Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ciencia Política II: Institucións é unha materia de primeiro curso do Grao en Ciencia Política e da Administración e, como tal, pretende proporcionarlle ao alumno/a un coñecemento básico sobre a disciplina. Formúlase como unha continuidade da materia Ciencia Política I: Actores. Para isto, a materia ocúpase: da evolución da disciplina, dos conceptos de poder e lexitimidade, do Estado como organización política, dos réximes non democráticos, da distribución territorial e funcional do poder.
A través da docencia que será impartida, dos seminarios e das titorías, perséguese:
- Introducir ao alumno/a nos conceptos básicos da ciencia política contemporánea, especialmente das institucións políticas.
- Fomentar a súa capacidade de análise crítico.
- Contribuír á súa formación como futuro profesional na disciplina.
1. ENFOQUES SOBRE AS INSTITUCIÓNS EN CIENCIA POLÍTICA. As institucións como obxecto de estudo. O Institucionalismo ou Vello Institucionalismo. O Neoinstitucionalismo ou Novo Institucionalismo.
2. PODER POLÍTICO E LEXITIMIDADE. Definición de poder. Diferentes tipos de lexitimidade. O poder como sistema. Teoría de sistemas. Tipos de sistemas políticos.
3. O ESTADO CÓMO ORGANIZACIÓN POLÍTICA. Definición de Estado. Elementos constitutivos do Estado. Obxectivos e institucións do Estado. Organización do estado. Nacionalismo e Supranacionalismo.
4. AS DEMOCRACIAS. Definición de Democracia. Características e condicións da democracia. Tipos de democracias. Tipos de sistemas electorais.
5. RÉXIMES NON DEMOCRÁTICOS. Características dos sistemas non democráticos. Sistemas totalitarios. Sistemas autoritarios.
6. A DISTRIBUCIÓN TERRITORIAL DO PODER. Estados unitarios. Estados compostos. Distribucións multinivel.
7. DISTRIBUCIÓN FUNCIONAL DO PODER. Executivos. Parlamentos. Poder xudicial. Presidencialismo e Parlamentarismo.
BARREDA, M. y L. RUIZ (2016). Análisis de la política. Enfoques y herramientas de la ciencia política. Barcelona: Huygens Editorial.
BATLLE, B. (comp.), Diez textos básicos de ciencia política., Ariel, Barcelona, 1992.
BENEDICTO, J. y MORÁN, M. L. (comps.), Sociedad y Política. Temas de sociología Política, Alianza, Madrid, 1995.
DEL ÁGUILA, R. (comp.), Manual de Ciencia Política, Trotta, Madrid, 1997.
DIZ I., LOIS M. y NOVO A., Elementos fundamentales de ciencia política, Tórculo, 2004.
DUVERGER M., Introducción a la política, Ariel, 1990.
CAMINAL, M. (comp.), Manual de Ciencia Política, Tecnos, Madrid, 1999.
FARR, J.; DRYZEK, J. S. y LEONARD, S. T.; La ciencia política en la historia, Istmo, Madrid, 1999.
GOODIN, R. y KLINGEMANN, H. D. (comp), Nuevo manual de ciencia política, Istmo, Madrid, 2000.
LETAMENDIA F., Ciencia política alternativa, Fundamentos, 2002.
MARSH, D. y STOKER, G. (comp.), Teoría y métodos de Ciencia Política, Alianza, Madrid, 1997.
PASQUINO, G. et al., Manual de Ciencia Política, Alianza, Madrid, 1988.
SODARO M. J., Política y Ciencia Política, Mc Graw Hill, 2006.
URIARTE, E., Introducción a la ciencia política, Tecnos, Madrid, 2002.
VALLÉS, J. M., Ciencia política. Una introducción, Ariel, Barcelona, 2000.
VOEGELIN E., La nueva ciencia de la política, Katz, 2006.
NOTA: A bibliografía específica para cada un dos temas do programa será facilitada polo docente.
Dado o carácter básico desta materia, o alumno/a non precisa ningunha competencia previa máis alá das que corresponden a un estudante de primeiro de licenciatura; se ben asúmese, posto que a materia formúlase como unha continuidade da materia Ciencia Política I: Actores, que os conceptos da mesma teñen sido interiorizados.
Ao longo do curso, preténdese que o alumno/a desenvolverá as seguintes competencias:
1. Comprensión e asimilación de conceptos e nocións básicas da ciencia política e en especial das institucións.
2. Aplicación dos conceptos á interpretación da realidade política actual.
3. Desenvolvemento dun marco teórico de interpretación e análise da política.
A materia consta de 2 tipos de clases: teóricas e interactivas (seminarios).
As clases teóricas desenvolveranse seguindo o programa que se detalla en liñas precedentes. Se espera non só a asistencia senón tamén unha participación activa do alumnado nas clases.
As clases de seminarios consistirán basicamente no comentario e discusión de lecturas de artigos ou capítulos de libros de interese para a disciplina, sobre os que o alumnado deberá realizar distintos tipos de traballos. O docente facilitará un guion do traballo na sesión, se ben previamente o alumno/a deberá ler a lectura que lle será facilitada no Campus Virtual. Estes traballos serán obrigatorios para a superación da materia e deberán ser entregados nas datas indicadas pola docente. Fora de ditas datas, os traballos non serán recollidos.
A cualificación final da materia será resultado da suma das cualificacións obtidas nos seguintes apartados:
- Asistencia e participación nas Clases Interactivas e realización dos traballos ou actividades prácticas individuais e/ou en grupo: 30%
- Exame final obrigatorio: 70%.
O alumnado deberá aprobar o exame para que a nota obtenida nos seminarios compute para a cualificación final. A cualificación será a mesma tanto na convocatoria ordinaria de xuño coma na extraordinaria de xullo.
Ademais das 2 horas semanais de clases expositivas, o estudante deberá dedicar á preparación e estudo da materia unha media de catro horas semanais nas que terá que asimilar e fixar os conceptos manexados no aula, a través do estudo, a lectura comprensiva de textos e a realización de traballos e/ou exercicios prácticos.
Recoméndase a asistencia ás clases e a consulta da bibliografía aconsellada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Marta Irene Lois Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815191
- Correo electrónico
- martairene.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Paloma Castro Martinez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- paloma.castro2 [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | Galego | 0.1 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | 1.1 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 0.1 |
15:30-16:30 | Grupo /CLIS_05 | Galego | 0.1 |
16:30-17:30 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | Galego | 0.1 |
22.05.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 2.1 |
22.05.2025 17:00-19:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 2.1 |
07.07.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 2.1 |
07.07.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 2.1 |