Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O estudo, comprensión e deseño da comunicación estratéxica é determinante para a vida de calquera organización, do mesmo xeito que para unha efectiva toma de decisións. A presente materia traballará os contidos ao redor de tres grandes eixos. En primeiro lugar, defínense as esferas básicas da comunicación organizacional (interna e externa), determinando e coñecendo os instrumentos que se teñen a disposición para levalas a cabo entre os distintos públicos. Posteriormente exprésase a comunicación estratéxica de carácter político en termos conceptuais, de definición e como un produto axuda a conseguir os distintos obxectivos que a organización se marcou. Neste sentido, a “reputación” e “imaxe” dunha marca, tamén política, vén definida por un proceso acumulativo de percepcións que teñen os cidadáns no que a estratexia de comunicación xoga un rol fundamental á hora de construír e ser parte deses “intanxibles”. En segundo lugar, definiranse as tarefas asignadas a un “Director de Comunicación”, e como o conxunto de organizacións e partidos políticos abandonaron ese simple proceso de “coordinación” para abordar unha visión integrada a través da nova figura chamada “ MARCOM”, unha persoa con coñecemento do márketing, comunicación, publicidade e tecnoloxías. A principal diferenza radica no progresivo abandono da xestión dos atributos de carácter máis funcional, para facelo con aqueles máis abstractos ou emocionais. Finalmente, traballarase na observación dos stakeholders ou multi- stakeholders e a súa influencia nas decisións sobre a creatividade na comunicación desde a perspectiva das relacións públicas.
Os obxectivos da materia son os seguintes:
- Comprender o rol da comunicación estratéxica á hora de construír os intanxibles da marca política.
- Xestionar a reputación e imaxe da organización mediante a elaboración de mensaxes políticas e a xestión dos fluxos comunicativos internos e externos.
- Coñecer as funcións do MARCOM no contexto das tecnoloxías da información e do coñecemento.
- Observar aos stakeholders para unha efectiva toma de decisións sobre creatividade na comunicación política.
1. O concepto de comunicación estratéxica
2. Comunicación organizacional
3. Escenarios de comunicación estratéxica: publicidade institucional, transparencia e gobernos de coalición
4. Plan de comunicación estratéxica e accións de comunicación política
BÁSICA
Holtzhausen, D., & Zerfass, A. (Eds.). (2014). The Routledge Handbook of Strategic Communication (1st ed.). Routledge.
Maarek, P. J. (2011). Campaign communication and political marketing. John Wiley & Sons. Túñez-López, M. (2012). La gestión de la comunicación en las organizaciones. Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
COMPLEMENTARIA
Bruen Axel, et al. (2015). The Routledge companion to social media and politics. Routledge.
Blanco, T. P., & Herrera, J. S. (2017). Nuevas tendencias en comunicación estratégica. ESIC Editorial.
Campos Freire, coord. (2010): El cambio mediático. Sevilla: Comunicación Social, ediciones y publicaciones.
Castells, M. (2006): La sociedad red: Una visión global. Madrid: Alianza Editorial.
Chadwick, Andrew (2013). The hybrid media system: Politics and power. New York: Oxford University Press. ISBN: 9780 199759477
Ciborra, C. (1993): Teams, Markets and Systems. Cambridge University Press.
Currie, W. L., & B Galliers, eds. (1999): Rethinking Management Information Systems. Oxford University Press.
Hallin, Daniel; Mancini, Paolo (2008). Sistemas mediáticos comparados: tres modelos de relación entre los medios de comunicación y la política. Madrid: Hacer Editorial. ISBN: 978 84 96913127
Hughes, A. (2018). Market Driven Political Advertising: Social, Digital and Mobile Marketing. Springer.
Kilmann, R. H., edit. (1985): Gaining Control of the Corporate Culture. London: Jossey-Bass.
McNair, Brian (2017). An introduction to political communication. Taylor & Francis.
López-Golán, Campos-Freira, F; López-López, P.C & Rivas, F (2018). La comunicación en la nueva sociedad digital. PUCE Publicaciones.
López-Paredes, M. L. (2020). Nuevos escenarios de la comunicación: Retos y convergencias (Vol. 1). Pontificia Universidad Católica del Ecuador.
Ponjuán Dante, G. (2008): Gestión de información: dimensiones e implementación para el exito organizacional. Gijón: Trea.
Romero-Rodríguez, L. M. (2020). Manual de gestión de la comunicación corporativa. Tecnos.
Salas, C. (2010): Las once verdades de la comunicación. Madrid: Lid.
Sánchez Calero, M. L. (2006): La información especializada en la gestión de crisis. Madrid: Fragua.
Solo, A. M. (Ed.). (2014). Political campaigning in the information age. IGI Global.
Competencias Básicas
CB1. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB2. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB3. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB4. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar formándose dun modo que terá que ser en gran medida, autodirixido ou autónomo.
CB5. Que os estudantes posúan e comprendan os coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
Competencias Xerais
CG1. Dominar as tecnoloxías e técnicas que lle permitan obter información e analizar situacións, avaliar a súa relevancia e dispoñer dos recursos para facerlles fronte.
CG2. Tratar situacións complexas, críticas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
CG3. Desempeñar diferentes roles dentro dun equipo.
CG4. Recoñecer a necesidade do cambio e ter a habilidade necesaria para xestionalo.
CG5. Actuar de forma autónoma nun marco de liberdade responsable.
CG7. Xestionar e dirixir proxectos, e adquirir as capacidades de sínteses e exposición que permiten a elaboración dun informe final.
CG8. Xestionar a influencia dos cambios técnicos e tecnolóxicos derivados da expansión dos medios de comunicación dixitais.
Competencias Transversais
CT1. Capacidade de traballo en equipo e liderado, en contornas cooperativas, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
CT2. Capacidade analítica e de síntese.
CT4. Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
CT5. Capacidade de xestión de información, resolución de problemas e toma de decisións.
Competencias Específicas
CE1. Capacidade de xestionar o márketing político de organizacións e institucións, e de executar campañas de comunicación política.
CE3. Capacidade para comprender e coñecer en profundidade os aspectos internos e externos da dirección estratéxica de organizacións e institucións políticas, incluídas a xestión e o liderado de equipos multidisciplinares, as dinámicas políticas internas e a súa relación cunha contorna política cambiante.
CE4. Capacidade para utilizar as tecnoloxías máis avanzadas na xestión do márketing, a comunicación e a consultoría política orientada aos gobernos e ás campañas na contorna dixital desde unha perspectiva estratéxica, así como para deseñar proxectos de márketing viral, interactivo, SEM-SEO, etc…
CE5. Coñecer as diferenzas e similitudes dos diferentes campos do márketing, da consultoría e da comunicación (empresarial, organizacional, institucional e política).
CE7. Capacidade para deseñar plans de comunicación ligados á construción de determinados produtos políticos, implementalos e avalialos.
CE8. Capacidade de pensar estratexicamente os procesos de comunicación, que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análises e de acción, así como a súa posta en marcha e a súa avaliación.
CE9. Capacidade de deseñar e xestionar o márketing, a consultoría e a comunicación en situacións de crises a nivel estratéxico, operativo e táctico.
CE12. Capacidade para elaborar todo tipo de informes propios do ámbito da consultoría política.
CE16. Capacidade para manexar as novas contornas dixitais e as súas posibilidades para a formación de candidatos, o deseño de campañas e a construción do produto político.
Clases presenciais (expositivas e interactivas) combinando a explicación maxistral coa lectura comentada por parte dos alumnos/ as de textos referenciados e casos prácticos. Realización de traballos individuais ou colectivos titorizados polo profesor. Tamén se empregarán outras metodoloxías docentes como sesións de debate ou exposicións públicas.
Os alumnos/as disporán das horas de titorías para consultar dúbidas e realizarán unha exposición final dos seus traballos diante dos compañeiros. Ademais, fixaranse citas de titorías co fin de que o profesor poida realizar unha avaliación continuada do desenvolvemento dos traballos. Como complemento dos temas tratados durante as sesións expositivas e interactivas, proporcionarase documentación adicional para unha maior profundización na aprendizaxe.
O sistema de avaliación de esta materia combina dous aspectos fundamentais.
- A asistencia a clase e a participación (10% da nota): para superar a materia, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades docentes presenciais programadas.
- Os alumnos terán que realizar a entrega de traballos (90% da nota), cuxo contido se especificará ao inicio do curso e no que terán que aplicar as técnicas aprendidas e que servirá para cualificar a materia.
Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, deberán realizar na segunda oportunidade un traballo individual no que, igualmente, terán que aplicar as técnicas aprendidas e que servirá para cualificar a materia.
Para o seguimento da materia, á marxe da asistencia a clase (9 horas) e a participación activa nas sesións interactivas (12 horas), o plano de estudos do máster en que se integra a materia estima unha dedicación de 25 horas ao estudo individual e, aproximadamente, 25 á realización de traballos. Aconséllase o manexo da bibliografía recomendada, a lectura da documentación complementaria (depositada no Campus Virtual), así como o uso dos recursos electrónicos (Internet) que ao longo do desenvolvemento da materia iranse indicando. A secuencia de contidos deseñouse de modo que a meirande parte do traballo relacionado con esta materia vaise realizar durante as sesións expositivas e interactivas.
Ler a bibliografía básica
Recórdase que, de acordo coa Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións, aprobada por Acordo do Consello de Goberno da USC de 15 de Xuño de 2011 e modificada por Acordo do Consello de Goberno da USC de 5 de Abril de 2017, a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de trabados plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas a autores e fontes.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de "Non Presentado".
Paulo Carlos Lopez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- paulocarlos.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.4 |
26.05.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |
26.05.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |
23.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |
23.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |