Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
– Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito
empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes
sobre a súa dimensión social, científica ou ética
- Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole
empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da
linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e
presentación de datos que se empregan na disciplina .
– A realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións
económicas e a súa evolución
- Sistemas de apoio á dirección e as funcións dos mesmos: planificación, análise, deseño e
implantación dos sistemas de información
- Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados
- Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais
0.- Introdución: Ética fiscal; elusión, evasión e delito fiscal. Os límites da planificación.
1.- Planificación fiscal para persoas físicas.
2.- Planificación fiscal para persoas xurídicas.
3.- Planificación fiscal internacional. Convenios para Evitar a Dobre Imposición.
- ALBI IBÁÑEZ, E. et al., Sistema fiscal español, Barcelona, Ariel Economía, última edición.
- DOMÍNGUEZ BARRERO, F. (2015): Introducción a la planificación fiscal. Zaragoza. Prensas de la Universidad, Universidad de Zaragoza.
- DOMÍNGUEZ BARRERO, F. (2015): Planificación fiscal en la empresa. Zaragoza. Prensas de la Universidad, Universidad de Zaragoza.
- DOMINGUEZ MARTÍNEZ, J.M. (dir.) (2013): La tributación de las operaciones financieras. Marco tributario, planificación fiscal y caos prácticas. Valencia. CISS, Wolters Kluwer.
- Memento práctico Edersa, Francis Lefèvre, Madrid, última edición.
- PÉREZ ROYO, F., Derecho financiero y tributario (parte general), Tomson Civitas, última edición.
- Ruiz-Huerta, J. y Villoria, M. (2010). Gobernanza democratica y fiscalidad. Madrid. Tecnos
- Serrano Gutierrez, A. (2015): Planificación Fiscal en el Impuesto sobre Sociedades.Madrid Francis Lefebvre.
Ao longo do curso facilitarase bibliografía complementaria.
Códigos
É imprescindible que o alumno dispoña dun texto que recolla a regulación actualizada dos impostos que van ser obxecto de estudo durante o curso.
BÁSICAS
CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
XERAIS
CG3 Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
CG4 Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina.
TRANSVERSAIS
CT1 Análise e síntese.
CT4 Xestión da información.
CT6 Resolución de problemas.
CT9 Autonomía na aprendizaxe.
CT10 Traballo en equipo
CT13 Sentido ético.
ESPECÍFICAS
A3 A realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución.
B7 Sistemas de apoio á dirección e as funcións dos mesmos: planificación, análise, deseño e implantación dos sistemas de información.
D4 Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados.
D8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
Para o desenvolvemento do programa da materia conxugámola clase expositiva, que ten como obxectivo a exposición completa, sistemática e ordenada do contido dos temas e epígrafes descritos con anterioridade; xunto coas clases interactivas, nas que se require da participación e traballo do alumno. Tralas exposición teóricas plantexaremos diferentes exercicios, que se complementarán coas clases prácticas, a realizar algunhas con soporte informático, nas que se pretende conxugalo uso do sofware, sen perdernos en automatismos, o fundamental é que o alumno aprenda a buscar e manexa-la información relacionada coa materia. Para elo requírese que este sexa usuario de RAI, E e así ter acceso aos equipo informáticos (http://www.rai.usc.es/).Ademáis, os alumnos deberán realizar un traballo, definido nos primeiros días do curso, en grupos de entre dous ou tres estudantes. De esta maneira, evitámola "monometodoloxía", e esta combinación axuda a diversifica-las vantaxes e a compensa-los inconvenientes de cada técnica empregada de xeito individual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do Rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación dos alumnos poderá realizarse a través de varias probas durante o curso para que os estudantes demostren os coñecementos adquiridos. Para que se podan tener en cuenta en estas probas o estudante debe obter a lo menos un 40% da nota.
Os estudantes deben facer traballos e presentacións que propoñan os profesores, cuxo valor é o 50% da nota final.
O estudiante que non realice ningunha das probas anteriores, deberá realizar un examen final, que consistira nas partes examinadas durante o curso. Os alumnos que non superarán algunha desas partes se examinarán solo das non superadas. Para superar esta proba o estudante debe obter polo menos un 40% por cada unha das partes.
Os estudantes con dispensa de asistencia a clase, repetidores ou que estiveran de intercambio durante o curso poden expresar a súa opción de ir so a o examen final nas condicións establecidas no párrafo anterior. Neste caso, a nota representará o 100% da nota final.
Tódalas competencias son avaliadas empregando os dous instrumentos de avaliación descritos
TRABALLO PRESENCIAL NO AULA______________________________________Horas
Clases de pizarra en grupo grande______________________________________20
Clases de pizarra en grupo reducido_________________________________ ___10
Clases con ordenador/laboratorio en grupo reducido________________________5
Titorías en grupo reducido sen ordenador/laboratorio_______________________5
Titorías en grupos moi reducidos ou individualizadas_______________________ 5
Total horas traballo presencial no aula_________________________________ _45
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO____________________________________Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo__________________ ____________50
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos_____________________7,5
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio____5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar_________________5
Total horas traballo persoal do alumno_________________________________67,5
É esencial o manexo da lexislación tributaria. Os alumnos deben aprender a manexar as leies dos impostos estudiados nesta materia e entender as súas disposicións.
Susana Casal Caldeiro
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- susana.casal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:05-18:25 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
30.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
04.07.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |