Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecemento global do comportamento do sector público, tanto na vertente de ingresos como de gastos, desde unha perspectiva económica.
- Coñecemento das técnicas orzamentarias.
1. O SECTOR PÚBLICO: UNHA INTRODUCIÓN
AS DECISIÓNS PÚBLICAS. O GASTO PÚBLICO
2. OS BENS PÚBLICOS
3. AS EXTERNALIDADES
4. OS MONOPOLIOS E MERCADOS CONCENTRADOS
5. EFICIENCIA E EQUIDADE DO GASTO PÚBLICO. ANÁLISE CUSTE-BENEFICIO
6. A TEORÍA ECONÓMICA DA POLÍTICA
7. OS SERVIZOS SANITARIOS
8. OS SISTEMAS DE PENSIÓNS
OS INGRESOS PÚBLICOS
9. OS IMPOSTOS EFICIENTES
10. A INCIDENCIA DOS IMPOSTOS
11. A IMPOSICIÓN SOBRE A RENDA PERSOAL
12. A IMPOSICIÓN SOBRE A RENDA DE SOCIEDADES
13. A IMPOSICIÓN SOBRE A RIQUEZA
14. A IMPOSICIÓN SOBRE O CONSUMO
15. DÉBEDA E DÉFICIT PÚBLICO
FEDERALISMO FISCAL
16. A FACENDA DESCENTRALIZADA
17. OS ORZAMENTOS PÚBLICOS: XUNTA DE GALICIA E CONCELLOS
1. STIGLITZ, J.E. e ROSENGARD, J.K. (2016): La economía del sector público, A. Bosch editor, Barcelona
2. ROSEN, H.S. (2007): Hacienda Pública, Mc.Graw Hill ed., Madrid.
3. ALBI, E. e OUTROS (2017): Economía Pública, I/II, Ed. Ariel, Barcelona
4. NAVARRO, R. e PANIAGUA, F.J. (2017), Hacienda Pública (I y II), Pearson Educación, Madrid.
5. CRUZ, J.M.N. (2008), Economia e Política: uma Abordagem Dialéctica da Escolha Pública, Coimbra: Coimbra Editora.
- Comprender a lóxica económica do comportamento do sector público
- Poder valorar as reformas tributarias e entender basicamente os informes sobre as finanzas públicas.
- Comprender un presuposto público na súa estrutura económica.
- Coñecer os mecanismos de xestión dos gastos e os ingresos dunha Administración Pública.
O traballo nas aulas parte da explicación de cada tema do programa polo profesor, explicando as cuestións básicas incluídas no programa e a información que posibilite o traballo autónomo do alumno
As clases interactivas destinaranse fundamentalmente a desenvolver actividades de carácter práctico propostas para cada tema (que variarán en función do tema de que se trate), para aprofundar nos conceptos por medio de exemplos, utilizando as técnicas de análise adecuadas.
As titorías servirán de apoio ao proceso de aprendizaxe do alumnado.
Ao longo do curso manterase aberta unha aula virtual desta materia, na que estará á disposición dos alumnos o material que o profesor estime oportuno subministrarlles por esta canle, e na que se fixarán os traballos a realizar polos alumnos. Xa que logo, o seguimento a través da aula virtual resulta imprescindible para a materia.
Aqueles estudantes matriculados nesta materia poderán acceder mediante a conta de correo da RAI que teñen constituída, introducindo a conta de correo completa e o contrasinal no Campus Virtual da USC (http://www.usc.es/campusvirtual/).
En caso de dúbidas sobre o seu funcionamento, poderase adquirir información nas páxinas virtuais do CETA: http://www.usc.es/ceta.
A organización das titorías para o estudantado comunicarase por cada profesor.
Haberá dúas opcións de avaliación:
Opción 1 (avaliación mixta); basearase en:
a) sistema de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como o cumprimento das actividades que se propoñan, a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia, a participación activa e colaboradora e, no seu caso, probas de curta duración);
b) exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.
O peso relativo de cada parte na cualificación final da materia será o seguinte:
Avaliación continua....... 30%
Exame final................. 70%
Opción 2 (avaliación única); basearase nun exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia, que terá un peso relativo do 100% na cualificación final da materia.
Esa opción 2 sería a aplicable por defecto cando o alumno non cumpriu os mínimos da avaliación continua ou a partir da primeira convocatoria (sempre que aplicación da avaliación continua prexudicase ao alumno).
Os alumnos que teñan "exención de docencia" serán avaliados 100% no exame final.
(a) Traballo presencial do alumno
- Asistencia a clases expositivas...30 horas
- Clases interactivas: 15 horas
- Titorías: 5 horas
- Exame final: 3 horas
TOTAL: 53 HORAS
(b) Traballo autónomo do alumno
- Preparación das clases expositivas: 15 horas
- Lecturas recomendadas: 15 horas
- Preparación das clases interactivas (exposicións, realización de exercicios, busca de material de apoio): 40 horas
- Preparación do exame: 30 horas
TOTAL: 100 HORAS
TOTAL: 153 HORAS
. Preparación previa das clases presenciais
. Seguimento das clases presenciais
. Seguimento das clases interactivas
. Realización dos exercicios recomendados
. Lectura da bibliografía recomendada
. Atención á actualidade económica
Jose Caamaño Alegre
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881814764
- Correo electrónico
- jose.caamano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Francisco Jesus Ferreiro Seoane
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- franciscojesus.ferreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Victor Hugo Martinez Ballesteros
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- victorhugo.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (L-Z) | Galego, Castelán | 0.2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | 0.2 |
17:00-18:00 | Grupo B - horario de tarde (A-K) | Castelán, Galego | 0.2 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego, Castelán | 0.2 |
03.06.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (L-Z) | 0.1 |
03.06.2025 17:00-19:00 | Grupo B - horario de tarde (A-K) | 0.1 |
03.07.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (A-K) | 2.1 |
03.07.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (L-Z) | 2.1 |