Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia de Marketing Institucional ten carácter obrigatorio e consta de 3 ECTS. Dacordo coa memoria do Master en Tecnoloxías en Marketing e en Comunicación Política a través da mesma perséguese que o alumnado:
- Comprenda o concepto de marketing e a súa aplicación ás institucións
- Se familiarice coas ferramentas propias do márketing institucional
- Coñeza as técnicas de análise de información de mercados para o desenvolvemento de campañas de márketing
- Entenda o encaixe que o enfoque de marketing institucional ten na éradixital e, en concreto, nunha contorna de e-goberno.
- Introducción ao marketing. Conceptos claves, evolución e tipoloxías.
- Marketing institucional. Ferramentas propias e a súa aplicación
- A Xestión do marketing. O proceso de planificación.
- O marketing na era dixital
Bibliografía recomendada:
Best, R. J. (2005, 4ª Ed.). Marketing estratégico. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Canel, M. J. (2007). Comunicación de las instituciones públicas. Madrid: Tecnos.
Castillo, A. (2004). Comunicación organizacional. Málaga: Ediciones Aynademar.
Cravens, W. D. e Piercy, N.F. (2000, 6ª Edición). Strategic Marketing. Boston: Irwin McGraw Hill.
Cruz, I. (1990). Fundamentos de marketing. Barcelona: Ariel.
Chías, J. (1995). Marketing público. Madrid: McGraw-Hill.
Fahy, J. y D. Jobber. (2015). Foundations of Marketing. Madrid: McGraw-Hill.
Fernández, P. y H., Bajac. (2003). La gestión del marketing de servicios: principios y aplicaciones para la actividad gerencial. Buenos Aires: Granica.
Gilmore, A (2003). Services Marketing and Management. Gateshead: Sage Publications LTD.
Martín, F. (2004). Diccionario de comunicación corporativa e institucional y relaciones públicas. Madrid: Fragua.
Jain, S. C. (2005, 7ª•Ed.). Marketing Planning and Strategy. Cincinnati: Ohio South-Western Publishing Co.
Kotler, P. (2003). Los 80 conceptos esenciales de Marketing. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Kotler, P., K. Hermawan y I. Setiawan (2011). Marketing 3.0. Madrid: LID.
Kotler, P. y N. Lee. (2006). Marketing in the Public Sector. Wharton School Publishing.
Kotler, P. y N. Lee. (2007). Marketing en el Sector Público. Madrid: Pearson.
Kotler, P; Kartajaya, H. y Setiawan, I. ( 2018). Marketing 4.0. Transforma tu estrategia para atraer al consumidor digital.
Kotler, Ph. y G. Armstrong. (2013, 11ª edición). Fundamentos de Marketing. Madrid: Editorial Pearson.
Lambin, J. J. (1996). Marketing estratégico. Madrid: Mc Graw- Hill.
Lovelock C. y Wirtz, J. (2008, 6ª Edición). Marketing de servicios. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Luecke, R. (2007). Herramientas de marketing. Deusto: Harvard Bussiness Essentials.
McCarthy, E. J. y W.D. Perreault. (2000). Marketing: un enfoque global. México: MGraw-Hill.
Merino Sanz M. J. y E. Yagüe (2012). Nuevas tendencias en la investigación y Marketing. Madrid: ESIC.
Proctor, T. (2007). Public Sector Marketing. Harlow: Pearson Education.
Rufín, R. y C. Medina. (2012). Marketing público. Investigación, aplicaciones y estrategia. Madrid: ESIC.
Sancho Royo, D. (2002). Gestión de servicios públicos: estrategias de marketing y calidad. Madrid: Tecnos.
Santesmases, M. (2007). Marketing. Concepto y estrategias. Madrid: Pirámide.
Sharp, B. (2013). Marketing: Theory, Evidence, Practice. Oxford: Oxford University Press.
Competencias Básicas
CB1. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB2. Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB3. Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB4. Que o estudantado posua as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar formándose dun modo que haberá de ser en gran medida, autodirixido ou autónomo.
CB5. Que o estudantado posúa e comprenda os coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
Competencias Xerais
CG1. Dominar as tecnoloxías e técnicas que lle permitan obter información e analizar situacións, avaliar a súa relevancia e dispoñer dos recursos para facerlles fronte.
CG2. Tratar situacións complexas, críticas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
CG4. Recoñecer a necesidade do cambio e ter a habilidade necesaria para xestionalo.
CG5. Actuar de forma autónoma nun marco de liberdade responsable.
CG6. Achegar valor á organización mediante a súa creatividade e participación.
CG7. Xestionar e dirixir proxectos, e adquirir as capacidades de sínteses e exposición que permiten a elaboración dun informe final.
Competencias Transversais
CT1. Capacidade de traballo en equipo e liderado, en contornas cooperativas, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
CT2. Capacidade analítica e de síntese.
CT3. Capacidade para a aprendizaxe e a integración no traballo en equipos multidisciplinares, a cooperación e o compañeirismo,
CT4. Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
CT5. Capacidade de xestión de información, resolución de problemas e toma de decisións.
Competencias Específicas
CE1. Capacidade de xestionar o márketing político de organizacións e institucións, e de executar campañas de comunicación política.
CE3. Capacidade para comprender e coñecer en profundidade os aspectos internos e externos da dirección estratéxica de organizacións e institucións políticas, incluídas a xestión e o liderado de equipos multidisciplinares, as dinámicas políticas internas e a súa relación cunha contorna política cambiante.
CE4. Capacidade para utilizar as tecnoloxías máis avanzadas na xestión do márketing, a comunicación e a consultoría política orientada aos gobernos e ás campañas na contorna dixital desde unha perspectiva estratéxica, así como para deseñar proxectos de márketing viral, interactivo, SEM-SEO, etc…
CE5. Coñecer as diferenzas e similitudes dos diferentes campos do márketing, da consultoría e da comunicación (empresarial, organizacional, institucional e política).
CE6. Capacidade para utilizar tecnoloxías, métodos e técnicas avanzadas de investigación social e política no ámbito do márketing e a comunicación políticos, en organizacións públicas e privadas.
CE9. Capacidade de deseñar e xestionar o márketing, a consultoría e a comunicación en situacións de crises a nivel estratéxico, operativo e táctico.
CE10. Capacidade para dirixir a organización e produción de eventos e acontecementos dentro dunha estratexia de márketing.
CE12. Capacidade para elaborar todo tipo de informes propios do ámbito da consultoría política.
Esta materia estará organizada ao redor de clases expositivas (9 horas), onde a docente expoñerá en detalle os temas dos que consta o programa; así como de clases interactivas (12 horas) nas cales se pretende lograr a participación activa do alumnado e a súa inmersión en aspectos máis específicos e prácticos sobre a materia. Estes seminarios poderán dar lugar á realización de traballos individuais ou en grupo que serán definidos, orientados e supervisados pola docente.
Para superar a materia, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades docentes presenciais programadas. Considérase tamén necesaria a participación activa e continua do alumnado, tanto nas clases teóricas como prácticas, pois ademais de ponderarse na nota final, so así se conseguirá os obxectivos da materia.
A avaliación de la materia constará dunha parte de avaliación continúa (50%) e doutra consistente na realización dunha proba final (50%). As actividades de avaliación continúa incluirá presentacións orais das lecturas obrigatorias, debates en clase e presentación de casos prácticos. A proba final terá como obxectivo que o alumnado amose os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos. A estrutura do seu contido será comunicada ao inicio do curso.
En caso de acceder a unha convocatoria extraordinaria, o alumnado poderá superar a materia a través dun exame final na data oficial establecida.
A asignación de horas que figura na memoria do master é a seguinte:
TRABAllO PRESENCIAL NA AULA
- Clases expositivas: 9
- Clases interactivas: 12
- Titorías e tarefas relacionadas co obxecto de estudo: 3
TRABAllO PERSONAL DO ALUMNADO
- Estudo individual do alumnado: 25
- Preparación de traballos e exposicións en grupo: 12,5
- Realización de traballos individuais: 12,5
- Outras tarefas:1
TOTAL HORAS: 75 horas
Aconséllase a asistencia a clase para o seguimento da materia, así como a participación activa nos seminarios e a consulta do material bibliográfico recomendado pola docente.
O alumnado dispoñerá no CAMPUS VIRTUAL da USC da Guía Docente do curso, así como das programacións das clases expositivas e do material e textos necesarios para desenvolver as clases interactivas. Recoméndase acceder asiduamente á aula virtual da materia durante o desenvolvemento da mesma.
Natalia Paleo Mosquera
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- natalia.paleo.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.4 |
Xoves | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.4 |
14.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |
14.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |
11.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |
11.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |