Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Socioloxía Económica analiza a vida económica coas teorías, conceptos e métodos sociolóxicos, descubrindo que as estruturas económicas e os procesos son tamén estruturas e procesos sociais.
O propósito do curso é presentar aos alumnos e alumnas o campo da Socioloxía Económica, familiarizalos coa literatura clásica e contemporánea. A Socioloxía económica, na que destacan os clásicos da Socioloxía (Marx, Weber, Durkheim e Simmel, entre outros) e da Economía (Veblen, Commons, Schumpeter), coñeceu nos últimos anos un importante desenvolvemento. A Socioloxía económica está preocupada en analizar os fundamentos da vida económica desde unha perspectiva centrada no social pero abertamente interdisciplinar. Sostén así que os fenómenos económicos e o comportamento dos actores (individuos, familias, empresas e organizacións) está incrustado na cultura, na estrutura social, nas redes sociais e de poder e, finalmente, no medio ambiente e nunha natureza socializada.
O estudo sociolóxico da vida económica, inclúe, entre outros temas, a análise das formas de regulación social da innovación e da produción de coñecemento, a súa relación coa crise do medio ambiente, a organización da produción, o mercado e as redes de cooperación interempresariais, o espazo de cualificación e mobilidade profesional, e finalmente, o espazo de consumo.
O curso ofrece aos alumnos/as de ADE as teorías mais avanzados e os conceptos sociolóxicos para a análise da vida económica e en particular para comprensión das empresas e as organizacións, os mercados e outras institucións que contribúen á regulación do marco social, laboral ou económico onde se atopan. Poñerase especial énfase na crise medio-ambiental e na responsabilidade das empresas e grandes corporacións
Obxecto e Método da Socioloxía Económica. A incrustación da economía e as empresas na sociedade e no medio ambiente. A estrutura social e a cultura na economía e na empresa. O Poder, a política e os grupos de interese. As institucións sociais e a regulación da economía. A ciencia, a tecnoloxía e a innovación. A coordinación e o control nas organizacións: análise comparativa. Os mercados como construcións sociais e institucionais: perspectivas sociolóxicas A formación de redes. A profesión, a educación e os sistemas de traballo. A estratificación social, a mobilidade e o mercado de traballo. Os procesos de consumo, estilos de vida e ocio. A sociedade en rede e a economía do coñecemento. As formas de comunicación e a sociedade global.
Bibliografía básica:
Herranz, R. (2003). Los fundamentos de la Nueva Sociología Económica y la Sociología de las Organizaciones. Caracas. Ceatpro.
Herranz, R. (2007). La Sociología de los mercados internos de trabajo. Madrid. CES.
Ingham, G. (2010).Capitalismo. Madrid. Alianza Editorial.
Portes, A (2013). La Sociología económica. Una introducción sistemática. Madrid. CIS.
Santana Turégano, M. Ángel (2022). ¿Homo economicus u homo sociologicus? Introducción a la sociología para la economía, la empsa y las finarenzas, Madrid. Aula Magna- McGraw Hill.
Bibliografía complementaria:
Castells, M. (1997). La era de la información. Economía, cultura y sociedad. 3 Vols. Alianza, Madrid.
Durkheim, E., (1987)( La división del trabajo social, Madrid, Ed. Akal.
Fernández Enguita, Mariano (1998). Economía y Sociología. Para un análisis sociológico de la realidad económica. Madrid, CIS
Garvía, R. (2004). Análisis de organizaciones. Madrid, CIS.
Esping-Andersen, G.(2000). Fundamentos sociales de las economías postindustriales. Barcelona, Ariel.
Granovetter, M., Acción económica y estructura social: el problema de la incrustación, en Requena Santos, F., Análisis de redes sociales, Centro de Investigaciones Sociológicas, Madrid, 2003.
Herranz, R. (2008). George Simmel y la Sociología Económica: el mercado, las formas sociales y el análisis estratégico. PAPERS, Revista de Sociología, nº 87.
Izquierdo, A. (coord.) (2008), El modelo de inmigración y los riesgos de exclusión. Madrid, Fundación FOESSA.
Moreno, L. (coord.) (2009). Reformas de las políticas del bienestar en España. Madrid, Ed. Siglo XXI.
Sayer, A. y Walker, R. (1994). La Nueva Economía Social. Reelaboración de la división del trabajo. Madrid: Ministerio de Trabajo y Seguridad Social.
Swedberg, R., y Smelser, N (1994, 2ª ed. 2005) Handbook of Economic Sociology, N.J. Princeton University Press.
VVAA, (2002). Sociología del Consumo, monográfico de Política y Sociedad, Vol. 44, Núm. 1.
Weber, M., (1977). Economía y sociedad [1922]. México, Fondo de cultura Económica.
Recursos electrónicos y direcciones web de interés:
IESA. Instituto de Estudios Sociales Avanzados http://www.iesa.csic.es/
Instituto Nacional de Estadística de España: http://www.ine.es
Centro de Investigaciones Sociológicas: http://www.cis.es
Comité de Investigación en Sociología Económica- FES https://sites.google.com/site/sociologiaeconomicafes/home
Federación Española de Sociología: http://www.fes-web.org (Véase Comité de Sociologia Económica, sección Documentos)
Fundación FOESSA: http://www.foessa.org
Observatorio social de España: http://www.observatoriosocial.org/ose/
EUROSTAT: http://epp.eurostat.ec.europa.eu/portal/page/portal/eurostat/home/
Eurobarometro: http://ec.europa.eu/public_
Competencias do grao na que materia contribúe:
- Coñecer e comprender a empresa a partires do punto de vista histórico, social e institucional.
- Dispoñer do coñecemento que define a Administración e Dirección como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel avanzado na literatura e que inclúe aqueles aspectos mais relevantes e que están na vangarda do coñecemento neste campo.
- Posuír coñecementos xerais e habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e realizar estudos especializados en diversas áreas de negocio e áreas afíns cun alto grao de autonomía.
- Comunicarse con fluidez no seu ambiente e traballo en equipo.
Competencias específicos da materia
- Entender como se insire a actividade económica e empresarial na sociedade, é dicir, na estrutura social, na cultura, nas institucións e nas relacións de poder.
- Aprender a interpretar correctamente a linguaxe sociolóxica utilizada na análise de diferentes áreas e institucións relevantes para as empresas e organizacións.
- Comprender as diversas formas de coordinación e control nas organizacións e o papel das redes sociais na vida económica.
-Saber definir as dimensións máis importantes das estruturas e dos cambios sociais que afectan a construción dos mercados e das organizacións.
- Desenvolvemento de competencias no análise da documentación socioeconómica.
Recomendacións previas: Economía Básica, Economía Empresarial e Métodos Estatísticos.
Nas clases expositivas nas que se introducirán e explicaran os contidos teóricos e metodolóxicos esenciais da materia, preséntanse e discútense coa participación activa do estudantado os problemas que afectan a ditos contidos. Ao comezo do curso, o alumnado disporá do material didáctico e das referencias bibliográficas seleccionadas e de lectura obrigatoria para poder participar activamente na súa preparación de acordo coas orientación e o apoio do equipo docente.
No caso das clases interactivas o alumando deberán presentar e comentar, seguindo os criterios establecidos polo/a profesor/a, un conxunto de materiais, incluíndo elementos audiovisuais, informes ou lecturas e textos. Nestes, amplíanse, ilústranse ou ben aplícanse os contidos teóricos e metodolóxicos esenciais da materia. Esta tarefa completarase mediante debates socioloxicamente fundados sobre temas de actualidade e outras actividades e tarefas, así como diferentes probas que permitan avaliar a comprensión dos materias traballados.
De xeito xeral, a cualificación obtida como consecuencia da participación nas clases expositivas e interactivas, xunto coa realización dos distintos traballos e tarefas a realizar nas mesmas, pesará un 40% da nota final.
A asistencia, participación e entrega dos traballos é condición para avaliar o exame final. Dito exame respecto dos contidos teóricos do curso afectará ó 60% restante da nota nesta materia.
Para a superación da mesma será necesario obter polo menos a metade da puntuación da parte interactiva e unha terceira parte da puntuación do exame.
A relación específica das diferentes actividades avaliables ao longo do curso e o xeito no que se controlarán, así como as avaliacións para situación específicas (dispensa asistencia, necesidades de titorización individual ou outras) indicaranse nas guías docentes correspondentes a cada un dos grupos da materia (quenda de mañá ou tarde) que se publicarán na aula virtual.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na normativa para avaliar o rendemento académico dos estudantes e para revisar as cualificacións. O alumnado repetidor deberá de realizar as mesmas actividades e tarefas que de primeira matrícula.
Arredor de 40 horas de estudo independente e 27,5 para a realización de lecturas, comentarios, textos e interpretación de datos.
O seguimento das clases e a realización das lecturas e das tarefas definidas. Así mesmo, recomendaranse durante o transcurso da docencia distintos materias audiovisuais e lecturas que axudan a complementar e ampliar os contidos abordados e que serán de traballo voluntario non avaliable pero altamente aconsellables.
É tamén importante tratar de manterse actualizado dos eventos socioeconómicos ou sociopolíticos actuais posto que a materia ten unha vocación de conectar teoría e praxe para o que se empregarán os casos ou exemplos máis recentes (incluídos aqueles que acontezan durante o propio curso).
Bran Barral Buceta
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- bran.barral.buceta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ignacio Elpidio Dominguez Ruiz
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- ignacioelpidio.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 08 |
Martes | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 08 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 08 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 08 |
09.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
09.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
09.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
09.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
09.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
09.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
09.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
09.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
09.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
09.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
09.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
09.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
09.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
09.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula B |
09.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula B |
09.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
23.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
23.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
23.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
23.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
23.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
23.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
23.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
23.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |