Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 72.5 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 10 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Aproximarse ao sistema de xustiza penal do noso país desde a perspectiva propia da economía da xustiza.
• Comprender o comportamento da oferta e demanda de tutela xudicial penal en España e, por extensión, da oferta e demanda de seguridade cidadá e de servizos penitenciarios.
• Contemplar o quefacer das institucións do noso sistema de xustiza penal como un proceso produtivo público, coas conseguintes funcións de produción e custos sociais.
• Coñecer a problemática orzamentaria e de xestión do noso sistema de xustiza penal.
• Avaliar economicamente a política xudicial penal en España e deseñar propostas susceptibles de mellorala.
- A xustiza penal española desde o punto de vista da economía da xustiza.
- A demanda de tutela xudicial penal en España. Evolución e principais determinantes. A cuestión da eficiencia do nivel de litixiosidade penal. Deriva punitiva, conxestión e dilación. Referencia á conformidade do acusado ou “conciliación penal”.
- A oferta das institucións do noso sistema de xustiza penal. Orzamento e custos. O beneficio de xustiza gratuíta. Organización, xestión e goberno da xustiza penal. Carácter multidimensional da produción e creación de valor público no ámbito penal: indicadores dispoñibles para a súa medición. Avaliación da eficiencia dos tribunais penais, policía e institucións penitenciarias. Análise económica do proceso penal.
- Eficiencia e equidade da política xudicial penal en España: alternativas para a súa mellora.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ESCRIBANO SÁNCHEZ, J., El coste de la justicia y su vinculación con los derechos fundamentales procesales, Tesis doctoral, Universidad de Salamanca, Salamanca, 2011.
GARCÍA ESPAÑA, E. e DÍEZ RIPOLLÉS, J. L. (Dirs.), La administración de justicia según los datos. Especial referencia a la jurisdicción penal. Informe ODA, Instituto Andaluz Interuniversitario de Criminología. Sección de Málaga – Tirant lo Blanch, Málaga, 2013.
IGLESIAS, P. e ARIAS, X., “El sistema judicial español: una revisión de los principales problemas de la oferta y demanda de tutela judicial”, Presupuesto y Gasto Público, 47(2), 2007, pp. 137-160.
PASTOR PRIETO, S., ¡Ah de la Justicia! Política Judicial y Economía, Centro de Publicaciones del Ministerio de Justicia, Civitas, Madrid, 1993.
PASTOR PRIETO, S., Análisis económico de la justicia y reforma judicial, Tirant lo Blanch, Valencia, 2016.
VALIÑO CASTRO, A., “Gasto público en Justicia: (Algunas notas conceptuales y características en España)”, Documentos de trabajo de la Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales, 5, 1999.
VÁZQUEZ CUETO, M. J. e GUTIÉRREZ LÓPEZ, F., “Gasto público, medios personales y funcionamiento de la Administración de Justicia en España: ¿el problema es el gasto?”, InDret, 4, 2017.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BANDRÉS, E. e DÍEZ-TICIO, A., "Delincuencia y acción policial. Un enfoque económico", Revista de Economía Aplicada, IX(27), 2001, pp. 5-33.
CAAMAÑO ALEGRE, J., “Recortes del gasto y deterioro del servicio: una nota sobre la política penitenciaria española (1997-2004)”, RIPS: Revista de investigaciones políticas y sociológicas, 4(2), 2005, pp. 241-259.
DOMÉNECH PASCUAL, G., “La perniciosa influencia de las retribuciones variables de los jueces sobre el sentido de sus decisiones”, InDret, 4, 2008.
DOMÉNECH PASCUAL, G., “¿Es mejor indemnizar a diez culpables que dejar a un inocente sin compensación? Responsabilidad patrimonial del Estado por los daños causados por la prisión preventiva seguida de absolución o sobreseimiento”, InDret, 4, 2015.
GARCÍA ESPAÑA, E., “La calidad de la justicia penal en España. Indicadores de calidad del CGPJ”, Revista de Derecho Penal y Criminología, X, 2013, pp. 553-582.
MAQUEO RAMIREZ, M. S., Elementos Económicos y Constitucionales en el Análisis de la Asistencia Jurídica Gratuita, Tesis doctoral, Universidad de Salamanca, Salamanca, 2011.
MARCO FRANCIA, M. P., “El fracaso de la pena privativa de libertad y su coste económico”, Anuario del Centro de la UNED en Calatayud, 25, 2019, pp. 173-187.
PASTOR PRIETO, S., “Dilación, eficiencia y costes. ¿Cómo ayudar a que la imagen de la Justicia se corresponda mejor con la realidad?”, Documentos de Trabajo de la Fundación BBVA, 2003.
Segundo a memoria do Grao, esta materia contribúe ao desenvolvemento por parte do alumno das seguintes competencias:
BÁSICAS E XERAIS
• CG1 - CG Interpersoal: capacidade para colaborar cos demais e relacionarse, tanto con profesionais das diversas facetas da actividade criminolóxica, como dentro de equipos interdisciplinares e multiculturais.
• CG2 - CG Instrumental: capacidade para reflexionar de maneira crítica e construtiva e para argumentar e expresarse organizada e razoadamente.
• CG3 - CG Instrumental: capacidade para identificar e explicar problemas sociais complexos no ámbito da Criminoloxía e para aplicar as estratexias adecuadas para resolvelos, traballando cunha perspectiva sistémica que faga posible a súa consideración analítica e sintética.
• CG4 - CG Instrumental: Adquisición dunha conciencia crítica na análise do ordenamento xurídico, situándose nunha perspectiva plenamente respectuosa cos principios do respecto e a promoción dos dereitos humanos, de igualdade e da accesibilidade universal.
• CG5 - CG Instrumental: capacidade para utilizar os coñecementos que conforman a Criminoloxía como disciplina científica e para identificar e desenvolver un conxunto de estratexias de investigación de metodoloxía cuantitativa e cualitativa, tanto nos ámbitos básicos, como nos aplicados.
• CG6 - CG Instrumental: capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e informacións (en particular a través da rede informática), dentro da súa área de estudo.
• CG7 - CG Instrumental: capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, utilizando unha linguaxe (xurídica, médica, psicolóxica, sociolóxica e técnica) correcta.
ESPECÍFICAS
• CE3 - Comprensión básica da organización, estrutura e funcionamento do sistema de execución penal e das medidas alternativas, así como dos métodos e estratexias necesarios para a consecución da reinserción social dos penados e a redución dos efectos perniciosos da prisión.
• CE16 - Coñecer e comprender a diversidade de formas en que se constitúe, representa e trata o delito e analizar criticamente as distintas respostas ao problema da criminalidade desde unha tripla perspectiva: explicativo-empírica, decisional e instrumental.
• CE19 - Capacidade para analizar, valorar e comunicar información empírica sobre o delito, o delincuente, a vítima e os medios de control social, a través da análise tanto dos distintos medios de comunicación social, como das estatísticas policiais nas que apareza reflectida, así como das enquisas de victimización.
• CE20 - Tomar conciencia da importancia do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
25 horas de docencia expositiva, 10 de docencia interactiva e 5 de titorías, á parte do tempo de estudo y traballo persoal do alumno.
Nas horas de docencia expositiva a explicación do profesor poderá apoiarse con presentacións en power-point ou o emprego doutros medios audiovisuais. Nos termos que o profesor estableza, os alumnos terán ocasión de expor as súas dúbidas e puntos de vista, e poderán así mesmo ser interpelados para comprobar o seu grao de seguimento e comprensión do explicado. Cando cumpra, achegaránselles ligazóns da internet ou material de lectura complementario para que poidan profundar na materia e lles sexa máis doada a súa comprensión.
En canto ás horas de docencia interactiva, dedicaranse á realización de exercicios numéricos de análise económica da xustiza penal, manexo de gráficas, emprego de bases de datos, estudo de casos con cifras reais, debates ou calquera outras actividades susceptibles de contribuír aos obxectivos da materia. Será o responsable da docencia quen indique aos seus estudantes cal ha de ser o seu papel no desenvolvemento da devandita docencia interactiva, como van corrixirse as actividades que o requiran, e cal vai ser a súa incidencia na nota final do alumno.
Idioma da docencia: castelán ou galego segundo a preferencia do docente.
Titorías:
Despacho do profesor ou profesora. Facultade de Dereito. Area de Economía Política e Facenda Pública (2º andar)
Horario predeterminado: As titorías terán lugar previa cita, en horario fixado para cada caso, solicitando as titorías quen estea interesado nas aulas ou por correo electrónico. Aténdense tamén titorías a través de correo electrónico.
A avaliación farase a través dun proceso continuo, e determinarase en virtude de: a) técnicas de avaliación baseadas na asistencia e participación activa do alumno en clase, seminarios, debates e titorías; e b) probas escritas e orais baseadas na presentación de traballos ou memorias individuais ou en grupo. A repartición da porcentaxe entre ambas as categorías decidirase polo profesor responsable.
Para a elaboración do TFG é altamente recomendable a realización do "Curso avanzado de formación en competencias en información" impartido pola la Biblioteca Universitaria de la USC. Polo que a obtención do certificado de aptitude, no período do curso que se imparta esta materia, será valorada cun 0,15 de puntos que se engadirán ao total da nota obtida.
Os alumnos que teñan "exención de docencia" será avaliados 100% no exame final.
Con independencia do anterior, a efectos de aplicación do previsto no artigo 5.2 da normativa da USC sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, entenderase que o estudante non realizou ningunha actividade académica avaliable cando non se presente ao exame final da materia, ou non fixera ningunha das actividades de avaliación continua, nese caso constará como "non presentado".
Á parte das xa indicadas horas de docencia expositiva e interactiva e titorías, a memoria do Grao contempla 70 horas de actividades individuais e/ou en grupo de estudo e traballo (guiadas e non guiadas), así como 2,5 horas doutras actividades.
Ao se tratar dunha materia económica especializada que se encadra no cuarto curso do Grao, non estaría de máis que o alumno “refrescase” previamente os seus coñecementos de Economía da Actividade Delitiva. Convén así mesmo que busque, na asistencia a clase e na comunicación co profesor, as orientacións e o apoio que precise. Os alumnos deberán deixar ao carón a súa posible aversión ao razoamento numérico e concienciarse de que o nivel de matemáticas necesario para superar esta materia resulta perfectamente alcanzable.
En xeral, o carácter profundamente lóxico e sistemático da economía reduce o esforzo memorístico na aprendizaxe, pero precisa dun maior esforzo de comprensión, polo que esta materia non é, desde logo, a mellor candidata para "deixala para última hora". A asistencia regular a clase, o traballo sostido no día a día e a realización dos exercicios a medida que se van estudando os respectivos temas teóricos, constitúen pezas crave na preparación da materia. Outro tanto cabe dicir da consulta de dúbidas e dificultades ao profesor, ben nas propias clases, ben nas súas titorías.
Ao longo do curso manterase aberta unha aula virtual desta materia, na que estará á disposición dos alumnos o material que o profesor estime oportuno subministrarlles por esta canle, e na que se fixarán os traballos a realizar polos alumnos. Xa que logo, o seguimento a través da aula virtual resulta imprescindible para a materia.
Aqueles estudantes matriculados nesta materia poderán acceder mediante a conta de correo da RAI que teñen constituída, introducindo a conta de correo completa e o contrasinal no Campus Virtual da USC (http://www.usc.es/campusvirtual/).
En caso de dúbidas sobre o seu funcionamento, poderase adquirir información nas páxinas virtuais do CETA: http://www.usc.es/ceta.
A organización das titorías para o estudantado comunicarase polo profesor ou polos profesores da materia.
A organización das titorías para o estudante comunicarase polo profesor ou polos profesores da materia.
Jose Manuel Carnota Garcia
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- josemanuelcarnota.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Francisco Jesus Ferreiro Seoane
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- franciscojesus.ferreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 16 |
Venres | |||
16:30-18:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 16 |
15.01.2025 16:00-18:00 | Grupo clases expositivas | Aula 4 |
15.01.2025 16:00-18:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |
13.06.2025 18:00-20:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |