Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O ensino da materia “Xestión de Recursos Humanos” persigue:
- Dotar dunha visión xeral e ampla do campo de traballo actual vencellado coa función de persoal, tanto no ámbito público como no privado.
- Profundar no coñecemento da evolución histórica da disciplina e da súa práctica profesional.
- Sensibilizar sobre a importancia do factor humano nas organizacións.
- Empregar diversas ferramentas relacionadas coas principais técnicas empregadas no ámbito profesional: análise de perfil de liderado; análise de equipos de traballo; análise de postos; planificación de procesos de selección; planificación e avaliación da formación; elaboración de planos de acollida e integración do persoal; avaliación do rendemento e xestión por competencias; valoración de postos.
- Comprender a importancia da auditoría de recursos humanos.
I PARTE
A DIMENSIÓN AMBIENTAL DA XESTIÓN DE RR.HH.
Tema 1. Fundamentos conceptuais da xestión de recursos humanos
Tema 2. A función de persoal no sector público
Tema 3. Desenvolvemento organizativo
II PARTE
TÉCNICAS DE XESTIÓN DE RR.HH.
Tema 4. Planificación
Tema 5. Selección
Tema 6. Formación
Tema 7. Avaliación
Tema 8. Compensación
Tema 9. Auditoría
Tema 10. Tecnoloxía dixitais e RR. HH. no sector público
[INFORMACIÓN PARA O PERSONAL DA BIBLIOTECA: PARA O CURSO 2024-25 ACTUALIZÁRONSE AS OBRAS DE DOLAN (2022), PONCE (2018) E VV.AA(2023)]
MANUAIS:
Balkin, D., Gómez Mejía, L. e Cardy, R. (2016), Gestión de Recursos Humanos (8ª ed.). Madrid: Pearson.
Dolan, S., Valle-Cabrera, R. e López-Cabrales, A. (2022), La Gestión de personas y del talento: La gestión de los recursos humanos en el siglo XXI. Madrid: McGraw-Hill.
Ponce, J. (Dir. ) (2018), Empleo público: derecho a una buena administración e integridad. Valencia: Tirant lo Blanch.
Ramió, C. y Salvador, M. (2018), La Nueva Gestión del Empleo Público. Barcelona: Tibidabo Ediciones.
Villoria Mendieta, M. e Del Pino Matute, E. (2009), Manual de Gestión de Recursos Humanos en las Administraciones Públicas. Madrid: Tecnos (3ª Ed.).
OUTRAS MONOGRAFÍAS COMPLEMENTARIAS:
Cuenca Cervera, J. (2010), Manual de Dirección y Gestión de Recursos Humanos en los Gobiernos Locales. Madrid: INAP.
Rodríguez, A. (2013), Planificación de RR.HH. en las Administraciones Públicas. Madrid: INAP.
Serrano Segura, J. (2016). La Nueva Gestión Pública de los Recursos Humanos en los
Ayuntamientos. Aranzadi.
VV.AA. (2023). Puesto de trabajo de nueva generación. Madrid: INAP.
BIBLIOGRAFÍA (NON OBRIGATORIA) SUXERIDA PARA ALUMNAS/OS DE INTERCAMBIO (SUGGESTED BIBLIOGRAPHY FOR EXCHANGE STUDENTS):
Daly, J.L. (2015), Human Resource Management in the Public Sector: Policies and Practices. Sharpe Inc.
Gómez-Mejía, L; Balkin, D.B. et Al. (2016), Managing Human Resources (8th Ed.). Pearson.
Mahon, A. (2018), Learning and Personal Development for Public Services Managers. Routledge Masters in Public Management.
Ao remate da materia, é de esperar que se adquiran competencias nos seguintes campos:
- Análise e avaliación da función de recursos humanos tanto no ámbito público como no privado.
- Estudios de motivación, clima e liderado.
- Planificación de recursos humanos.
- Planificación e análise do desenvolvemento de equipos de traballo.
- Análise de postos de traballo.
- Programación de procesos de selección de persoal.
- Avaliación do rendemento e do desempeño.
- Planificación da formación.
- Valoración de postos de traballo.
- Auditoría de RR.HH.
A materia articúlase en torno á explicación de cada un dos temas que conforman o programa e á realización de tarefas interactivas que pretenden reforzar os coñecementos e habilidades adquiridos e mesmo comprobar a utilidade dalgúns instrumentos de xestión.
Igualmente, intentando simplificar a comprensión da materia impartida, ao longo do curso fornécese información adicional (táboas, cadros, etc.) a través da plataforma Moodle (CAMPUS VIRTUAL) como documentación auxiliar de estudio. O mesmo CAMPUS VIRTUAL será utilizado como repositorio de material para sesións interactivas.
Dado o carácter práctico que posúen os contidos, especialmente da segunda parte da materia, a participación do alumnado nas actividades interactivas é determinante para garantir unha boa adquisición de competencias.
A secuenciación de contidos será indicada nunha versión estendida da guía docente, dispoñible no Campus Virtual para todo o alumnado matriculado.
A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial. As titorías serán presenciais, mais poden realizarse parcialmente de xeito virtual (ver abaixo). A avaliación, nos termos contemplados no apartado seguinte, será totalmente presencial. A entrega de actividades interactivas, en datas concretas, será virtual mediante envío do pdf co resultado -individual ou grupal- final do traballo.
TITORÍAS
Coa finalidade de despexar calquera dúbida sobre o programa e a materia ou para resolver calquera incidencia relacionada coa avaliación, establécese o seguinte horario de titorías:
Mércores (10-14h) e Xoves (12-14h)
Este horario pode sufrir variacións ao longo do curso, incidencia que se comunicaría anticipadamente (a través do Campus Virtual), así como, de ser o caso, o horario alternativo no que se realizarían as titorías.
As titorías atenderanse no despacho número 5, situado no andar baixo do edificio principal da Facultade de Cc.Políticas e Sociais. Así mesmo, pódense realizar titorías por vía telemática que serán atendidas no mesmo horario que as titorías presenciais. Pódese solicitar cita vía correo electrónico no enderezo: ramon.bouzas [at] usc.es (ramon[dot]bouzas[at]usc[dot]es)
En calquera medio de atención, prégase respectar o horario de titorías.
A avaliación tentará estimular a interacción individual-grupal dende o inicio das sesións. Organízase do xeito que se expón:
- Quen realice regularmente as tarefas interactivas (mínimo 4 das 6 establecidas) poderá acceder á modalidade de avaliación A.
- Quen non realice as tarefas interactivas accederá directamente á modalidade de avaliación B.
Tendo en conta a súa particular planificación do curso, cada alumna/o pode, se o desexa, comunicar ao docente dende principios do curso a que modalidade quere acollerse.
MODALIDADE A
A avaliación combinará a realización de exercicios de carácter individual e grupal. Para a realización dos exercicios grupais é necesario que o alumnado organice a súa distribución dende as primeiras sesións, tendo en conta que a composición do grupo de traballo manterase ao longo do curso.
1) Prácticas (Interactivas) (30% da nota final): Supón a realización de exercicios relacionados co desenvolvemento das sesións interactivas. Poden ter un carácter individual ou grupal que o docente indicará con anticipación. Os exercicios prácticos deben ser entregados nas datas que o docente indique. Non se admitirán entregas con posterioridade.
3) Proba final (70% da nota final): consiste na realización dunha proba teórica/práctica. A estrutura do contido desta proba e a súa puntuación serán comunicadas con antelación. Será necesario alcanzar o 50% da puntuación desta proba para superar a materia.
No caso de non alcanzar un mínimo de 5 puntos no conxunto das probas, entenderase non superada a materia. En caso de acceder á segunda oportunidade, a nota dos exercicios interactivos manterase.
MODALIDADE B
A avaliación do alumnado que non acredite un seguimento regular das actividades interactivas ten un carácter individual e se basea na realización dunha proba final. A nota máxima que se concederá no exame será a de “Notable” (7 puntos).
Sobre plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: Para os casos de realización
fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Segundo as directrices da memoria do plano de estudos, a dedicación á materia estímase que debe ser a seguinte: o estudo dos contidos das sesións expositivas esixe un mínimo de 12 horas mensuais (45 horas no total da materia); a realización de actividades interactivas descritas no apartado “Metodoloxía e Avaliación” esixirán un mínimo de 10 horas mensuais.
Ademais do seguimento dos contidos semanais que fornece o docente, aconséllase o manexo do material bibliográfico suxerido e o uso de fontes de información e recursos electrónicos diversos.
Basicamente, recoméndase seguir ao día a secuencia de desenvolvemento da materia segundo o detallado no apartado “metodoloxía” e preguntar ao docente, con tempo suficiente, calquera dúbida relacionada cos contidos ou co procedemento de avaliación.
Ramon Angel Bouzas Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815181
- Correo electrónico
- ramon.bouzas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 1.3 |
13:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.3 |
24.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |
18.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |