Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer a evolución histórica das distintas teorías sobre a criminalidade para identificar as principais explicacións arredor á criminalidade, a desviación e o control social.
Aprender os fundamentos da Criminoloxía e desenvolver a capacidade de discusión e argumentación sobre a eficacia, validez empírica e consecuencias das distintas teorías criminolóxicas.
Profundar no coñecemento das principais teorías que tratan de explicar as causas da criminalidade para identificar paradigmas, autores/as, escolas e nocións fundamentais.
Propiciar un acercamento á comprensión das representacións sociais implícitas no mundo delituoso dende as distintas teorías criminolóxicas.
Fomentar unha actitude crítica e unha visión integral con respecto á multiplicidade de enfoques ou perspectivas teóricas da criminalidade.
Tema 1: O estatuto da Criminoloxía:
1.1. Introdución: Ciencia, Paradigma, Modelo e Teoría.
1.2. A relevancia das teorías en Criminoloxía.
Tema 2: As Teorías criminolóxicas:
2.1. Tipos de teorías criminolóxicas.
2.2. Criterios para avaliar as teorías criminolóxicas.
2.3. O debate integración/competencia entre as teorías. Valoración crítica
2.4. A integración das teorías: criterios e tipos.
Tema 3: Teorías psicolóxicas:
3.1. Introdución. O micro e o macro nas teorías criminolóxicas.
3.2. Crime e personalidade. A tríada, e a tétrada, escura e a teoría da psicopatía de Robert Hare.
3.3. A teoría de Eysenck.
3.4. A teoría da elección racional.
3.5. As teorías do ciclo vital: a teoría integradora de David Farrington.
Tema 4: Teorías sociolóxicas:
4.1. Teorías ecolóxicas: a segunda Escola de Chicago.
4.2. A Teoría da Asociación diferencial de Edwin Sutherland.
4.3. A teoría das fiestras rotas de Philip Zimbardo: unha revisión crítica.
4.4. A teoría do vínculo social de Travis Hirschi.
4.5. A teoría xeral do delito de Michael R. Gottfredson e Travis Hirschi.
Tema 5: A Criminoloxía crítica:
5.1. Aclaracións terminolóxicas: a criminoloxía crítica, a criminoloxía radical e a nova criminoloxía.
5.2. O marxismo e a criminoloxía crítica: Karl Marx, Friedrich Engels e Willem Bonger.
5.3. A nova criminoloxía crítica: definición e características comúns.
5.4. A criminoloxía crítica na actualidade: da criminoloxía da pacificación ao ultrarrealismo.
Tema 6. A criminoloxía feminista e a violencia de xénero:
6.1. Situación de partida. A noción de criminoloxía feminista.
6.2. A muller e a Criminoloxía na historia: de Lombroso a William I. Thomas.
6.3. A tese da caballerosidade de Otto Pollak
6.4. Os inicios da Criminoloxía feminista: Carol Smart.
6.5. O desenrolo da Criminoloxía feminista: a hipótese da oportunidade, a hipótese da masculinidade e a hipótese da marxinación económica.
6.6. A Criminoloxía feminista na actualidade: a interseccionalidade, a teoría do poder/control e as líñas de investigación abertas.
6.7. A violencia de xénero. Replanteamiento da definición. Os imaxinarios sociais da violencia e o heteropatriarcado. O ciclo da violencia de Lenore Walker. As novas masculinidades.
Tema 7: A criminoloxía e a comunicación non verbal:
7.1. A comunicación non verbal: de Darwin a Ekman.
7.2. A comunicación non verbal: tipos e fundamentos.
7.3. A comunicación non verbal e a detección da mentira.
Suxírense unha serie de textos (manuais fontes) básicos que se irán complementando ao longo do curso con novas propostas para enriquecer este listado e/ou para traballar na aula:
Bibliografía básica:
Akers, R. L., Sellers, C. S. e Jennings, W. G. (2009). Criminal theories. Introduction and Evaluation (8ª ed.). Roxbury.
Chamberlain, J. M. (2015). Criminological Theory in Context. Sage.
Cid, J. y Larrauri, E. (2001). Teorías criminológicas. Explicación y prevención de la delincuencia. Bosch.
Cuervo García, A. L. (2021). Crimen y desviación. Una introducción a las teorías criminológicas. Pirámide.
Redondo, S. e Garrido V. (2013). Principios de Criminología (4ª ed., rev.). Tirant lo Blanch.
Serrano, A. (2009). Introducción a la criminología (6ª ed.). Dykinson.
Serrano, A. (2021). Teoría criminológica. La explicación del delito en la sociedad contemporánea (2ª ed.). Dykinson.
Tierney, J. (2006). Criminology. Theory and Context (2ª ed.). Pearson/Longman.
Vold, G., Bernard, T. e Snipes, J. (2002). Theoretical Criminology. Oxford University Press.
Taylor, I., Walton, P. e Young, J. (2007). La nueva Criminología. Contribución a una teoría social de la conducta desviada (3ª ed.; A. Crosa, Trad.). Amorrortu.
Bibliografía complementaria:
Beccaria, C. (2011). Dos delitos e das penas. Universidade de Santiago de Compostela (Obra orixinal publicada en 1764).
Becker, H. (2009). Outsiders. Hacia una sociología de la desviación. Siglo XXI.
Bentham, J. (1989). El Panóptico (2ª ed.). La Piqueta (Obra orixinal publicada en 1791).
Bergalli, R., Bustos, J. e Miralles, T. (1983). El pensamiento criminológico I. Un análisis crítico. Península.
Bulmer, M. (1984). The Chicago School of Sociology. The University of Chicago Press.
Chesney-Lind, M. (2010). Feminist Model of Female Delinquency. En F. T. Cullen e P. Wilcox (Eds.), Encyclopedia of Criminological Theory (pp. 153-157). Sage.
Chesney-Lind, M. e Eliason, M. (2006). From invisible to incorrigible: The demonization of marginalized women and girls. Crime Media Culture, 2(1), 29-47. doi: 10.1177/17416590060617809.
Darwin, C. (2009). La expresión de las emociones (X. Vellés, Trad.). Laetoli (Obra orixinal publicada en 1872).
Davis, F. (2013). La comunicación no verbal (5ª ed.; L. Mourglier,Trad.). Alianza Editorial (Obra orixinal publicada en 1973).
De Santiago, F. J., Rovelo, N. C. e Sánchez-Gil, L. M. (Coords.). (2020). La psicopatía: un enfoque multidisciplinar. McGraw Hill.
Downes, D. e Rock, P. (2012). Sociología de la desviación. Una guía sobre las teorías del delito. Gedisa.
Ekman, P. (2005). Cómo detectar mentiras: una guía para utilizar en el trabajo, la política y la familia (L. Wolfson, Trad.). Paidós.
Ekman, P. (2017). El rostro de las emociones (J. J. Serra,Trad.). RBA.
Fine, G. A. (Ed.). (1995). A Second Chicago School? The Development of a Postwar American Sociology. The University Chicago Press.
Garrido, V. (1998). Diccionario de Criminología. Tirant lo Blanch.
Garrido, V., Stangeland, P. e Redondo, S. (1999). Principios de Criminología. Tirant lo Blanch (sobre todo el capítulo 4: “Las teorías criminológicas”).
Gil, F. (2013). Introducción a las teorías criminológicas. Tecnos.
Gómez Rodríguez, A. (2004). Filosofía y metodología de las ciencias sociales (Cap. 7 “La justificación de las teorías, pp. 215-230). Alianza Editorial.
González Moreno, J. (2016). Comunicación no verbal policial. Uno Editorial.
Hare, R. D. (2021). Sin conciencia. El inquietante mundo de los psicópatas que nos rode
Competencias xenéricas/transversais:
Interpretar e comprender os conceptos e teorías para adquirir coñecementos na área da Criminoloxía.
Fomentar a aplicación práctica de ditos coñecementos dunha forma obxectiva e profesional, mediante a elaboración e defensa de argumentos teoricamente baseados.
Desenvolver a capacidade de busca de información relevante e científica sobre as explicacións dos fenómenos delituosos e vencellados ao crime.
Desenvolver a capacidade de xestión da información e os datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas de índole social, científica ou ética.
Saber transmitir: información ideas, explicacións, etc., tanto a un público especializado coma á poboación en xeral.
Desenvolver as habelencias e competencias que permitan ao alumnado tanto un traballo de aprendizaxe autónomo, coma a aplicación desas habelencias e competencias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía e capacidade crítica.
Compromiso ético: desenvolvemento da capacidade crítica e autocrítica. E adopción de actitudes coherentes cos principios éticos e deontolóxicos, manexando sempre as argumentacións e razoamento no marco do respecto á outra persoa e o principio de non danala.
Capacidade de aprendizaxe: potenciar a capacidade de análise do alumnado dende posicionamentos teóricos, fomentar a capacidade de síntese, de razoamento crítico e da necesidade de realizar análises holísticos e complexos para respectar a complexidade do fenómeno delituoso e criminal.
Aumentar a capacidade de toma de decisións, resolución de problemas e de adaptación a situacións novidosas do alumnado.
Fomentar a capacidade de traballo en equipo e a de contribuír a un proxecto común, tanto en contextos multidisciplinares coma interdisciplinares.
Capacidade comunicativa: adquirir e mellorar a capacidade de expresión e comprensión de ideas, tanto de xeito oral coma escrito. Adquirir o dominio dunha linguaxe técnica e rigorosa. Mellorar a capacidade de realización de presentacións en público.
Capacidade de busca, uso e integración da información. Fomentar o uso das novas tecnoloxías na busca da información sen que isto reduza a calidade da información manexada.
Capacidade de planificación e xestión do tempo. Fomentar a autoxestión e autoorganización dos estudantado.
Fomentar nos/as estudantes a preocupación polo nivel de calidade do seu traballo.
Fomentar o espírito emprendedor e creativo no alumnado. Fomentar a adquisición de novos coñecementos e a capacidade de deseñar e xestionar proxectos sobre novas areas temáticas e/ou utilizando novas metodoloxías e novos medios de implementación.
Fomentar e garantir o respecto aos Dereitos Humanos e a os principios de accesibilidade universal, igualdade, non discriminación, o fomento dos valores democráticos e a cultura da paz.
Competencias específicas:
Coñecer e comprender a linguaxe psicolóxica, sociolóxica, xurídica, médica e técnica necesario para o manexo correcto dos conceptos.
Coñecer a complexidade e diversidade do fenómeno criminal nun mundo globalizado.
Utilizar ferramentas propias do método científico para a planificación, deseño e execución de investigacións básicas e aplicadas.
Desenvolver unha conciencia crítica cara a realidade social: actores, problemas, solucións, etc. respectando os principios, garantes e nocións éticas dos dereitos humanos.
Comprender a necesidade dun solo conceptual amplo e sólido para operar na praxe criminolóxica.
Clases expositivas (35 horas): nelas explicaranse os contidos da materia. Asumirán unha metodoloxía de tipo expositiva-participativa permitindo, e fomentando, a participación do alumnado no decurso da clase.
Clases interactivas (15 horas): nelas proporase ao alumando unha serie de textos, material audiovisual, etc. así como de exercicios, prácticas, conferencias de profesionais, etc. a fin de promover a reflexión crítica, análise e debate sobre aspectos da realidade social relacionados co crime e o delito.
Titorización personalizada de traballos en grupo (5 horas): nelas supervisarase o avance dos traballos grupais a realizar polo alumnado.
A nota final será o resultado da suma dos seguintes apartados:
1. Avaliación final: Realizarase un exame sobre os contidos impartidos ao longo do curso que suporá o 60% da nota.
2. Avaliación continua:
2.1. O alumnado realizará un traballo en pequenos grupos (máximo 4 estudantes por grupo) analizando un fenómeno social relacionado co crime desde unha das perspectivas teóricas explicadas ao longo da materia. A nota asignada ao traballo suporá o 20% da nota.
2.2. A asistencia e nivel de participación do alumnado –tanto a través dos traballos entregados por escrito como de forma oral que se irán propoñendo ao longo do curso-, suporán o 20% da nota final.
Deberase obter como mínimo un 4,5 tanto no exame como no traballo de grupo para ser avaliado desta materia.
NON se pode superar esta materia sen a realización do traballo obrigatorio citado nos parágrafos anteriores. Se algún alumno/a suspende na primeira oportunidade, pero presentou o traballo, e o ten aprobado, a nota do mesmo gardarse para a segunda oportunidade dese curso.
No caso do estudantado que teña concedida a dispensa de asistencia o devandito alumnado avaliarase mediante o exame final (70%), a cuxa nota sumarase a obtida nos traballos de carácter práctico (traballo obrigatorio e recensións de textos, 30%).
En relación á normativa de permanencia do alumnado estarase ao regulamentado no artigo 5.2 da Normativa sobre Permanencia nas titulacións de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
Como se sinala na Memoria da titulación do Grao en Criminoloxía, o tempo asignado para o traballo e estudo persoal do alumnado repartirase do seguinte modo:
- Clases expositivas: 35 horas.
- Clases interactivas: 15 horas.
- Traballo en actividades individuais e/ou grupais de estudo e traballo por parte do alumnado: 75 horas.
- Titorías en grupo reducidas: 5 horas.
- Preparación e realización de presentacións, debates e similares: 20 horas.
- Dado o carácter complexo do delito e os múltiples factores que implica (sociais, biolóxicos, psicolóxicos) recoméndase ao alumnado ter ao día os coñecementos impartidos nas seguintes materias: Introdución á Psicoloxía, Introdución á Socioloxía, Introdución á Criminoloxía e Delincuencia e control social.
- Asemade, suxírese ao alumnado que teñan ao día o seu coñecemento do inglés. Así como dalgún dos sistemas para referenciar citas bibliográficas nos traballos académicos, con especial referencia ao sistema APA7.
- Recoméndase levar a materia ao día.
- Suxírese preparar as lecturas e os textos propostos para traballar nas clases interactivas.
- Recoméndase facer uso das titorías tanto para a supervisión do avance do traballo grupal como para a resolución de dúbidas sobre a teoría explicada ao longo das clases expositivas.
Prégase ao estudantado que teñan unha actitude proactiva e participativa que permita facer as clases máis fluidas, e mesmo, que se poidan establecer diálogos e/ou debates en clase entre o docente e o estudantado, o que redundará nun ambiente máis distendido e menos tenso, o que favorece se nengunha dúbida nun ambiente máis proclive á aprendizaxe.
Juan Jose Labora Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- juan.labora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:30 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 10 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 10 |
30.05.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Salón de Actos |
30.06.2025 12:00-14:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |