Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 17 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Área externa M.U en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Esta materia aborda o interese da nanociencia e a nanotecnoloxía no desenvolvemento de novos medicamentos e vacinas avanzadas, con especial interese no deseño racional de sistemas de liberación, baseados en biomateriais con características específicas para diferentes vías de administración e/ou aplicacións biomédicas concretas.
Programa de clases expositivas (10 h)
Tema 1. Introdución á nanomedicina: conceptos básicos, aplicacións, tipos de materiais utilizados na administración de medicamentos
Tema 2. Concepto de liberación controlada e dirixida. Orientación selectiva.
Tema 3. Nanosistemas terapéuticos, modalidades de administración e aplicacións
3.1. Aplicación de nanosistemas á liberación de proteínas
3.2. Aplicación de nanosistemas en cancro
3.3. Aplicación de nanosistemas no tratamento de patoloxías do SNC. Liberación de fármacos ao cerebro pola vía “ Nose- to- Brain”
3.4. Aplicación de nanosistemas en terapia xénica e liberación intracelular
3.5. Emprego de nanosistemas no tratamento de enfermidades infecciosas e resistencias bacterianas
Tema 4. Nanovacinas: uso de nanomateriais como vehículos antixénicos
4.1. Historia das vacinas. Conceptos básicos: antíxenos, adxuvantes, resposta inmunitaria.
4.2. Etapas de desenvolvemento dunha vacina
4.3 Nanovacinas: tipos, vantaxes, vías de administración, dose
Programa de clases interactivas (6 h)
-Seminarios e clases prácticas: explicación de casos prácticos e discusión de publicacións relacionadas
- Presentación por parte dun ou varios alumnos dun traballo dirixido a aplicar os coñecementos na materia
- Casos de estudo sobre nanomedicamentos comercializados e en fase de desenvolvemento clínico
Programa de clases prácticas (6 h)
Práctica 1 (USC). Técnicas de preparación de nanopartículas poliméricas e lipídicas. Técnicas de asociación/ encapsulación de fármacos. Caracterización físico-química.
Práctica 2 (UVigo): Prácticas en cultivos celulares. Técnicas de sementado, manexo de cultivos celulares e marcaxe fluorescente. Estudos de internalización de nanosistemas en células diana.
-Nanomedicine. Kenneth A. Howard, Thomas Vorup-Jensen, Dan Peer. CRS. Springer, 2016.
-Nanotechnology for biomedical imaging and diagnostics: from nanoparticle design to clinical applications. Mikhail Y. Berezin. Wiley, 2015.
-Polymer Nanoparticles for Nanomedicines: A Guide for their Design, Preparation and Development. Christine Vauthier, Gilles Ponchel. Springer, 2016.
-Drug Delivery: Fundamentals & Applications, 2ª Ed. Anya M. Hillery, Kinam Park. CRC Press, 2017.
Básicas: CB6, CB7, CB9, CB10
Xerais: CG2,CG4, CG5, CG6, CG7, CG9, CG10
Trasversais: CT2, CT4
Específicas: CE08, CE10
Metodoloxía:
-Clases teóricas con participación dos alumnos.
-Discusión de casos prácticos en seminarios con apoio de métodos informáticos e lousa.
-Aprendizaxe baseada en problemas
-Presentacións orais de temas previamente preparados, seguidas de debate con participación de estudantes e profesores
-Asistencia a conferencias ou mesas redondas
A avaliación consistirá en:
- Exame escrito sobre contidos básicos da materia (50% da cualificación). O exame da materia, que se realizará na data indicada na guía do curso correspondente, consistirá en preguntas de tipo test, de resposta curta e resolución de problemas. A puntuación máxima será de 5 puntos. Requírese unha cualificación mínima de 2 puntos nesta parte para que se computen as cualificacións dos outros dous ítems que se valoran.
- Participación activa nos seminarios e clases prácticas (30% da cualificación). Avaliarase a participación activa en seminarios e prácticas de laboratorio. Esta avaliación levará a cabo mediante a resolución de cuestións e problemas expostos en clase, a presentación de traballos e a intervención nos debates que poidan xurdir. A puntuación máxima será de 3 puntos.
- Presentacións orais (20% da cualificación). Avaliarase a claridade expositiva e a capacidade para responder as preguntas que se expoñan. A puntuación máxima será de 2 puntos.
As horas de actividades formativas presenciais son 30. As horas de traballo persoal do alumno estímanse en 45.
O alumno debe evitar o simple esforzo memorístico e orientar o estudo para comprender, razoar e relacionar os contidos da materia. A participación en actividades interactivas permitirá ao estudante unha mellor comprensión dos aspectos desenvolvidos nas clases expositivas, o que facilitará a preparación do exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido no Regulamento para a avaliación do desempeño académico dos estudantes e a revisión das calificacións.