Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia Socioloxía da Educación insérese no módulo cuadrimestral "A realidade educativa, social e cultural" dirixido a sentar as bases do coñecemento da realidade social e cultural no que as futuras pedagogas e os futuros pedagogos haberán de desenvolver a súa actividade. Así, a materia contribúe ao dobre obxectivo xeral deste primeiro módulo do primeiro curso do Grao de Pedagoxía, isto é, ofrecer unha formación científico-académica básica e xeral no ámbito das Ciencias Sociais que permite situar na perspectiva de cada realidade a acción profesional. De modo concreto, esta disciplina sociolóxica persegue os seguintes obxectivos específicos:
-Lograr un nivel básico e preciso de coñecementos sociolóxicos -teóricos e metodolóxicos- tanto desde un punto de vista xeral da disciplina, como desde o ángulo particular da Socioloxía da Educación.
-Adquirir unha visión xeral dos principais enfoques teóricos, clásicos e recentes, que teñen relevancia no campo da Socioloxía da Educación.
-Desenvolver unha conciencia sociolóxica sobre a importancia do proceso de socialización e educación, e dos axentes de socialización desde unha visión social-estrutural.
- Adquirir unha visión crítica e as aptitudes necesarias de cara a unha activa construción e reconstrución do saber desta disciplina científica.
-Coñecer e valorar os distintos fenómenos sociais e, en concreto, a dimensión social da educación.
-Profundar nos coñecementos referentes á interrelación desigualdade social e educación.
Descritores: Conceptos básicos de Socioloxía e Socioloxía da Educación. Os autores clásicos da Socioloxía da Educación. Principais teorías sociais: o seu impacto na educación. Socialización, educación e estrutura social. A súa concreción en Galicia. Códigos lingüísticos, educación e reprodución-cambio social. Estado e función. Os roles sociais e de xénero na educación. Educación nos procesos de socialización, adaptación e desviación social.
Os contidos agrúpanse nos seguintes bloques temáticos:
1. INTRODUCIÓN XERAL Á SOCIOLOXÍA
1.1. Obxecto e finalidade da socioloxía.
1.2. Conceptos sociolóxicos fundamentais
1.3. Orixe e Evolución da Socioloxía e principais autores e escolas
1.4. Sociólogas fundadoras, a memoria oculta da socioloxía
2. ESTATUTO EPISTEMOLÓXICO DA SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN
2.1. Concepto e obxecto da Socioloxía da Educación
2.2. A Socioloxía da Educación e outras ciencias relacionadas
2.3. Niveis de análise e análise científica da Socioloxía da Educación
3. HISTORIA DA DISCIPLINA E DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO
3.1. Xénese e desenvolvemento da Socioloxía da Educación
3.2. Paradigmas clásicos en Socioloxía da Educación
3.3. Correntes teóricas da Socioloxía da Educación.
4. SOCIALIZACIÓN, CULTURA E EDUCACIÓN
4.1. Cultura e Educación
4.2. O proceso de socialización
5. SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN E COÑECEMENTO DAS MULLERES E DO XÉNERO
5.1. Sexo, Xénero e Desigualdade.
5.2. Socialización e roles de xénero
5.3. Problemáticas sobre Xénero e Educación
Bibliografía básica
Fernández, F. (2003). Sociología de la Educación. Pearson.
Giddens, A. (2010). Sociología (6ª ed.). Alianza Editorial.
Hernández F.J., Beltrán, J. e Marrero, A. (2003). Teorías sobre Sociedad y Educación. Tirant lo blanch.
Taberner, J. (2008). Sociología y educación: el sistema educativo en sociedades modernas: funciones, cambios y conflictos. Tecnos.
Bibliografía complementaria
Bonal, X. (1998). Sociología de la Educación. Una aproximación crítica a las corrientes contemporáneas. Paidós
Bourdieu, P. e Passeron, J.C. (1977). La reproducción. Elementos para una teoría del sistema de enseñanza. Laia.
Durkheim, E. (1975). Educación y Sociología. Ed. Península.
Fermoso , P. e Pont , J.(eds.) (2000). Sociología de la Educación. Nau Llibres
Fernández, M. (1999). Sociología de la educación: lecturas básicas y textos de apoyo. Ariel.
García de León, Mª A; De la Fuente, G. e Ortega, F. (eds.) (1993). Sociología de la Educación. Barcanova.
Giner, S. (2010). Sociología. Península.
Giner. S., Lamo de Espinosa, E. e Torres, C. (eds.) (2013). Diccionario de Sociología. Alianza Editorial.
Giroux, H. (1990). Los profesores como intelectuales. Hacia una Pedagogía Crítica del Aprendizaje. Paidós
Gómez, Mª B. e Mosteiro Mª J. (Eds.) (2017). Identidades de género, trabajo, conocimiento y educación: desafíos y retos en el contexto transnacional. Servizo de Publicacións de la Universidade de Santiago de Compostela.
Guerrero, A. (1996). Manual de Sociología de la Educación. Síntesis
Hernández, M. (coord.) (2008). Exclusión social y desigualdad. Universidad de Murcia, Servicio de Publicaciones.
Imbernón, F. (ed.) (1999). La educación en el siglo XXI. Graó.
Jerez Mir, R. (1990). Sociología de la Educación. Guía Didáctica y Textos Fundamentales. MEC.
Lengermann, P. e Niebrugge, G. (Eds.) (2019). Fundadoras de la sociología y la teoría social, 1830-1930. Centro de Investigaciones Sociológicas.
Nisbet, R. (1982). Introducción a la Sociología. El vínculo social. Vicens-Vives.
Radl, R. Mª (2010). Investigaciones Actuales de las Mujeres y del Género. Servizo de Publicacións de la Universidade de Santiago de Compostela.
Subirats, M. e Tome, A. (2007). Balones Fuera. Reconstruir los espacios desde la coeducación. OCTAEDRO.
Webgrafía
CIS. Centro de Investigaciones Sociológicas:
http://www.cis.es/
RASE. Revista de la Asociación de Sociología de la Educación
http://www.ase.es/rase
REIS. Revista española de investigaciones sociológicas
http://www.reis.cis.es/REIS/html/index.html
RES. Revista española de sociología
https://recyt.fecyt.es/index.php/res/index
TEMPORA. Revista de Sociología de la Educación
https://www.ull.es/servicios/publicaciones/publicacion/revista-tempora/
Sociology of Education
https://www.asanet.org/publications/journals/sociology-education
BÁSICAS E XERAIS
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3 - Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
CG4 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
TRANSVERSAIS
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan
ESPECÍFICAS
CE1.1 - Coñecer o mundo educativo e laboral
CE1.2 - Comprender os referentes teóricos, históricos, culturais, políticos, ambientais e legais que conforman as situacións e os programas educativos
Proponse unha metodoloxía activa que fomente a participación do alumnado na construción do seu propio coñecemento acerca dos temas propostos. Para iso, a docente realizará a presentación dos temas achegando as explicacións que considere convenientes para orientar ao alumnado cara aos centros de interese que conveña profundar desde o punto de vista documental, bibliográfico ou titorial.O alumnado terá á súa disposición na Aula Virtual da Materia (Campus Virtual) toda a documentación (presentacións, textos, material audiovisual, etc.) correspondentes a cada clase (expositivas e interactivas).
ACTIVIDADES PRESENCIAIS
Actividades en gran grupo. As actividades formativas en gran grupo incidirán sobre todo na parte teórica da materia e estarán dirixidas á adquisición de coñecementos básicos cun peso relevante de actividades expositivas por parte da docente e, eventualmente, presentacións e exposicións orais por parte dos diferentes grupos de alumnos/as.
Actividades en grupo mediano. Nas actividades de grupo medio será o propio alumnado, con axuda da docente, quen realizará diferentes actividades de aplicación dos contidos teóricos. Trátase de actividades que favorecen a docencia interactiva, cun peso a miúdo importante do traballo en equipo, favorecendo a cooperación e o intercambio de experiencias. As actividades presenciais que se desenvolvan nesta modalidade de agrupamento requirirán, como é lóxico, unha elevada porcentaxe de horas de traballo autónomo por parte do alumnado, tanto individual como no seo do equipo de traballo no que se integre.
Actividades en pequeno grupo ou individuais
As actividades en pequeno grupo e as titorías estarán dirixidas a orientar ao alumnado de forma máis personalizada, realizar o seguimento do proceso de traballo autónomo, tanto individual como de grupo de traballo, e resolver dúbidas tanto das aprendizaxes relacionadas coa materia como relativas a procedementos de traballo e técnicas máis relacionadas coas competencias básicas e transversais.
ACTIVIDADES DE TRABALLO AUTÓNOMO
As actividades de traballo autónomo por parte do alumnado estarán dirixidas ao estudo e asimilación dos contidos o que suporá a realización das lecturas obrigatorias e recomendadas pola profesora así como a realización das actividades prácticas que se deseñen (proxectos, exercicios, análises de contido, etc.) e que implicarán a elaboración de informes, presentacións visuais, exposicións orais, etc.
En calquera caso, farase especial fincapé en que o alumnado, utilizando distintos procedementos, chegue a realizar de forma autónoma unha elaboración e síntese da información que lle permita ir construíndo un coñecemento sólido e ben argumentado.
A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
Valorarase o rendemento e as aprendizaxes adquiridas a través dunha combinación equilibrada entre actividades de avaliación continua formativa e de avaliación final. A primeira debe valorar o esforzo e o progreso na aprendizaxe e incentivar unha dedicación continuada á materia ao longo do semestre. A segunda permitirá valorar globalmente os resultados da aprendizaxe.
A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é un requisito imprescindible para a avaliación (e non puntúa).
Concretamente, e en correspondencia coas competencias, os obxectivos, os contidos, e a metodoloxía, establécense os seguintes criterios de avaliación:
1ª OPORTUNIDADE:
Probas específicas: 40%
- Realizarase unha proba obxectiva (exame) que terá un peso do 40% na nota final.
Informes escritos, presentacións orais e outras producións: 60%
- As prácticas de aula (de aplicación dos contidos teóricos) que serán realizadas en pequenos grupos, terán un peso do 40% na cualificación final. A proposta de actividades na materia (prácticas a realizar nas aulas interactivas) terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
-O traballo (monográfico) a realizar por todo o alumnado matriculado na materia (individualmente ou en grupo), e que terá que presentar na clase, terá un peso do 20% na nota final. A puntuación do traballo basearase no informe presentado (aspectos formais e de contido) e na exposición do mesmo (claridade expositiva e capacidade de resposta ás cuestións formuladas).
2ª OPORTUNIDADE: A avaliación efectuarase exclusivamente a partir de probas escritas nas convocatorias previstas.
Para obter unha avaliación positiva na materia será preciso ter realizadas en tempo e forma todas as actividades de avaliación especificadas así como aprobar cada unha delas.
-A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
-Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
PLAXIO (TANTO PARA ENSINO PRESENCIAL COMO NON PRESENCIAL)
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011.
Avaliación de alumnos e alumnas aos que, por diversas circunstancias, se dispense da asistencia á clase (Instrucción núm. 1/2017, do 27 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia á clase).O alumnado que teña exención de docencia ou dispensa de asistencia deberá informar da súa situación á/ao docente nos 10 días seguintes á concesión e será convocado a unha titoría na que se lle facilitará un "Programa de Actividades“ específico, que suporá un traballo similar ás prácticas de aula e ao traballo monográfico, para poder superar a materia.
Criterios:
Probas específicas: 40%
-Realizar o exame na data oficial ao igual que o resto do alumnado.
Informes escritos, presentacións orais e outras producións: 60%
O habitual para un traballo intelectual intensivo nun contexto científico-académico para o cal a capacidade reflexiva e crítica é fundamental. Cada estudante debe decidilo de modo concreto e de forma responsable no seu caso, sempre tendo en conta que se trata dunha materia que ocupa 6 créditos no currículo académico. A asistencia e a participación activa nas clases son absolutamente imprescindibles para un bo aproveitamento académico da materia.
Orientativamente podemos partir da seguinte recomendación:
Traballo persoal da/do estudante.
Horas de Estudo aproximadamente: 40
Horas de Estudo e elaboración de informes aproximadamente: 30
Horas de Visualización de material e elaboración de traballos, etc. aproximadamente: 30
- Desenvolver unha actitude crítica e reflexiva ao redor da materia.
- Utilizar as titorías para clarificar as dúbidas
-Asistencia a clase
O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou o Regulamento de asistencia a clases nos cursos adaptados ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Nel expóñense os beneficios da asistencia a clase, entre eles que facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupo e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa co resto do alumnado ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-alumno máis participativa. Cómpre lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións lectivas. Nos supostos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial da docencia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Responsabilidade medioambiental. Se a/o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado
do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Begoña Gomez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881813782
- Correo electrónico
- begona.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 (Ñ - Z) | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Ferreira) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 (Ferreiro - N) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
14.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
20.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |