Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia (3 créditos ECTS) forma parte do MÁSTER EN TECNOLOXÍAS EN MÁRKETING E COMUNICACIÓN POLÍTICA e, por tanto, relacionada co resto das materias que o comprenden. A materia ten como obxectivo, dentro do conxunto do módulo do que forma parte, a análise dos escenarios e actores da competición electoral para elaboración de diagnósticos electorais, e a súa incorporación para as decisións derivadas da planificación, programación e xestión da estratexia do márketing político nun contexto electoral e de competición política. O coñecemento dos escenarios e actores de competición nos diferentes tipos de elección.
De contido eminentemente práctico, mediante a utilización de estudos de caso, e técnicas de análises de espazos electorais. A análise e a valoración dun escenario electoral céntrase nos seguintes aspectos:
1. Coñecemento de percepcións e actitudes dos votantes.
2. Identificación e valoración dos eixos de competición política: cales son os cleavages estruturais e conxunturais da competición, cales son os temas do debate político en relación coas demandas e preferencias dos electores
3. Coñecemento e valoración do liderado.
4. Análise do sistema de partidos. Relacións de cooperación e de competición entre partidos.
Introducirase ao alumnado no coñecemento da Xeografía electoral como espazo de importante impacto actual, especialmente desde a utilización de tecnoloxías a aplicar á análise de datos electorais.
Temario
1. O escenario electoral. Concepto e elementos de análise
2. O escenario institucional: o sistema electoral
3. Os actores da competición política
4. Análise do sistema de partidos: cooperación e competición
5. Efectos dos elementos que definen o escenario electoral
6. Ferramentas e instrumentos de análise
A bibliografía concreta distribuirase ao longo do curso, sen prexuízo diso, poden considerarse as seguintes referencias.
Básica.
-ANDUIZA, E. y BOSCH, A (2004): Comportamiento político y electoral, Barcelona, Ariel.
Complementaria.
-ANDUIZA, E. (1999): ¿Individuos o Sistemas? Las Razones de la Abstención en Europa Occidental, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
-ANDUIZA PEREA, E.; CRESPO MARTÍNEZ, I.; MÉNDEZ LAGO, M. (2011): Metodología de la Ciencia Política, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
-BAENA PAZ, G. (2009): Construcción de escenarios y toma de decisiones, Working Papers 12, UAM.
-BAEZA PEREZ-FONTAN, E. (2012): Como crear una campaña electoral de éxito: guía para la gestión integral de campañas electorales, Pamplona, EUNSA.
-BUDGE, I. y FARLIE, D. (1986), Pronósticos electorales, Madrid, Centro de Estudios Constitucionales.
-CRESPO, I. (dir.) (2002), Las campañas electorales y sus efectos en la decisión de voto, Valencia, Tirant lo Blanch, Vol. I.
-FRAILE, M. (2005): Cuando la economía entra en las urnas. El voto económico en España (1979-1996), Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
-GARCÍA BEAUDOUX, V.; D'ADAMO, O.; SLAVINSKY, G. (2005): Comunicación política y campañas electorales: estrategias en elecciones presidenciales, Barcelona, Gedisa.
-LAGO PEÑAS, I. (2005): El voto estratégico en las elecciones generales en España (1977-2000): Efectos y mecanismos causales en la explicación del comportamiento electoral, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
-LIPSET, S. M. (1987): El Hombre Político. Las Bases Sociales de la Política. Madrid, Tecnos.
-LUQUE, T. (1996): Márketing político. Un análisis del intercambio político, Barcelona, Ariel.
-MARTIN SALGADO, L. (2002): Marketing politico: arte y ciencia de la persuasion en democracia, Paidós Iberica.
-MARTÍNEZ COMA, F. (2008): ¿Por qué importan las campañas electorales?, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
-MUÑOZ ALONSO, A. (y otros) (1990), Opinión pública y comunicación política, Madrid, EUDEMA.
-MUÑOZ ALONSO A., y ROSPIR, J.L. (eds.) (1999): Democracia mediática y campañas electorales, Barcelona, Ariel.
-NATERA, A. y VANACLOCHA, F.J. (dirs.) (2005): Los liderazgos en el mercado político y la gestión pública, Madrid, BOE.
-VALLÉS, J. y BOSCH, A. (1997): Sistemas electorales y gobierno representativo, Barcelona, Ariel.
Recoméndase ademais a utilización dos libros publicados na colección Elecciones por parte do Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS); así coma outra bibliografía específica que será facilitada polos docentes.
As competencias que adquire o estudante coa materia, na teoría, práctica e de traballo persoal son as seguintes:
Competencias básicas:
CB1. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capa- cidad de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de éstudio.
CB2. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo in-completa ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB3. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os conocimien-tose e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especiali- zados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB4. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar formándose dun modo que haberá de ser en gran medida, autodirigido ou autónomo.
CB5. Que os estudantes posúan e comprendan os coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
Competencias Xerais:
CG1. Dominar as tecnoloxías e técnicas que lle permitan obter información e analizar situacións, avaliar a súa relevancia e dispoñer dos recursos para facerlles fronte.
CG2. Tratar situacións complexas, críticas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
CG3. Desempeñar diferentes roles dentro dun equipo.
CG4. Recoñecer a necesidade do cambio e ter a habilidade necesaria para xestionarlo.
CG7. Xestionar e dirixir proxectos, e adquirir as capacidades de sínteses e exposición que permiten a elaboración dun informe final.
Competencias transversais:
CT2. Capacidade analítica e de síntese.
CT3. Capacidade para a aprendizaxe e a integración no traballo en equipos multidisciplinares, a cooperación e o compañeirismo,
CT4. Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e Comunícaación (TIC).
CT5. Capacidade de xestión de información, resolución de problemas e toma de decisións.
Competencias específicas:
CE2. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na toma de deci- siones e na resolución de conflitos de carácter político, e no seguimento destes, tanto no nivel estratéxico como no operativo ou no táctico.
CE3. Capacidade para comprender e coñecer en profundidade os aspectos inter-nos e externos da dirección estratéxica de organizacións e institucións políticas, incluídas a xestión e o liderado de equipos multidisciplinares, as dinámicas políticas internas e a súa relación cunha contorna política cambiante.
CE5. Coñecer as diferenzas e similitudes dos diferentes campos do marke- ting, da consultoría e da comunicación (empresarial, organizacional, institu- cional e política).
CE9. Capacidade de deseñar e xestionar o márketing, a consultoría e a comuni- cación en situacións de crises a nivel estratéxico, operativo e táctico.
CE12. Capacidade para elaborar todo tipo de informes propios do ámbito da consultoría política.
CE15. Capacidade para desenvolver as técnicas de segmentación superreducida ( microtargeting) no ámbito do márketing político e a comunicación.
CE17. Capacidade para desenvolver novos modelos de análise política, baseados na importancia do compoñente emocional a través de diversas técnicas de investigación.
Clases expositivas e interactivas combinando a explicación coa lectura comentada por parte dos estudantes de textos referenciados e casos prácticos. Realización de traballos individuais ou colectivos tutorizados polo profesor. Os alumnos dispoñerán das horas de titorías para consultar dúbidas e realizarán unha exposición final dos seus traballos. Ademais fixaranse citas de titorías co fin de que o profesor poida realizar unha avaliación continuada do desenvolvemento dos traballos.
Para a provisión aos estudantes dos recursos didácticos utilizarase, como medio principal, o CAMPUS VIRTUAL da USC correspondente á materia. Para o estu-deu da materia recoméndase, con carácter xeral, a lectura previa dos materiais (bibliografía básica) fixados con antelación para cada sesión, ao obxecto do seguimento das explicacións nas clases expositivas e interactivas, e a elaboración dun esquema-síntese dos contidos.
A metodoloxía do ensino baséase en clases presenciais combinando a explicación maxistral coa lectura comentada por parte dos alumnos/ as de textos referenciados e casos prácticos.
A realización de traballos individuais ou colectivos tutorizados polo profesor. Os alumnos/ as dispoñerán das horas de titorías para consultar dúbidas e realizarán unha exposición final dos seus traballos diante dos compañeiros. Ademais, fixaranse citas de titorías co fin de que o profesor poida realizar unha avaliación continuada do desenvolvemento dos traballos
Os criterios de avaliación pretenden contemplar todos os aspectos integrados na docencia. A parte teórica avaliarase nunha proba final sobre os contidos abordados na materia (valor do 70%). A avaliación completarase coa valoración dos traballos, as exposicións e prácticas realizadas a través do sistema de titorías e, en xeral, a valoración da participación das actividades prácticas nas clases presencial (no caso de que se realicen con normalidade). En consecuencia, a aplicación cualitativa dos aspectos citados a avaliar concrétase nun sistema de avaliación continua, con carácter xeral e ordinario, segundo os criterios e instrumentos fixados.
A proba final suporá un 70% da cualificación final, sendo o 30% restante o derivado da realización das tarefas e traballos grupais e individuais para a súa presentación na aula.
TRABALLO PRESENCIAL NA aula
-Clases expositivas: 9 h.
-Clases interactivas: 12 h.
-Titorías e traballos relacionados co obxecto de estudo: 3 h.
TOTAL: 24 h.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
-Estudo individual do alumno: 25 h.
-Preparación de traballos e exposicións en grupo: 12,5 h.
-Realización de traballos individuais: 12,5 h.
-Outras tarefas: 1 h.
TOTAL: 51 h.
Para o estudo da materia recoméndase, con carácter xeral, a lectura previa dos materiais (bibliografía básica) fixados con antelación para cada sesión, ao obxecto do seguimento das explicacións nas clases expositivas e interactivas, e a elaboración dun esquema-síntese dos contidos
Os estudantes dispoñerán no CAMPUS VIRTUAL da USC a Guía Docente do curso, así como as Programacións de temas (clases expositivas) e as Programacións das clases interactivas, documentación e novidades de interese relacionadas coa materia.
É deber do alumnado prestar atención ás notificacións e novidades que poidan producirse no campus virtual como espazo de coordinación e traballo da materia.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Alfonso Antonio López Rodríguez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- alfonsoantonio.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Pereira Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- maria.pereira.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.4 |
Martes | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.4 |
13.01.2025 18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |
13.01.2025 18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |
10.06.2025 18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |
10.06.2025 18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |