Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OBXECTIVOS RELACIONADOS COS NOVOS COÑECEMENTOS.
• Aplicar a metodoloxía económica na análise das institucións políticas nas que se adoptan as decisións colectivas.
• Estudiar os mecanismos para converter as decisións individuais en decisións colectivas.
• Avaliar a eficacia e eficiencia das institucións políticas.
• Realizar unha análise positiva dos efectos das institucións políticas na realidade.
• Realizar unha análise normativa dos instrumentos e mecanismos que poden empregarse no deseño das institucións políticas para acadar os obxectivos perseguidos pola sociedade de referencia.
• Que o alumno sexa quen de analizar as institucións colectivas dende a metodoloxía económica, en especial respecto da súa aplicación ás institucións presentes no entorno político no que se enmarca o seu desempeño profesional futuro.
OBXECTIVOS RELACIONADOS CO DOMINIO DE CERTAS FERRAMENTES DE APRENDIZAXE OU DE FORMACIÓN (XENERICAS)
Adquisición de ferramentas para:
• Argumentar lóxicamente.
• Afondar no coñecemento.
• Actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
• Plasmación práctica das solucións ós problemas.
• Diferenciación entre análise positiva e análise normativa.
OBXECTIVOS VINCULADOS A VALORES OU ACTITUDES IMPORTANTES EN FUNCION DA MATERIA OU DO SEU SENTIDO NO PLAN DE ESTUDIOS.
• Pensamento crítico.
• Capacidade para comprender os aspectos económicos das institucións políticas
• Comprensión do comportamento estratéxico dos axentes políticos.
• Adquisición de coñecementos teóricos e prácticos que permitan deseñar e valorar instrumentos para acadar os obxectivos perseguidos pola sociedade de referencia .
• Capacidade para identificar información e datos relevantes para introducir criterios económicos nun informe de carácter político.
• Capacidade de planificación, avaliación da eficacia e eficiencia das opcións dispoñibles, e deseño de estratexias conducentes á busca de solucións os problemas analizados.
I. Introdución
Tema 1.- A análise económica da política.
1.1.- A análise económica das institucións (políticas).
1.2.- Presupostos metodolóxicos da Teoría da Elección Pública.
1.3.- Críticas e límites do modelo.
II. Economía constitucional.
Tema 2- Teoría positiva do Estado.
2.1.- Concepto e obxecto da Economía Constitucional: Análise Económica do Dereito.
2.2.-Teoría contractualista do Estado: Da anarquía ó contrato social.
2.3.- Teorías evolucionistas do Estado e críticas á mesma.
2.4.- Teoría contractualista de Buchanan.
2.5.- Outros argumentos da racionalidade das normas.
Tema 3.- Teoría normativa do Estado.
3.1.- Constitución e optimalidade paretiana.
3.2.- Constitución e regras de votación.
Tema 4.- A Constitución dende unha perspectiva non cooperativa.
4.1.- Demanda de reformas: Causas extrínsecas e intrínsecas.
4.2.- Mecanismos de reforma constitucionais: Explícitos e implícitos.
4.3.- Mecanismos de reforma metaconstitucionais: Pacíficos e violentos.
4.4.- A busca de rendas no nivel constitucional.
III. Democracia directa e teoría das votacións.
Tema 5.- Os motivos do voto.
5.1.- A análise positiva da democracia.
5.2.- Votante racional e votante ético.
5.3.- O paradoxo do voto.
5.4.- O papel da abstención nos procesos de votación.
Tema 6.- Os sistemas de votación.
6.1.- A optimalidade da regra da maioría e os seus límites.
6.2.- Sistemas de votación alternativos.
Tema 7- A democracia directa na teoría e na práctica.
7.1.- Mecanismos de elección directa: Asembleas e referendos.
7.2.- Consecuencias nas decisións fiscais.
7.3.- Mecanismos de votación electrónica.
IV. A democracia representativa: competencia electoral e provisión pública de bens e servizos.
Tema 8.- Partidos políticos e competencia electoral.
8.1.- De Platón a Downs: A análise positiva dos políticos
8.2.- Modelos económicos de competencia electoral.
8.3.- Sistemas de competencia electoral: bipartidista e multipartidista.
8.4.- Mercadotecnia política, promesas e incumprimentos. Consecuencias políticas e financeiras.
Tema 9.- Grupos de Presión e busca de rendas no sector público.
9.1.- Teoría económica dos grupos de presión.
9.2.- Busca de rendas: efectos políticos e económicos.
9.3.- Propostas de reforma.
Tema 10.- A Provisión pública de Bens e Servizos.
10.1.- Teoría económica da burocracia.
10.2.- Modelos de provisión e hipótese leviatán.
10.3.- O goberno autocrático.
Tema 11.- Democracia e dimensión do Sector Público.
11.1.- O crecemento do Sector Público nas democracias.
11.2.- Grupos de presión, burocracia e crecemento do sector público.
11.3.- As consecuencias redistributivas do Estado do Benestar.
V. Aplicacións.
Tema 12.- Aplicacións da Elección Pública.
12.1.- Política económica e ciclos político económicos.
12.2.- Procesos de integración política e económica.
12.3.- Reforma do sistema de financiamento autonómico.
12.4.- Intervención pública en actividades culturais
A un nivel sumamente accesible, pode consultarse: CORONA RAMÓN, Juan, Una introducción a la teoría de la elección pública (Public Choice), Instituto Nacional de Administración Pública, Alcalá de Henares, 1987.
A un nivel máis avanzado, destaca o xa clásico libro: MUELLER, D.C., Elección Pública, Alianza Universidad, Madrid, 1984; traducción da 1ª edición inglesa de 1979. De ser posible, recomendase o emprego da 3ª edición inglesa, amplamente revisada: MUELLER, D.C., Public Choice III, Cambridge University Press, 2003.
Os aspectos fundamentais do programa na súa primeira parte poden atoparse en: PUY FRAGA, P., Economía Política del Estado Constitucional, Editorial Cedecs, Barcelona, 1996.
En canto presta especial atención á interrelación coa ciencia política, resulta recomendable o libro: COLOMER, J.M Ciencia de la Política: una introducción, Editorial Ariel, 2009.
Cun nivel accesible poden verse aspectos parciais do programa, ademais de na bibliografía que se facilitará ó longo do curso, nos seguintes libros:
BRENNAN, G., e BUCHANAN J.M., La razón de las normas, Unión Editorial, Madrid, 1987.
BUCHANAN, McCORMICK e TOLLISON, El análisis económico de la política, edición ao coidado de J. CASAS PARDO, Instituto de Estudios Económicos, Madrid, 1984.
FREY, B.S., Para una política económica democrática, Alianza Universidad, Madrid, 1987.
MARI-KLOSE, P., Elección Racional, CIS, Madrid, 2000.
MOLDES TEO, E., Elección Pública: Hacia una teoría de los fallos colectivos, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid, 1987.
PEACOCK, A., Elección Pública: una perspectiva histórica, Alianza Editorial, Madrid, 1995.
PUY FRAGA, P., (coord.), Análisis Económico del Derecho y de la Política, Fundación Alfredo Brañas, Santiago de Compostela, 1993.
ZINTL, R., Comportamiento político y elección racional, Gedisa, Barcelona, 1995.
Ao longo do curso, en especial no caso de pasarse a algún dos escenarios con restricións da docencia presencial, o profesor poderá subministrar outros materiais complementarios máis específicos.
O grado de competencia /destrezas / habilidades necesario para superar esta asignatura debe presupoñerse para calquera estudante que curse estudios universitarios.
Requírese capacidade lóxica de razonamento, comprensión léxica e un nivel elemental de matemáticas que debe ter calquera con estudios básicos.
Resulta recomendable o interese pola actualidade (lectura de prensa, seguimento por radio e TV) en canto moitos exemplos e problemas que se presentarán na materia serán recollidos da mesma, polo que o coñecemento previo dos referentes permite unha mellor comprensión dos aspectos presentados.
No actual contexto, e máis de establecerse algunha restricción á docencia presencial, o alumnado terá que dispoñer de conexión a redes dixitais co fin de atender á docencia e realizar as probas necesarias para superar a materia
A docencia da materia organízase en catro partes:
1) Clase expositiva: concentran a aprendizaxe teórica e realízanse nun único grupo de docencia. Nelas o profesor mostra os conceptos a desenvolver na asignatura, empregando, no seu caso, material complementario como esquemas, gráficas ou bibliografía de apoio. Ó longo da clase se intercalan aspectos prácticos nos que se presentarán situacións reais ou ficticias para proceder á súa análise mediante o emprego de estatísticas, datos, gráficos, artigos de xornais e revistas, ou páxinas de internet. Baixo a dirección do profesor, o estudantado deberá analizar estes problemas e sacar as súas conclusión na mesma aula, podendo ser preguntados para comproba-lo seu grado de seguemento e comprensión da materia na súa aplicación práctica.
2) Seminarios (clase interactiva): teñen como obxectivo profundizar nalgún aspecto de interese do temario da asignatura. Os estudantes se dividen en grupos de non máis de 50 alumnos, co fin de fomentar a participación e a comprensión dos asuntos analizados. Na elección dos temas a desenvolver primaranse os de máis actualidade dentro do programa. Utilizarase material complementario para que realicen a súa análise. Terán a obriga de realizar un traballo sobre o tema tratado que deberán entregar no prazo fixado polo profesor, quen decidirá se é individual ou en grupo.
3) Titorias en grupos reducidos: nas mesmas realizarase un seguemento individualizado do seguemento e comprensión do estudantado, ao tempo que se explicarán as dúbidas que os alumnos tiveran sobre os contidos explicados na asignatura. Os estudantes dividiranse en grupos máis reducidos (máximo de 5 alumnos), co fin de acadar un maior coñecemento do traballo que veñan realizando. A súa celebración estará supeditada á carga docente do profesor.
4) Tarefas relacionadas co obxecto da asignatura: ó longo do semestre, o profesor poderá fixar a asistencia a conferencias, lecturas de libros, ou calquera outro elemento complementario que considere de interese para o desenvolvemento do curso.
A asistencia ás clases é obrigatoria.
O estudantado deberá cubrir un mínimo de asistencia ás aulas (expositivas e interactivas). En canto esta é unha materia optativa, quen teña problemas para asistir debe pensar se non lle resulta mellor escoller outra materia optativa distinta.
Como instrumento de apoio da docencia, manterase unha aula virtual da materia, que será a canle primordial de comunicación entre profesor e alumnado, tanto á hora de realizar avisos, entregar materiais complementarios, ou establecer prácticas, como para recibir os traballos solicitados polo profesor.
Recoméndase revisar os materiais dispoñibles na aula virtual de forma regular, e realizar os exercicios en tempo e forma por parte do alumnado.
CONSIDERACIÓNS XERAIS SOBRE A AVALIACIÓN
A avaliación que se leva a cabo pretende tomar en consideración:
• A valoración do proceso formativo seguido polo alumno.
• Valoración dos coñecementos teóricos adquiridos.
• Valoración da capacidade para aplicar tales coñecementos.
ASPECTOS A VALORAR E CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Aplicarase en calquera caso un sistema de avaliación continua non presencial, en base á elaboración de traballos ó longo de curso nos que se valora a súa aprendizaxe.
NON haberá exame final desta materia.
A táboa de valoración aplicable será a seguinte:
Aspectos a valorar Criterios Instrumento Ponderación (sobre 10)
1) Asistencia Asistencia na aula física e/ou virtual. Partes de sinaturas, control de acceso e notas do profesor 5 %
2) Participación Participación activa na aula física ou virtual. Observación e notas do profesor 15 %
3) Traballos Estrutura. Bibliografía empregada. Orixinalidade. Presentación. Traballos entregados 75 %
4) Outras Pertinencia e calidade Criterios ad hoc 5 %
A cualificación final será a suma das puntuacións acadadas en cada concepto.
Entre os traballos a realizar, o profesor indicará cales deberán ser entregados obrigatoriamente para poder superar a materia.
Para obter unha avaliación favorable na convocatoria ordinaria será preciso
• Cumprir os mínimos de asistencia a aulas.
• Ter entregado os traballos considerados obrigatorios.
• Ter máis dun 40 % da cualificación teórica do punto 3),
• Superar o 50 % da puntuación máxima na suma das puntuacións dos distintos conceptos.
A cualificación no sistema de avaliación continua será comunicada ao estudante ao remate do período docente.
SISTEMA DE AVALIACIÓN EN 2ª OPORTUNIDADE:
Quen non acade a cualificación necesaria no proceso de avaliación continua deberá realizar novamente os traballos non remitidos ou avaliados como non aptos, co fin de ser obxecto de nova valoración no período extraordinario no prazo que se indiquen polo profesor, que será anunciado no campus virtual. Resulta moi recomendable neste suposto que quen teña que facelo solicite unha titoría co profesor para recibir información do traballo a realizar.
Aspectos a valorar Criterios Instrumento Ponderación (sobre 10)
• Conservaranse para o 50 % das puntuacións dos apartados 1), 2) e 4).
• Os traballos presentados para avaliación extraordinaria serán ponderado cun 80 % da cualificación total.
• Deberá acadarse un 50 % da puntuación máxima nestes conceptos.
O alumnado que teña dispensa ou exención de docencia terá que contactar co profesor tan pronto lle sexa concedida esta condición co fin de ser informado do sistema de avaliación aplicable no seu caso.
Con independencia do anterior, a efectos de aplicación do previsto no artigo 5.2 da normativa da USC sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, e salvo na aplicación do sistema de avaliación continua, entenderase que o estudante non realizou ningunha actividade académica avaliable cando non entregue ningún dos traballos considerados obrigatorios, constando nese caso como "non presentado".
ATRIBUCION DE CREDITOS ECTS
Dacordo coas actividades programadas o reparto recomendado das horas de traballo para cada unha delas é o seguinte:
ELECCIÓN PÚBLICA
4,5 CRÉDITOS (x25) 112,5 horas
ACTIVIDADE HORAS PRESENCIAIS. HORAS TRABALLO TOTAL ALUMNO
Clases presenciais 18 18
Estudo personalizado 30 30
Seminarios 18 18
Realización traballos 30 30
Titorías en grupo 2,25 2,25
Lecturas libro / materiais 10 10
Outras actividades 4,25 4,25
38,25 74,25 112,25
Ademais da asistencia e participación nas aulas, a materia require un esforzo adicional por parte dos estudantes, para revisar conceptos e autoavaliar o seu grado de coñecemento. Por suposto, o número de horas de traballo (non presenciais) resulta meramente orientativo, xa que cada quen poderá avanzar a un ritmo diferente, así como dividir o seu traballo como estime oportuno para optimizar o seu esforzo.
En especial quen non asistan a clase deberán realizar un esforzo moi superior para a aprendizaxe dos conceptos, técnicas e instrumentos propios da materia, e, de acordo cos criterios fixados na avaliación, estará aceptando unha menor cualificación de partida, polo que resulta moi pouco recomendable.
Total volume de traballo en horas: con asistencia a clase: 112,5 horas.
Actividade a desenvolver polo alumnado.
O longo do seu proceso formativo deberá:
• Asistir a clase, no caso de existir aulas presenciais, e cos requisitos sanitarios e de seguridade fixados polos protocolos vixentes. Lémbrase especialmente a necesidade no cumprimento das medidas de autoprotección.
• Manter ó día o estudo da materia e chegar ó coñecemento teórico dos conceptos básicos.
• Realizar os traballos solicitados polo profesor e entregalos no prazo fixado.
• Revisar regularmente o disposto na Aula Virtual da materia.
• Preparar e tomar parte dos debates organizados na clase, ou na aula virtual.
• Consultar ó profesor as dúbidas que se teñan presencialmente (na propia aula ou no horario de titorías do profesor) ou virtualmente (a través da aula virtual).
• Realizar as actividades complementarias que o profesor considere de interese.
A DOCENCIA DESENVOLVERASE EN GALEGO.
Ó longo do curso manterase aberta unha aula virtual desta asignatura. Aqueles alumnos matriculados nesta asignatura e neste grupo poderán acceder mediante a conta de correo da RAI que teñen constituída, introducindo a conta de correo completa e o contrasinal no Campus Virtual da USC (http://www.usc.es/campusvirtual/).
Quen teña dúbidas sobre o seu funcionamento poderá adquirir información nas páxinas virtuais do CETA: http://www.usc.es/ceta
TITORIAS:
Despacho do profesor. Facultade de Dereito. Area de Economía Política e Facenda Pública (2º andar)
Horario predeterminado: As titorías terán lugar previa cita, en horario fixado para cada caso, solicitando as titorías nas horas de aulas, ou ben por correo electrónico.
Aténdense igualmente titorías a través de correo electrónico.
Francisco J. Sanjiao Otero
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881814669
- Correo electrónico
- fuco.sanjiao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 1.3 |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 1.3 |
28.05.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |
02.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |