Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 24 Total: 56
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Este curso é o ecuador do Grado en Farmacia e do dobre Grado en Farmacia e Óptica e Optometría, no que os alumnos pasan dunha formación eminentemente básica e introductória a unha formación máis profesional.
A materia Farmacoloxía-II está englobada dentro da disciplina Farmacoloxía, a que, a súa vez, se subdivide en tres materias (Farmacoloxía-I, Farmacoloxía-II e Farmacoloxía-III). Farmacoloxía I e Farmacoloxía II imparten-se no primeiro e segundo semestre, respectivamente, do terceiro curso, mentres, Farmacoloxía III, no primeiro semestre do cuarto curso.
A disciplina Farmacoloxía encadra-se dentro do módulo de Medicina e Farmacoloxía e constitúe a base para o estudo da Farmacoterapia e doutras materias obrigatorias ou optativas de base principalmente farmacolóxica.
O farmacéutico é o experto no medicamento cuxa principal compoñente é o principio activo que incorpora, isto é, o fármaco.
O obxectivo da materia Farmacoloxía II é formar aos alumnos no coñecemento dos fármacos que se utilizan coa finalidade de diagnosticar, previr, curar ou paliar procesos patolóxicos que afecten aos sistemas/procesos mencionados a continuación:
Sección I: Farmacoloxía do sistema nervioso central
Sección II: Farmacoloxía da inflamación
Sección III: Farmacoloxía do sistema respiratorio
Sección IV: Farmacoloxía do sistema renal
Sección V: Farmacoloxía do sistema cardiovascular
Sección VI: Farmacoloxía dos desordes electrolíticos
Sección VII: Farmacoloxía do sistema sanguíneo, hematopoético e inmunitario
A) AULAS EXPOSITIVAS.
SECCIÓN I: FARMACOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO CENTRAL (SNC)
O SNC é o sistema máis complexo e menos coñecido do organismo. Nesta primeira sección do programa da materia Farmacoloxía-II, aborda-se o estudo dos fármacos que actúan sobre o mesmo e que constitúen un dos grupos máis prescritos.
Ao finalizar o estudo desta sección o alumno coñecerá:
- As bases da comunicación no SNC e os albos sobre os que poden actuar os fármacos.
- Os grupos de fármacos que actúan sobre o SNC.
- A aplicación dos mesmos para o tratamento das enfermidades neurolóxicas e psiquiátricas.
- O problema da dependencia e abuso de fármacos.
Tema 1.- Introdución ao estudo da farmacoloxía do sistema nervioso central.
1. Sentido do tema
Coñecer os posíbeis albos farmacolóxicos no SNC. A importancia da regulación do acceso dos fármacos ao SNC e as técnicas farmacolóxicas dispoñíbeis para facilitar o acceso dos mesmos. Como clasificar os fármacos que actúan sobre o SNC atendendo a distintos criterios.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Organización funcional. Principais sistemas neuroquímicos centrais e albos farmacolóxicos. Acceso dos fármacos ao sistema nervioso central. Clasificación dos fármacos que actúan no sistema nervioso central.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 2.- Fármacos anestésicos xerais.
1. Sentido do tema
Saber diferenciar anestesia local, rexional e xeral, e coñecer os obxectivos da anestesia xeral. Poder clasificar os anestésicos xerais e explicar os mecanismos de acción, os efectos farmacolóxicos, etc. Coñecer os conceptos de neuroleptoanalxesia, neuroleptoanestesia e a súa relevancia en clínica, así como a medicación preanestésica.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Clasificación. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Neuroleptoanalxesia e neuroleptoanestesia. Medicación preanestésica
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 3.- Fármacos analxésicos opioides.
1. Sentido do tema
Ser quen de diferenciar os distintos tipos de dor. Identificar os opioides endóxenos, os receptores opioides e os efectos farmacolóxicos derivados da súa activación ou bloqueo. Clasifica-los e describir o mecanismo de acción, efectos farmacolóxicos, etc. da morfina e doutros analxésicos opioides. Utilizar axeitadamente os conceptos de tolerancia, sensibilización e dependencia. Describir os efectos e aplicacións terapéuticas dos antagonistas opioides.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Opioides endóxenos e receptores opioides. Clasificación dos fármacos opioides. Morfina: mecanismo de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Outros analxésicos opioides. Tolerancia, sensibilización e dependencia. Antagonistas opioides.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 4.- Fármacos utilizados no tratamento de doenzas neurodexenerativas (I).
1. Sentido do tema
Coñecer o proceso de envellecemento e as doenzas neurodexenerativas. Morte neuronal. Os fármacos útiles no tratamento da enfermidade de Alzhéimer (EA), noutras demencias e nos accidentes cerebrovasculares (ACV).
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Morte neuronal. Enfermidade de Alzhéimer (EA): Introdución. Clasificación dos fármacos. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Outras demencias. Fármacos utilizados no tratamento de accidentes cerebro vasculares (ACV).
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 5.- Fármacos utilizados no tratamento de doenzas neurodexenerativas (II).
1. Sentido do tema
Coñecer as bases da enfermidade de Párkinson (EP), os receptores dopaminérxicos, os fármacos antiparkinsonianos e a importancia das asociacións de fármacos no tratamento da EP.
O tratamento farmacolóxico doutras doenzas con base motora como a enfermidade de Huntington (EH), a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) e outras. A importancia doutros fármacos relaxantes do músculo esquelético de acción central. A abordaxe farmacolóxica doutras doenzas neurodexenerativas.
2. Epígrafes do tema.
Enfermidade de Párkinson (EP): Introdución. Receptores dopaminérxicos. Clasificación dos fármacos antiparkinsonianos. Mecanismos de acción, características farmacocinéticas, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Enfermidade de Huntington (EH), Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) e outras doenzas motoras. Fármacos relaxantes do músculo esquelético de acción central. Outras doenzas neurodexenerativas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 6.- Fármacos antiepilépticos e anticonvulsivantes.
1. Sentido do tema
Que o alumno coñeza os tipos de epilepsia como base racional para unha utilización axeitada dos distintos fármacos dispoñíbeis. Que saiba clasificar os fármacos antiepilépticos de acordo coa súa introdución en clínica e segundo os seus mecanismos de acción. Que poida describir os seus efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas en crises parciais, convulsións tónico-clónicas, ausencias, etc.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Clasificación. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Tratamento farmacolóxico das convulsións non epilépticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 7.- Fármacos ansiolíticos e hipnóticos.
1. Sentido do tema
Saber diferenciar entre o efecto ansiolítico e o sedante/hipnótico. Coñecer a importancia das benzodiazepinas e poder clasifica-las de acordo coa súa estrutura, características farmacocinéticas. Coñecer o seu mecanismo de acción, efectos farmacolóxicos, etc. Utilizar axeitadamente os conceptos de tolerancia, sensibilización e dependencia. Avaliar a importancia clínica do antagonista benzodiazepínico e doutros fármacos ansiolíticos como a buspirona, etc. Saber avaliar as características dos distintos fármacos hipnóticos.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Ansiolíticos: Benzodiazepinas. Clasificación das benzodiazepinas. Mecanismo de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Tolerancia e dependencia. Antagonistas do receptor benzodiazepínico. Buspirona e outros fármacos ansiolíticos. Fármacos hipnóticos. Tratamento farmacolóxico doutros trastornos do sono.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 8.- Fármacos antipsicóticos.
1. Sentido do tema
Coñecer o concepto de psicose e o descubrimento dos fármacos antipsicóticos. Saber clasificar os antipsicóticos conforme distintos criterios. Describir o mecanismo de acción destes fármacos e a súa relación cos efectos farmacolóxicos e o interese terapéutico. Antipsicóticos típicos e atípicos.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Clasificación. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 9.- Fármacos antidepresivos e antimaníacos.
1. Sentido do tema
Coñecer o concepto de depresión (monopolar e bipolar) e o descubrimento dos fármacos antidepresivos. Saber clasifica-los e poder describir os mecanis mos de acción, os efectos farmacolóxicos, etc. Coñecer as aplicacións terapéuticas dos antidepresivos non só no tratamento da depresión senón tamén noutros trastornos (ansiedade, dor, etc.). Coñecer os fármacos antimaníacos / estabilizadores do estado de ánimo e a súa aplicación terapéutica no tratamento do trastorno bipolar.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Antidepresivos: Clasificación, mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Antimaníacos: Farmacoloxía do trastorno maníaco-depresivo.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 10.- Outros fármacos activos no sistema nervioso central.
1. Sentido do tema
Identificar e diferenciar os distintos tipos de estimulantes do SNC. Coñecer as características farmacolóxicas dos principais psicoestimulantes e dos estimulantes bulbares e medulares. Describir os fármacos alucinóxenos e os seus efectos. Coñecer outros fármacos cerebroactivos (nootropos, neuroprotectores, etc.).
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Estimulantes do sistema nervioso central: psicoestimulantes, estimulantes bulbares e medulares. Alucinóxenos. Outros fármacos cerebroactivos.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 11.- Farmacodependencias.
1. Sentido do tema
Coñecer as propiedades reforzadoras dos fármacos. Tolerancia, sensibilización, dependencia psíquica e física, síndrome de abstinencia. Os fármacos susceptíbeis de abuso e as sustancias de consumo “legal” capaces de producir dependencia (etanol e nicotina). O tratamento farmacolóxico das dependencias.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Tolerancia, sensibilización e dependencia. Síndrome de abstinencia. Depresores, estimulantes e alucinóxenos. Etanol. Nicotina. Tratamento das farmacodependencias.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
SECCIÓN II: FARMACOLOXÍA DA INFLAMACIÓN
Tema 12.- Fármacos analxésicos - antipiréticos - antiinflamatorios non esteroídicos.
1. Sentido do tema
Clasificar os antiinflamatorios non esteroideos (AINE). Correlacionar a inhibición dos distintos isoenzimas da ciclooxigenasa polos AINE co efecto antiinflamatorio, analxésico e antipirético así como con outros efectos farmacolóxicos ou tóxicos que se poidan presentar. Describir os fármacos, as características diferenciais máis importantes e as súas indicacións terapéuticas concretas. Criterios de elección de AINE.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Clasificación. Mecanismo de acción, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 13.- Outros antiinflamatorios e antirreumáticos.
1. Sentido do tema
Describir os glucocorticoides, mecanismo de acción, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Outros fármacos de interese na enfermidade reumática. Pautas a seguir no tratamento escalonado das enfermidades reumáticas. Tratamento da dor e doutros procesos inflamatorios asociados a alteracións do músculo esquelético.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Antiinflamatorios esteroídicos. Antirreumáticos non antiinflamatorios. Farmacoloxía das enfermidades reumáticas. Tratamento doutros procesos inflamatorios do aparello locomotor: antiinflamatorios tópicos e rubefacientes. Encimas antiinflamatorias.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
SECCIÓN III: FARMACOLOXÍA DO SISTEMA RESPIRATORIO
Tema 14.- Fármacos que afectan ás vías respiratorias superiores. Farmacoloxía da tose e dos procesos gripais.
1. Sentido do tema
Describir os fármacos que son útiles no tratamento dos procesos patolóxicos que afectan ás vías aéreas superiores: nariz e farinxe. Describir e correlacionar o mecanismo de acción dos expectorantes e mucolíticos cos seus efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Descrición dos fármacos antitusíxenos. Estratexias a seguir no tratamento dos procesos gripais.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Fármacos que afectan ás vías respiratorias superiores: rinolóxicos e antiinfecciosos farínxeos. Farmacoloxía da tose: antitusíxenos de acción central e periférica. Fármacos que modifican a secreción traqueobronquial: expectorantes e mucolíticos. Farmacoloxía dos procesos gripais.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 15.- Fármacos broncodilatadores e outros fármacos antiasmáticos.
1. Sentido do tema
Vías aéreas inferiores e asma. Clasificar os fármacos antiasmáticos conforme ao seu mecanismo de acción e relaciona-lo cos seus efectos farmacolóxicos e as reaccións adversas que se poidan presentar. Tratamento farmacolóxico escalonado do asma bronquial en crianzas e adultos.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Clasificación. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada previamente como básica
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 16.- Farmacoloxía da respiración.
1. Sentido do tema
Concepto de estimulante e depresor respiratorios. Eficacia clínica dos mesmos. Oxixenoterapia. Surfactantes pulmonares no síndrome de distrés respiratorio do recen
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Estimulantes e depresores respiratorios. Gases terapéuticos. Surfactantes pulmonares.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
SECCIÓN IV: FARMACOLOXÍA DO SISTEMA RENAL
Tema 17.- Diuréticos (I).
1. Sentido do tema
Abordar de xeito xeral a modulación da actividade renal mediante intervención farmacolóxica. Coñecer as principais características e usos terapéuticos dos diuréticos da asa.
2. Epígrafes do tema.
Función renal: consideracións xerais. Clasificación dos diuréticos. Diuréticos da asa: mecanismo de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas, interaccións, aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 0,5 h
Tema 18.- Diuréticos (II). Antidiuréticos.
1. Sentido do tema
Coñecer as principais características e usos terapéuticos dos diuréticos e antidiuréticos comprendidos neste tema.
2. Epígrafes do tema.
Diuréticos tiazídicos, aforradores de K+, inhibidores da anhidrasa carbónica e osmóticos: mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas, interaccións, aplicacións terapéuticas. Antidiuréticos: vasopresina e análogos. Outros antidiuréticos.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1,5 h
SECCIÓN V: FARMACOLOXÍA DO SISTEMA CARDIOVASCULAR
Tema 19.- Fármacos antihipertensivos (I).
1. Sentido do tema
Abordar de xeito xeral as posibilidades de modulación farmacolóxica da presión arterial. Estudar as aplicacións dos diuréticos na hipertensión arterial. Coñecer as principais características e usos terapéuticos dos fármacos inhibidores do sistema renina-anxiotensina-aldosterona.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Clasificación dos fármacos antihipertensivos. Diuréticos antihipertensivos. Inhibidores do sistema renina-anxiotensina-aldosterona: mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas, interaccións, aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1,5 h
Tema 20.- Fármacos antihipertensivos (II).
1. Sentido do tema
Estudar o uso de fármacos que bloquean a tran smisión adrenérxica na hipertensión arterial (HTA). Coñecer as principais características e usos terapéuticos dos antagonistas do calcio, activadores de canles de potasio e outros vasodilatadores directos.
2. Epígrafes do tema.
Bloqueantes da transmisión adrenérxica na HTA: alfa e beta-bloqueantes, simpaticolíticos de acción central, outros bloqueantes adrenérxicos utilizados en HTA. Fármacos vasodilatadores directos: antagonistas do calcio, activadores de canles de potasio, outros vasodilatadores directos: mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas, interaccións, aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 2 h
Tema 21.- Farmacoloxía da insuficiencia cardíaca (IC).
1. Sentido do tema
Abordar de xeito xeral as posibilidades terapéuticas no tratamento da IC. Coñecer as principais características e usos terapéuticos dos fármacos inotrópicos positivos. Estudar os beneficios terapéuticos derivados da utilización de fármacos que facilitan a función ventricular na IC.
2. Epígrafes do tema.
Posibilidades terapéuticas na IC. Fármacos inotrópicos positivos. Heterósidos cardiotónicos: mecanismo de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas, interaccións, aplicacións terapéuticas. Fármacos simpaticomiméticos. Inhibidores da fosfodiesterasa III. Fármacos que potencian a sensibilidade ao calcio das proteínas contráctiles. Outros fármacos que facilitan a función ventricular na IC. Bloqueantes beta-adrenérxicos na IC.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1,5 h
Tema 22.- Fármacos antianxinosos.
1. Sentido do tema
Abordar de xeito xeral a intervención terapéutica con fármacos antianxinosos fronte á anxina de peito e o infarto de miocardio. Coñecer as principais características e usos terapéuticos dos fármacos nitrovasodilatadores. Estudar o emprego como antianxinosos doutros fármacos xa estudados en temas previos.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Nitrovasodilatadores: mecanismo de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, desenvolvemento de tolerancia, reaccións adversas, interaccións, aplicacións terapéuticas. Bloqueantes beta-adrenérxicos, antagonistas do calcio e activadores de canles de potasio como antianxinosos. Outros antianxinosos.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 23.- Fármacos antiarrítmicos.
1. Sentido do tema
Coñecer os principais mecanismos de arritmoxénese e as intervencións farmacolóxicas fronte aos tipos de arritmias máis comúns. Coñecer as principais características e usos terapéuticos dos diferentes grupos de fármacos antiarrítmicos.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Clasificación. Antiarrítmicos de clases I, II III, e IV: mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas, interaccións, aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 24.- Outros fármacos vasoactivos.
1. Sentido do tema
Coñecer as posibilidades de intervención farmacolóxica fronte aos accidentes cerebrovasculares, a demencia vascular e diversas vasculopatías periféricas (claudicación intermitente, isquemia crítica das extremidades, enfermidade de Raynaud, varices). Coñecer o uso de fármacos vasoconstrictores en casos de hipotensión arterial.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Vasodilatadores cerebrais. Outros vasodilatadores rexionais. Vasoprotectores antivaricosos. Vasoconstrictores. Tratamento da hipotensión arterial.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
SECCIÓN VI: FARMACOLOXÍA DOS DESORDES ELECTROLÍTICOS
Tema 25.- Farmacoloxía dos líquidos e electrólitos.
1. Sentido do tema
Coñecer a farmacoloxía dos desequilibrios electrolíticos. Comprender a importancia terapéutica da regulación do volume e a composición dos líquidos corporais
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Equilibrio iónico. Farmacoloxía hidrosalina. Deshidratación. Solucións hidrosalinas.
3. Bibliografía
A referenciada previamente como básica
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
SECCIÓN VII: FARMACOLOXÍA DO SISTEMA SANGUÍNEO, HEMATOPOÉTICO E INMUNITARIO
Tema 26.- Farmacoloxía plaquetaria.
1. Sentido do tema
Clasificar os antiagregantes plaquetarios conforme o seu mecanismo de acción. Describir os fármacos antiagregantes e relacionar o mecanismo de acción dos distintos grupos con os seus efectos farmacolóxicos e coas súas reaccións adversas.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Antiagregantes plaquetarios. Clasificación. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 27.- Anticoagulantes.
1. Sentido do tema
Coagulación sanguínea e lugares de interferencia farmacolóxica. Clasificar os fármacos anticoagulantes de acordo coa súa vía de administración. Describir os fármacos anticoagulantes e relacionar o mecanismo de acción cos seus efectos farmacolóxicos e coas súas reaccións adversas. Avaliar o risco de interaccións.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Clasificación. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Interaccións.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 0,5 h
Tema 28.- Fibrinolíticos.
1. Sentido do tema
Clasificar os fármacos fibrinolíticos. Describir os fármacos e relacionar o mecanismo de acción cos seus efectos farmacolóxicos e coas súas reaccións adversas. Analizar as principais estratexias utilizadas na farmacoloxía do infarto de miocardio e as pautas farmacolóxicas a seguir no post-infarto.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Clasificación. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Farmacoloxía do infarto de miocardio.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 29.- Hemostáticos.
1. Sentido do tema
Concepto de hemostático. Clasificar os fármacos hemostáticos: sistémicos e locais. Describir os fármacos de cada grupo indicando os seus mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Clasificación: Hemostáticos sistémicos e hemostáticos locais. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 0,5 h
Tema 30.- Farmacoloxía eritrocitaria.
1. Sentido do tema
Eritrocitos e metabolismo do ferro. Mecanismo de acción e efectos farmacolóxicos de eritropoietina, suplementos de ferro, cobalaminas, o ácido fólico e o ácido folínico así como as súas aplicacións terapéuticas. Tratamento das intoxicacións accidentais por ferro.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Antianémicos: eritropoietina, suplementos de ferro, cobalamina, ácido fólico e ácido folínico.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 0,5 h
Tema 31.- Farmacoloxía leucocitaria.
1. Sentido do tema
Glóbulos brancos. Factores estimulantes de colonias de granulocitos e de monocitos (factores de crecemento hematopoético). Clasificación de inmunosupresores conforme o seu mecanismo de acción e a súa relación cos seus efectos farmacolóxicos e as súas reaccións adversas. Inmunoestimulantes e aplicacións terapéuticas
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Factores estimulantes de colonias de granulocitos e de monocitos. Inmunomoduladores: inmunosupresores e inmunoestimulantes. Clasificación. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 0,5 h
B) AULAS INTERACTIVAS: SEMINARIOS
• Seminario 1 SNC (1 hora): Intervención do Farmacéutico nos trastornos do sistema nervioso central (SNC)
• Seminario 2 SNC (2 horas): Neurofarmacoloxía. Temas 2-6
• Seminario 3 SNC (2 horas): Psicofarmacoloxía. Temas 7-11
• Seminario 4 (1 hora): Inflamación/Sistema respiratorio. Temas 12-16
•Seminario 5 Renal (1 hora): Diuréticos/Antidiuréticos. Temas 17-18
• Seminario 6 Cardiovascular (1 hora): Antihipertensivos. Temas 19-20
• Seminario 7 Cardiovascular (2 horas): Insuficiencia cardíaca, fármacos antianxinosos e antiarrítmicos. Temas 21-23
• Seminario 8 (2 hora): Sistema sanguíneo. Temas 26-31
C) AULAS INTERACTIVAS CON ORDENADOR / PRÁCTICAS. Impartición presencial
As datas de realización das mesmas son programadas pola Facultade e desenvolveranse conforme coa seguinte secuencia:
- Aula Interactiva / Práctica 1.- Fontes de Información Farmacolóxica de Medicamentos (I). Utilización do programa BOT Plus do “Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos (CGCOF)”.
Obxectivo: Dar a coñecer aos alumnos esta base de datos, elaborada polo CGCOF, e utilizada diariamente polos profesionais farmacéuticos que exercen en farmacia comunitaria, atención primaria ou hospitalaria.
Programa: Descrición do programa BOT Plus. Busca de medicamentos activos sobre o SNC. Interaccións.
Duración: 3 horas
- Aula Interactiva / Práctica 2.- Fontes de Información Farmacolóxica de Medicamentos (II). Utilización de internet como fonte de información.
Obxectivo: Introducir aos alumnos na utilización de Internet para a obtención de información veraz sobre os medicamentos e outros temas relacionados co coidado da saúde.
Programa: Consulta de varias direccións de Internet con información contrastada para a promoción do uso racional dos medicamentos.
Duración: 3 horas
- Aula Interactiva / Práctica 3.- Simulación de Farmacoloxía Cardiovascular.
Obxectivo: Permitirlle ao alumno traballar nun entorno virtual no que simule e visualice os efectos cardiovasculares dos distintos fármacos vistos na sección III do programa da materia, a farmacoloxía do sistema cardiovascular.
Programa: Administración de distintos fármacos, tanto agonistas como antagonistas, adrenérxicos, colinérxicos, histaminérxicos, etc. en animais normais, pretratados previamente con reserpina ou demedulados.
Duración: 3 horas
Aula Interactiva / Práctica.- Examen de avaliación das prácticas realizadas. Duración: 3 horas
Bibliografía recomendada
a) Básica
• Rang y Dale Farmacología. Eds. H. P. Rang, M. M. Dale, J. M. Ritter, R. J. Flower, G. Henderson. Editorial Elsevier Churchill Livingstone, 9ª Edición, 2020.
• Farmacología Humana. Eds. J. Flórez, J. A. Armijo, A. Mediavilla. Editorial Elsevier Masson, 6ª Edición, 2013.
• Goodman y Gilman. Las Bases Farmacológicas de la Terapéutica. Ed. Brunton LL, Hilal-Dandan R, Knollmann BC. Editorial McGraw-Hill, 13ª Edición, 2019.
• Guiones de Clases Prácticas de Farmacología-II elaborados por los profesores de la asignatura.
b) Complementaria.
• Velázquez. Farmacología Básica y Clínica. Eds. Leza Cerro C, Lizasoain Hernández I, Moro Sánchez MA, Portolés Pérez A. Editorial panamericana. 19ª Edición, 2018.
• Farmacología. Texto y Atlas. Eds. Lüllmann H, Mohr, K, Hein, L. Editorial Panamericana, 6ª Edición, 2010.
• Manual de Farmacología. Guía para el uso racional del medicamento. Eds. López Castellano AC, Moreno Royo L, Villagrasa Sansebastián V. Editorial Elsevier, 2ª Edición, 2010.
• Farmacología Fundamental. Eds. Velasco A, San Román L, Serrano J, Martínez-Sierra R, Cadavid I. Editorial McGraw-Hill Interamericana 1ª Edición, 2003.
• Netter: Farmacología Ilustrada. 1ª ed. Autores: Raffa R, Beyzarov EP, Rawls SM. Barcelona. Elsevier-Masson, 1ª Edición, 2008
Coñecementos:
Con 02. Coñecer os efectos terapéuticos e tóxicos de substancias con actividade farmacolóxica.
Con 03. Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo de fontes de información, bibliografía.
Con 04. Adquirir coñecementos para deseñar, preparar, fornecer e dispensar medicamentos e outros produtos de interese sanitario.
Con 05. Adquirir coñecementos en farmacoterapia e dietoterapia, así como no ámbito nutricional e alimentario nos establecementos nos que presten servizos.
Con 06. Adquirir coñecementos básicos en xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos sanitarios para promover o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.
Con 07. Coñecer, avaliar e valorar os problemas relacionados con fármacos e medicamentos, así como participar nas actividades de farmacovigilancia.
Con 08. Coñecer as actividades de farmacia clínica e social, seguindo o ciclo de atención farmacéutica.
Con 19. Coñecer as estruturas das biomoléculas e as súas transformacións na célula.
Con 21. Coñecer as propiedades das membranas celulares e a distribución de fármacos.
Con 23. Coñecer os principais roteiros metabólicas que interveñen na degradación de fármacos.
Con 25. Coñecer os procesos de liberación, absorción, distribución, metabolismo e excreción de fármacos, e factores que condicionan a absorción e disposición en función das súas vías de administración.
Con 31. Coñecer como utilizar de forma segura os medicamentos teniendo en cuenta as súas propiedades físicas e químicas incluíndo calquera risco asociado ao seu uso.
Con 33. Coñecer os efectos de substancias con actividade farmacolóxica.
Con 34. Coñecer e comprender as técnicas utilizadas no deseño e avaliación dos ensaios preclínicos e clínicos.
Con 37. Coñecer a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
Con 38. Coñecer a natureza, mecanismo de acción e efecto dos tóxicos, así como os recursos en caso de intoxicación.
Con 43. Coñecer técnicas de recuperación de información relativas a fontes de información primarias e secundarias (incluíndo bases de datos co uso de computador).
Habilidades ou destrezas:
H/D 05. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
H/D 06. Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
H/D 18. Promover o uso racional do medicamento e produtos sanitarios.
H/D 19. Prestar consello terapéutico en farmacoterapia e dietoterapia, así como consello nutricional e alimentario aos usuarios dos establecementos nos que presten servizo.
H/D 28. Utilizar correctamente as fontes de información científica, incluíndo as que se atopan en lingua inglesa.
H/D 29. Analizar e sintetizar a información básica tanto en lingua castelá como en lingua inglesa e resumila de forma correcta e inteligible.
H/D 30. Estruturar, desenvolver e resumir un traballo sobre un aspecto específico da profesión.
H/D 31. Expoñer oralmente de forma clara e sintética un informe sobre un aspecto xeral ou concreto da profesión e defendelo publicamente.
Competencias:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 02. Capacidade de organizar e planificar
Comp 06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes
diversas)
Comp 08. Toma de decisións.
Comp 10. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 11. Traballo en equipo.
Comp 12. Habilidades interpersoais.
Comp 18. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 20. Capacidade de aprender.
Comp 21. Capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp 28. Preocupación pola calidade
A actividade docente realizarase de forma presencial e/ou telemática utilizando as plataformas oficiais da USC: USC-Virtual (Moodle) e os programas da suite Microsoft 365 (MS Teams, Forms, etc.)
ACTIVIDADES FORMATIVAS
A) Clases expositivas: Leccións impartidas polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia…).
B) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios): Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría,
problemas, exercicios… O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios, etc. Inclúense as probas de avaliación se as houber.
C) Clases interactivas con computador en grupo reducido (Seminarios Ordenador) / Laboratorio: Inclúense aquí as clases nas que o alumno utiliza ordenadores para acceder a información farmacolóxica, simulación de experimentos, etc.
A asistencia e realización das actividades propostas nestas clases é obrigatoria.
O/A alumno/a non poderá superar a materia se non asiste e/ou non realiza e aproba o exame de clases interactivas con ordenador / clases prácticas de laboratorio.
D) Titorías de pizarra en grupo moi reducido: Titorías programadas polo profesor. En xeral, supoñerán para cada alumno unhas 2
horas por cuadrimestre e materia. Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos.
A avaliación realizarase mediante as seguintes actividades:
a) Exame final (60% da nota da materia)
Coñecementos: Con 02. Con 08. Con 19. Con 21. Con 23. Con 25. Con 31. Con 33. Con 37. Con 38.
b) Clases Interactivas - Seminarios (16% da nota da materia)
Coñecementos: Con 03. Con 04. Con 05. Con 06. Con 07. Con 08. Con 34. Con 43.
Habilidades ou destrezas: H/D 05. H/D 06. H/D 18. H/D 19. H/D 28. H/D 29. H/D 30. H/D 31.
Competencias: Comp 01. Comp 02. Comp 06. Comp 08. Comp 10. Comp 11. Comp 12. Comp 18. Comp 20. Comp 21. Comp 28.
c) Clases Interactivas - Prácticas (24% da nota da materia)
Coñecementos: Con 03. Con 04. Con 05. Con 07. Con 43.
Habilidades ou destrezas: H/D 18. H/D 19. H/D 28. H/D 29.
Competencias: Comp 01. Comp 02. Comp 06. Comp 08. Comp 18. Comp 20. Comp 28.
A avaliación realizarase en base aos tres apartados seguintes:
a) Exame final (60% da nota da materia) – Complementario á avaliación continua e obrigatorio para todos os estudantes.
Os coñecementos avaliaranse mediante a realización dun exame tipo test que constará de 60 preguntas de resposta múltiple, con 5 respostas cada unha e das que só unha será correcta.
Puntuaranse con +0,1 puntos as respostas correctas, con -0,05 puntos as respostas incorrectas e con 0 puntos as preguntas non contestadas (resposta en branco). A nota máxima que se pode obter neste exame é de 6 puntos.
Para superar/aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima de 3 puntos neste apartado.
b) Avaliación dos seminarios (16% da nota da materia) – Avaliación continua -
A asistencia/realización dos seminarios non é obrigatoria. Cada seminario poderase puntuar ata un máximo de 0,2 puntos. A inasistencia a un ou máis dos seminarios conleva a imposibilidade de realizar o traballo que se propoña no mesmo e puntuarase con 0 puntos. Tamén se puntuará con 0 puntos aquel seminario no que non se realice e entregue o traballo proposto no tempo estipulado. Non se permiten os cambios de grupo de seminario, salvo autorización expresa do profesorado. O cambio de grupo de seminario conleva o cambio de equipo na realización de traballos en equipo.
A máxima puntuación que se pode alcanzar no apartado b) de seminarios é de 1,6 puntos.
Aqueles estudantes que realizasen os seminarios en cursos académicos previos, pero non aprobasen a materia, poderáselles
conservar a nota obtida, a condición de que así o soliciten de forma expresa mediante escrito ao coordinador da materia. Se
non o solicitasen, non se lles cuantificará a nota de seminarios no cálculo da nota final.
c) Avaliación das clases interactivas con ordenador / prácticas de laboratorio (24% da nota da materia) – Avaliación continua-
A asistencia/realización das clases interactivas con ordenador / prácticas é obrigatoria. O/A estudante non poderá superar/aprobar a materia se non realiza todas as actividades programadas e non aproba o exame das mesmas.
O exame constará de 3 preguntas de desenvolvemento, correspondendo cada unha delas a unha das clases interactivas / prácticas realizadas.
Cada pregunta de desenvolvemento terá unha puntuación máxima de 0,8 puntos, polo que a máxima puntuación que se pode obter no exame de prácticas é de 2,4 puntos. O exame apróbase obtendo unha puntuación de 1,2 puntos.
O estudante realizará o primeiro exame de prácticas cando finalice as clases interactivas con ordenador / prácticas no Grupo de Prácticas no que está incluído. Aqueles/ as alumnos/ as que non o superen neste momento poderán repetir o exame nas datas establecidas no calendario da Facultade para a realización dos exames finais da materia.
Os/ as alumnos/ as que realicen e aproben o exame de clases interactivas/prácticas en cursos académicos previos, pero non superasen/aprobado a materia non terán que repetir as clases interactivas con ordenador / prácticas. A estes estudantes, poderáselles conservar a nota obtida, a condición de que así o soliciten de forma expresa, mediante escrito, ao coordinador da materia. Se non o solicitasen, poderán superar a materia, pero non se lles cuantificará a nota de prácticas no cálculo da nota final.
Os alumnos repetidores que estean na situación mencionada no apartado anterior poderán realizar, se así o desexan, novamente as prácticas no actual curso académico. Para repetir as prácticas terán que contactar co profesor coordinador da materia para que os inclúa nalgún dos Grupos de Prácticas. A repetición das clases interactivas con ordenador / prácticas supón a obrigación de repetir e aprobar o exame das mesmas.
Os alumnos repetidores que non realizasen as prácticas ou que non as superaron deberán contactar co profesor coordinador da materia para a súa inclusión nun grupo de prácticas.
d) Cálculo da nota final
A nota final global da materia obterase da suma da puntuación obtida no exame final e a suma da avaliación continua de seminarios e prácticas de acordo coa seguinte expresión:
Nota Final (10): Nota do exame final (6) + Nota de seminarios (1,6) + Nota de prácticas (2,4)
A materia aprobarase obtendo unha nota final global igual ou superior a 5, a condición de que se cumpriron por parte do
alumno/a con todos os requisitos mencionados nos apartados anteriores. Se non se cumprisen, o alumno/a terá unha cualificación de suspenso. Así:
1. Se o/a estudante non alcanza a puntuación mínima de 3 puntos no exame de teoría, a nota numérica que figurará en actas
será a nota obtida no exame mencionado (cualificación cualitativa de Suspenso).
2. Se o/a estudante realizou as prácticas da materia, pero non as superou, a nota que figurará en actas será a nota
numérica obtida nas mesmas (cualificación cualitativa de Suspenso).
3. Se o/a estudante non realizou as prácticas e preséntase ao exame de teoría, a nota que figurará en actas será a nota numérica
de 0 (cualificación cualitativa de Suspenso).
Se o/a estudante non se presenta ao exame escrito de teoría, aínda que realizase actividades avaliadas de seminario e/ou prácticas durante o presente curso académico, ou ben solicitase que se lle computen as notas obtidas en anos anteriores no
presente curso, a nota final que figurará en actas será a de Non Presentado.
No caso de estudantes con dispensa de asistencia a clase a suma da nota do exame de teoría e as prácticas, cuxa realización se considera obrigatoria para a superación da materia, alcanzará un valor máximo de 8,4, polo que é necesario prorratear o valor do exame de teoría ata un valor máximo de 7,6, ao obxecto de que a suma das actividades realizadas alcance o valor máximo de 10. Nestes casos o valor mínimo que se debe alcanzar para aprobar o exame final é de 3,8. A materia aprobarase cumprindo todas as condicións descritas previamente, coas excepcións indicadas, e a nota que figurará en actas terá en conta tamén todas as condicións descritas previamente.
No caso de realización fraudulenta de calquera actividade avaliable será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións da USC.
Os exames da materia realizaranse de forma presencial.
TRABALLO PRESENCIAL NA SALA DE AULAS (horas)
Aulas expositivas 30 h
Seminarios 12 h
Aulas interactivas con ordenador/prácticas 12 h
Titorías en grupo moi reducido 2 h
Exames e revisión 4 h
Total horas traballo presencial na sala de aulas 60 h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (horas)
Estudo autónomo 60 h
Resolución de exercicios ou outros traballos 20 h
Resolución de exercicios, prácticas 4h
Orientación e resolución de dúbidas 2 h
Realización e revisión do exame 4 h
Total horas traballo persoal do alumno 90 h
TOTAL HORAS DE TRABALLO (presencial + persoal)
60 h + 90 h = 150 h = 6 ECTS
- Recomendacións para o estudo da materia
É recomendable que os alumnos posúan coñecementos de anatomía, citología e histología, fisioloxía, fisiopatología, química (inorgánica,
orgánica e farmacéutica), bioquímica e da materia previa de Farmacoloxía-I.
É desexable que tamén posúan coñecementos transversais informacionales e informáticos.
Os alumnos contarán coa versión on- line da materia onde dispoñerán do material empregado nas clases e material complementario como esquemas, animacións, vídeos, programas de simulación, ligazóns a páxinas de interese, etc.
A través da versión on- line da materia tamén poderán acceder a cuestionarios de autoavaliación, realizar consultas ao profesorado, etc.
- Recomendacións para a avaliación
O alumno debe asistir e/ou seguir a impartición das clases teóricas, seminarios e clases interactivas con ordenador / prácticas para unha adecuada aprendizaxe da materia, o cal lle facilitará unha avaliación positiva.
É moi importante que o alumno posúa unha boa base de materias previas de anatomía, fisioloxía, fisiopatología, etc. polo que é
necesario que repase os conceptos vistos nas mesmas antes de abordar o estudo dos fármacos que actúan sobre os sistemas do
organismo que se abordan nesta materia de Farmacoloxía II. Tamén debe de repasar e coñecer os conceptos vistos na
materia de Farmacoloxía I, impartida no semestre anterior do actual curso académico. É aconsellable o estudo diario da materia e a utilización das titorías para resolver calquera tipo de dúbida.
- Recomendacións para a recuperación
Os estudantes que non aprobasen a materia deberían contactar cos profesores coa finalidade de determinar e avaliar
conxuntamente as posibles causas que lle impediron superar/aprobar a materia. Se é un problema de método de estudo, falta de coñecementos
básicos, dificultade para realizar as actividades propostas, dificultades na realización das probas de avaliación, etc.
Profesorado:
Prof. José Ángel Fontenla Gil: Coordinador da materia
Profesor Titular de Farmacoloxía, Facultad de Farmacia
Clases expositivas, seminarios, tutorías e prácticas laboratorio
Prof. Manuel Campos Toimil
Profesor Titular de Farmacoloxía, Facultad de Farmacia
Clases expositivas, seminarios e tutorías
Prof. José Manuel Brea Floriani
Profesor Titular de Farmacoloxía, CiMUS
Prácticas Laboratorio
Prof. Raquel Lama López
CiMUS
Prácticas Laboratorio
Idiomas nos que se imparte: Castelan/Galego/Inglés*.
* Programas informáticos de simulación farmacolóxica, esquemas docentes, páginas web, etc.
Jose Angel Fontenla Gil
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881814898
- Correo electrónico
- joseangel.fontenla [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Campos Toimil
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815006
- Correo electrónico
- manuel.campos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Brea Floriani
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- pepo.brea [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Raquel Lama Lopez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815491
- Correo electrónico
- raquel.lama.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:00-18:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Martes | |||
11:00-12:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:00-18:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Mércores | |||
11:00-12:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:00-18:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Xoves | |||
11:00-12:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:00-18:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Venres | |||
11:00-12:00 | GrupoA /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
17:00-18:00 | GrupoB /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |