Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Este curso pretende proporcionar ferramentas e directrices sobre a xestión e institucionalización das políticas sociais a nivel local. Preténdese facilitar o coñecemento sobre a xestión e coordinación das políticas sociais para que contribúan á progresiva realización dos dereitos e á maior igualdade social.
A Axenda 2030 fai fincapé en que institucións sólidas, eficaces, transparentes e inclusivas son esenciais como fin en si mesmo e como unha condición transversal para acadar un desenvolvemento sostible. Por iso, tamén é obxectivo desta materia avaliar cales son os retos da Administración local para o cumprimento destes requisitos sinalados na Axenda
- Estado do Benestar e gobernos locais
- Servizos públicos locais
- A axenda municipal: novos riscos sociais e novas políticas sociais
- Axenda 2030 e gobernanza multinivel: o papel das administracións locais
- Coordinación cos axentes non estatais e participación cidadá.
- Problemas e retos dos gobernos locais en materia de benestar
Clemente J. Navarro Yáñez (ed) (2021), Nuevos Retos para las políticas urbanas, valencia: Tirant Lo Blanch
Clemente J. Navarro Yáñez y María Jesús Rodríguez (2009), Gobernanza multinivel y sistemas locales de bienestar en España, Valencia: Tirant lo Blanch
Joaquin Brugué y Ricard Gomá (coords) (1998) Gobiernos locales y políticas públicas: bienestar social, promoción económica y territorio, Barcelona: Ariel
José Esteve Pardo (dir.) (2021) La Agenda 2030 y retos para las administraciones locales, Barcelona: Fundación democracia y buen gobierno
Capacidade para deseñar e implementar políticas sociais innovadoras, promovendo a economía social, a defensa do medio ambiente e a igualdade de xénero, no marco da Axenda 2030.
Adquirir a capacidade para utilizar e procesar de forma eficiente os datos útiles, interesantes e aplicables á xestión pública local innovadora.
Capacidade para deseñar, analizar e avaliar políticas, proxectos e programas innovadores para promover un goberno eficiente e unha xestión pública próxima á cidadanía.
Coñecer o papel que desempeñan os gobernos locais a nivel internacional no desenvolvemento dos principios e políticas do estado do benestar.
Coñecer a Axenda 2030 e a súa concreción nas políticas locais.
Nas clases expositivas desenvólvese o contido do programa, secuenciado en bloques temáticos. Para seguir as explicacións e integrar os diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc.), ofrecerase ao alumnado un esquema básico ao inicio da materia. Nas clases interactivas realizaranse varias actividades orientadas á adquisición de coñecementos sobre os dous ámbitos que aborda a materia: políticas innovadoras e axenda 2030. No que se refire aos traballos tutelados, titorías e outras tarefas autónomas, recomendarase a lectura de artigos, libros ou monografías que complementen ás clases expositivas e ás interactivas. Igualmente, empregarase a aula virtual. O profesorado porá a disposición do alumnado o material utilizado nas clases así como aqueloutro que considera relevante para a materia.
O profesorado, ao inicio da materia, desenvolverá outros aspectos referentes á metodoloxía da ensinanza.
A asistencia a clase é obrigatoria.
A metodoloxía empregada será a avaliación continua, baseada na calificación de traballos prácticos realizados no desenvolvemento das clases (tanto ensaios escritos, como presentacións orais).
O alumnado que non supere a materia coa realización dos traballos, poderá optar por realizar o exame final presencial na data oficial establecida que suporá o 100% da calificación final.
Segundo a Memoria do Máster en Goberno Local: 50 horas
Ler e participación nas clases
O alunmado deberá consultar a Guía docente que se publicará a aula virtual da materia
Isabel Diz Otero
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815185
- Correo electrónico
- isabel.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
Mércores | |||
18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
20.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |
20.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
16.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
16.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |