Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Proporcionar un coñecemento detallado das características e o funcionamento da economía galega nas décadas recentes, considerada no contexto español e no da Unión Europea.
- Proporcionar un marco interpretativo para entender as transformacións que vén experimentando a economía galega nas últimas décadas, os seus problemas actuais e os principais retos que debe afrontar a medio prazo.
- Familiarizar o alumnado coas principais estatísticas e fontes doutro tipo dispoñibles para o estudo da economía galega, e inicialo na elaboración das súas propias análises sobre a base desas fontes a través das clases de docencia interactiva.
- Dotar o alumnado de ferramentas para a realización de informes e estudos sobre cuestións e aspectos concretos da economía galega.
PARTE I. A DINÁMICA E ESTRUTURA ACTUAL DA ECONOMÍA GALEGA: UNHA PRIMEIRA VISIÓN XERAL
Tema 1. Introdución á análise estrutural da economía galega
Tema 2. Aproximación global ás transformacións no período 1960-2024: produción, renda e mudanzas na estrutura produtiva
Tema 3. A estrutura e funcionamento actual da economía de Galiza: aproximación ao cadro macroeconómico; estrutura produtiva e relacións intersectoriais, os complexos ou cadeas produtivas
Tema 4. A distribución dos resultados do proceso de crecemento: as desigualdades comarcais nos niveis de renda e de desenvolvemento; distribución funcional e persoal da renda, desigualdade e pobreza
PARTE II. CUESTIÓNS TRANSVERSAIS
Tema 5. Dinámica e características da poboación. Os problemas demográficos
Tema 6. Dinámica do emprego e mercado de traballo
Tema 7. A acción do sector público: articulación competencial; o orzamento e o financiamento autonómico
Tema 8. O sistema galego de innovación
Tema 9. A inserción comercial externa de Galiza: comercio interrexional e internacional; aproximación á balanza de pagamentos
PARTE III. ANÁLISES SECTORIAIS
Tema 10. Sector agrario e agroalimentario; silvicultura e complexo da madeira
Tema 11. Sector pesqueiro e marindustria: o complexo pesqueiro
Tema 12. Enerxía e industria
Tema 13. Sector servizos
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
AFUNDACIÓN-OBRA SOCIAL ABANCA (varios anos): A economía galega. Informe ..., AFundación, A Coruña (informes anuais publicados desde 1986).
BEIRAS TORRADO, X.M. (1973): O atraso económico de Galicia, Ed. Galaxia, Vigo (existe unha nova edición anotada en Ed. Laiovento, 1996).
CANCELO, J.R: (dir.) (2006): La economía de Galicia: Un análisis cuantitativo, Instituto de Estudios Económicos de Galicia. Fundación Barrié de la Maza, A Coruña.
CARMONA, X e J. NADAL (2005): El empeño industrial de Galicia: 250 años de historia 1750-2000, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña.
FERNÁNDEZ LEICEAGA, X. e LÓPEZ IGLESIAS, E. (2000): Estrutura Económica de Galiza, Ed. Laiovento, Santiago de Compostela.
LÓPEZ IGLESIAS, E. (2016): “Do atraso ao progreso económico de Galiza ? Un proceso histórico á espera dun relato”, en Dubert, I. (Ed.): Historia das historias de Galicia. Ed. Xerais. Vigo, pp. 329-356.
LÓPEZ IGLESIAS, E. e ARES, J.J. (eds.) (2002): Novos escenarios para a economía galega. Actas do II Congreso de Economía de Galicia, Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
PRADA BLANCO, A. e LAGO PEÑAS, S. (2009): Galicia, unha economía europea 1986-2006, Ed. Galaxia, Vigo.
VENCE, X. (2009): "O sistema galego de innovación e dinámica económica", en F. González Laxe (coord): Galicia. Economía. t. LX. Ed Hércules. Pp. 438-490
VVAA (2000): Revista Galega de Economía, vol. 9, nº 1, número monográfico “A economía galega ante o século XXI”.
VVAA (2007): Papeles de Economía Española, Economía de las Comunidades Autónomas, nº 22: Galicia-Norte de Portugal.
O profesorado da materia facilitará a accesibilidade do alumnado ás publicacións que integran a bibliografía básica, sempre que sexa posible en formato electrónico. Esta bibliografía básica complementa os documentos e materiais de apoio dispoñibles na Aula Virtual: presentacións para cada clase expositiva, textos e datos estatísticos para as clases interactivas.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Capacidade de análise e de síntese.
- Capacidade crítica.
- Habilidade para analizar e buscar información.
- Fomento do traballo en equipo.
O alumnado contará cunha base de coñecementos sobre a realidade económica máis próxima, que lle será de utilidade noutras moitas materias do Grao e un referente indispensable para a análise da economía en xeral.
O ensino da materia levarase a cabo a través de actividades de docencia expositiva e de docencia interactiva en grupos reducidos, todas elas de carácter presencial.
Para isto un soporte esencial está constituído pola Aula Virtual da materia, na que os alumnos/as poden encontrar: i) a programación cronolóxica detallada das actividades, co contido previsto para cada unha das sesións de docencia expositiva e interactiva; ii) as presentacións para cada clase de docencia expositiva; iii) un guión das actividades a realizar e os materiais para traballar en cada unha das sesións de docencia interactiva (publicacións, datos estatísticos...); iv) as publicacións, tanto da bibliografía básica como da específica para cada tema, que están dispoñibles en formato electrónico; v) modelos de exame de convocatorias anteriores.
As titorías terán lugar esencialmente de modo presencial, complementadas coa resolución de dúbidas a través do foro da Aula Virtual e o correo electrónico institucional.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
I. Modalidade de avaliación continua
Para os alumnos/as que asistan como mínimo ao 80 % das clases interactivas (computando como asistencia as ausencias xustificadas documentalmente) o sistema de avaliación consta de dous tipos de mecanismos:
a. Asistencia ás clases interactivas, exposición nas clases interactivas de temas preparados previamente (a partir do material dispoñible na Aula Virtual), realización doutras actividades que poida organizar o profesorado, participación activa nas clases.
Peso na cualificación final: 30 %.
b. Proba final escrita presencial, na que se combinan: preguntas tipo test (dirixidas a comprobar o dominio polo alumnado dos conceptos e coñecementos esenciais expostos ao longo do desenvolvemento da materia); e outras nas que se debe responder de forma breve a certas cuestións (o obxectivo é aquí contrastar a capacidade do alumno/a para relacionar os diferentes conceptos e coñecementos parciais que debeu adquirir na materia).
Peso na cualificación final: 70 %.
II. Modalidade de avaliación única
Para os restantes alumnos/as (que non asistan como mínimo ao 80 % das clases interactivas) a avaliación realizarase exclusivamente a través dunha proba final escrita presencial coas características citadas anteriormente. Esta modalidade de avaliación será tamén a aplicable ao alumnado que obteña a dispensa de asistencia a clase.
O sistema de avaliación exposto aplicarase cada curso tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria de recuperación. En concreto, nesta última manteranse coa mesma ponderación as cualificacións obtidas nas actividades de avaliación continua (clases interactivas). Non existe ningún cambio, ningún sistema específico de avaliación, para o alumnado repetidor.
Tendo en conta que cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo para o estudante, esta materia representa un total de 150 horas de traballo, repartidas como segue:
- Traballo presencial na aula (ou virtual en actividades síncronas)
Docencia expositiva 31
Docencia interactiva 17
Titorías 3
Actividades de avaliación 2
Total horas traballo presencial 53
- Traballo persoal do alumno/a
Lecturas de documentos e outras actividades para a preparación das clases interactivas 37
Estudo individual 60
Total horas traballo persoal 97
Asistencia e participación activa nas clases, especialmente nas sesións de docencia interactiva; utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso; realización dun traballo continuado ao longo do curso.
Edelmiro López Iglesias
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811718
- Correo electrónico
- edelmiro.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xavier Vence Deza
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811567
- Correo electrónico
- xavier.vence [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Rosa Maria Regueiro Ferreira
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- rosamaria.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alexandre Vecino Aguirre
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811591
- Correo electrónico
- alexandre.vecino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 22 |
Xoves | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 26 |
16:30-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 26 |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 26 |
17.12.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01 |
17.12.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01 |
17.12.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 01 |
17.12.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 01 |
17.12.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 01 |
17.12.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 01 |
23.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
23.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
23.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
23.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
23.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
23.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
07.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
07.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
07.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
07.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
07.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
07.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |