Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar as ferramentas e elementos esenciais para a recollida, ordenación, manexo e utilización da información na análise e definición dos problemas públicos, a tóma de decisións eficiente nas organizacións públicas, o deseño de políticas e a elección de modelos de xestión. Proporcionar unha visión xeral dos distintos marcos teóricos e técnicas de recolleita e xestión da información. Desenvolver a capacidade de traballo individual e en grupo, aprendendo a analizar información, identificar as ideas máis importantes e expresalas sinteticamente de forma oral e escrita.
1. Sistemas de información: deseño, implementación e control.
2. Xestión da información
2.1 Xestión da información e o funcionamento das organizacións.
2.2 Xestión da información e toma de decisións.
3. Técnicas de xestión da información.
3.1 Tecnoloxías da información.
3.2 Técnicas de subcontratación e buscas tecnolóxicas.
A bibliografía básica e complementaria facilitanse na Guía Docente ao inicio do curso.
Ademais das habilidades básicas e xerais, a materia contribúe ao desenvolvemento das seguintes habilidades específicas:
- CE2 - Capacidade de profesionalización.
- CE4 - Adaptación ao mercado laboral.
As competencias da materia desenvólvense a través da participación activa do alumnado en sesións semanais que requiren a preparación previa dos materiais asignados, como textos, exercicios prácticos ou audiovisuais.
As clases serán principalmente presenciais, xa sexa na aula ou a través de plataformas para o ensino a distancia (videoconferencia colectiva) segundo as necesidades docentes, combinando a explicación maxistral coa discusión por parte dos alumnos. As clases teóricas complétanse con contidos prácticos centrados nas técnicas descritas no programa. O alumnado disporá das horas de titorías para resolver dúbidas.
Avaliación continua e exame.
Clases teóricas e prácticas: 30
Titorías e traballos tutelados: 7.5
Traballo persoal do alumno: 75
É importante asistir á primeira sesión do curso para garantir unha correcta comprensión da loxística do curso, así como a adecuada adaptación ao perfil específico do alunado.
É esencial coñecer e comprender a Guía Didáctica que se facilitará ao comezo do curso.
O programa desta materia prevé o uso dos recursos electrónicos disponibilizados pola Área TIC da Universidade tal como a Aula Virtual para a entrega de traballos ou o sistema de videoconferencia corporativo para as sesións telemáticas no seu caso. O acceso a estes recursos virtuais require o uso da conta institucional (rai.usc.gal, usc.gal ou equivalente). En caso de non dispoñer dunha conta institucional operativa, o alunado debe poñerse en contacto coa súa unidade de xestión académica e comunicalo ao profesor con suficiente antelación.
Recórdase que, de acordo coa Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións, aprobada por Acordo do Consello de Goberno da USC de 15 de Xuño de 2011 e modificada por Acordo do Consello de Goberno da USC de 5 de Abril de 2017, a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de trabados plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas a autores e fontes.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de "Non Presentado".
Miguel Anxo Bastos Boubeta
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815167
- Correo electrónico
- miguelanxo.bastos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Rivera Otero
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815159
- Correo electrónico
- josemanuel.rivera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jesus Manuel Benitez Baleato
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- jesusmanuel.benitez.baleato [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.3 |
13:30-14:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 1.3 |
15.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |
25.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |