capacidade de comunicación oral e escrita.
1.4 Coñecemento de vocabulario e terminoloxía básica dunha materia.
1.5 Comprensión de relacións entre conceptos e variables.
1.6 Coñecemento de autores, bibliografía, documentación.
1.7 Desenvolvemento das destrezas na consecución de información (utilización das novas tecnoloxías da información e comunicación).
1.8 Resolución de problemas baixo determinadas condicións.
1.9 Desenvolvemento de habilidades ou procedementos estandarizados.
1.10 Avaliación de situacións ou hipóteses.
1.11 Capacidade de síntese ante unha información.
1.12 Capacidade de razoamento crítico.
1.13 Capacidade de tomar decisións.
1.14 A ética de servizo público.
2. As competencias que adquire estudantado na materia de Administración Pública, segundo se desprende dos obxectivos establecidos na Memoria de Grao en Ciencia Política e da Administración (USC, 2008), son as seguintes:
2.1 Coñecementos disciplinares (saber):
2.1.1 Coñecer a organización das administracións públicas do Estado español.
2.1.2 Coñecer ademais o réxime xurídico, competencial e financeiro dos distintos niveis de administración.
2.1.3 Coñecer e diferenciar as administracións públicas territoriais e o conxunto de entes públicos e persoais que dependen delas.
2.1.4 Aprender os conceptos básicos da teoría xeral da organización administrativa e saber aplicalos.
2.1.5 Comprender a organización e funcionamento das administracións públicas e a súa dinámica na xestión pública.
2.2 Coñecementos profesionais (saber facer):
2.2.1 Identificar e utilizar fontes documentais específicas sobre a materia.
2.2.2 Argumentar desde diferentes perspectivas teóricas.
2.2.3 Identificar e analizar os subsistemas que compón o sistema administrativo e integrar a información resultante.
2.2.4 Interrelacionar os sistemas políticos e administrativos co sistema social.
2.2.5 Propor de xeito básico a avaliación das estruturas administrativas.
2.2.6 Relacionar e interpretar criticamente os procesos político-administrativos en secuencias históricas e contemporáneas.
2.2.7 Aplicar os enfoques teóricos da organización para o coñecemento e funcionamento da Administración pública.
2.2.8 Realizar estudos de caso que integren os diferentes paradigmas de política administrativa (burocracia, xestión, gobernanza).
Ao finalizar o curso, o estudante debería adquirir as competencias relacionadas cos coñecementos e as habilidades propias da materia, das ferramentas de aprendizaxe, e das actitudes específicas.
Nas clases expositivas, cunha duración de 30 horas (2 horas lectivas semanais), desenvólvese o contido do programa seguindo a secuencia de temas e ofrécese ao estudantado un esquema básico para seguir as explicacións e a integración dos diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc). As clases interactivas constan en total de 10 horas. As sesións, de carácter obrigatorio, estarán artelladas a través do traballo grupal e consistirán na realización dunha serie de presentacións na aula e da entrega de determinados traballos por escrito. Nas sesións destinadas a titorías levarase a cabo o seguimento da aprendizaxe da materia, consultas persoais etc..
En consonancia co establecido no Plan de Estudos vixente (USC, 2008), os criterios de avaliación que se seguirán son os seguintes:
- Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas.
- Avaliación continua das actividades obrigatorias realizadas durante as clases interactivas (presentacións na aula e entrega dos traballos escritos).
- Exame final.
Sobre un total de 10 puntos, a distribución da cualificación final é a seguinte:
-O 50 % da cualificación corresponde ao exame final e participación nas clases expositivas.
-O 50 % da cualificación corresponde á avaliación continua das actividades e traballos obrigatorios das clases interactivas e ao cumprimento dos requerimentos mínimos de asistencia estipulados.
A asignación que figura no Plan de Estudos (USC, 2008) é a seguinte:
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
-Clases expositivas: 30 h.
-Clases interactivas: 10 h.
-Traballos Tutelados: 5 h.
-Titorías: 2 h.
-Tarefas relacionadas co obxecto de estudo: 3 h.
TOTAL: 50 h.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
-Estudo individual: 50 h.
-Preparación de traballos e exposicións en grupo: 25 h.
-Realización de traballos individuais: 25 h.
TOTAL: 100 h.
As recomendacións que suxerimos ao estudantado son de dous tipos: a orientada ao estudo da materia, e sobre a incardinación da materia no plan de estudos e a súa proxección profesional:
a) Respecto ao estudo da materia recomendamos, con carácter xeral, a lectura previa dos materiais (bibliografía básica) fixados con antelación para cada tema (Programación de Temas), co obxecto do seguimento das explicacións nas clases expositivas e a elaboración dun esquema-síntese dos contidos. En canto á realización dos traballos obrigatorios para as clases interactivas, indícase que deben ser entregados nas datas programadas.
b) En canto á segunda consideración, destacamos que as competencias específicas da materia anteriormente apuntadas, do mesmo xeito que o desenvolvemento dos contidos mínimos, é a formación básica en Administración Pública que, como materia de formación básica, define o Título de Grao en Ciencia Política e da Administración. Igualmente, incentívase ao estudantado cara ás orientacións profesionais específicas nos diferentes niveis territoriais de Goberno e Administración Pública, sendo o estudo desta materia o inicio dese percorrido.
Por último, o alumnado disporá no CAMPUS VIRTUAL da USC da Guía Docente do curso, así como das Programacións de Temas (clases expositivas) e das Programacións das Clases Interactivas, documentación e novidades de interese relacionadas coa materia.
Natalia Paleo Mosquera
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- natalia.paleo.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alba Alonso Alvarez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- a.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | 0.1 |
16:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | Galego | 0.1 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | Galego | 0.1 |
Venres | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego | 0.1 |
16:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | Galego | 0.1 |
02.06.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 2.1 |
02.06.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 2.1 |
04.07.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 2.1 |
04.07.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 2.1 |