Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Economía Aplicada
Áreas: Dereito Administrativo, Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Comprender os fundamentos das políticas ambientais e das políticas de innovación
Coñecer a tipoloxía e o funcionamento dos diferentes instrumentos de política ambiental e de innovación
Deseñar e avaliar políticas ambientais para a innovación, a sustentabilidade e a economía circular.
1. ORIXE DAS POLÍTICAS AMBIENTAIS. A. Causas e momento do nacemento das políticas e o Dereito para a protección ambiental. B. Evolución. C. A relación entre a protección ambiental, o desenvolvemento económico e o Dereito. A economía circular: entre o cambio sistémico e a actualización dos retos ambientais.
2. FONTES DO DEREITO E AS POLÍTICAS AMBIENTAIS. A.O Dereito internacional: Convenios, tratados: valor e efectos. O papel dos Acordos comerciais e da OMC ante a sustentabilidade. B. Dº da UE. Primacía das normas europeas. C. As normas internas estatais e autonómicas: competencias. As normas locais. D. Soft law, normas técnicas, nudges e outras normas voluntarias para a protección ambiental.
3. PRINCIPIOS DAS POLÍTICAS AMBIENTAIS. Prevención, Precaución, Quen contamina paga, Non regresión, Transversalidade
4. AS TÉCNICAS E INSTRUMENTOS PARA A PROTECCIÓN AMBIENTAL E A CIRCULARIDADE. A. Os bens públicos. B. As medidas limitativas: Zonificación. Prohibicións. Valores límite de emisión e normas de calidade do medio. As avaliacións de impacto ambiental e estratéxica. Autorizacións e comunicacións previas. C. A fiscalidade e as técnicas de mercado: Fiscalidade, mercados de dereitos de emisión, auditorías ambientais, etiquetas ecolóxicas. D. Os mecanismos de responsabilidade e sanción: responsabilidade ambiental, restauración do dano e sancións. Os delitos ecolóxicos
5. SUXEITOS E OBXECTO DAS POLÍTICAS AMBIENTAIS E PARA A ECONOMÍA CIRCULAR. A. A protección dos recursos naturais: Prohibicións de substancias, límites ou obrigas de composición (%material reciclado, orixe sustentable…), emplazamento de actividades, zonificación. B. A acción sobre os produtores: Normas de proceso, vixianza do mercado, seguridade industrial, emisión,responsabilidade ampliada do produtor. C. As normas de produtos e materiais: ecodeseño, prohibición e límites de substancias, etiquetado de produtos, eficiencia enerxética e requisitos de durabilidade, minimización residuos. D. O consumo sustentable: etiquetado, garantías legais, información, penalización da obsolescencia, dereito a reparar, separación e xestión residuos
6. CONCEPTO E FUNDAMENTOS DAS POLÍTICAS DE ECO-INNOVACIÓN e ECONOMÍA CIRCULAR. A. Diversidade de conceptos de eco-innovación. Tipos de eco-innovación: tecnolóxica e non-tecnolóxica (organizativa, social, institucional). Innovación para Economía Circular. B. Fundamentos teóricos das políticas de eco-innovación: o enfoque neoclásico vs o enfoque evolucionista. O enfoque dos réximes socio-técnicos. C. Evolución das políticas de eco-innovación e economía circular: cara á políticas sistémicas.
7. POLÍTICAS E INSTRUMENTOS DE ECO-INNOVACIÓN E ECONOMÍA CIRCULAR. A. Instrumentos de política ambiental (comando e control, instrumentos económicos, instrumentos voluntarios) e eco-innovación. B. Políticas e instrumentos de eco-innovación e economía circular: programas de apoio á I+D, verificación tecnolóxica, estándares de rendemento, instrumentos financeiros, contratación pública, ...
Bibliografía básica
Nogueira, Alba, Vence, Xavier (dirs.) (2021), Redondear la economía circular. Del discurso oficial a las políticas necesarias, Aranzadi
Martin Calisto Friant, Walter J.V. Vermeulen, Roberta Salomone, "Analysing European Union circular economy policies: words versus actions", Sustainable Production and Consumption, Volume 27, 2021, https://doi.org/10.1016/j.spc.2020.11.001
Eléonore Maitre-Ekern (2017), The Choice of Regulatory Instruments for a Circular Economy, Springer International Publishing en K. Mathis, B.R. Huber (eds.), Environmental Law and Economics, Economic
Analysis of Law in European Legal Scholarship 4,DOI 10.1007/978-3-319-50932-7_12
EEA. (2019). Sustainability transitions: policy and practice. EEA Report No. 09/2019 (Issue 09). https://www.eea.europa.eu/publications/sustainability-transitions-polic…
Nill, J., & Kemp, R. (2009). Evolutionary approaches for sustainable innovation policies: From niche to paradigm? Research Policy, 38(4), 668–680. https://doi.org/10.1016/j.respol.2009.01.011
Pereira, Á., & Vence, X. (2015). Environmental Policy Instruments and Eco-innovation: An Overview of Recent Studies. Innovar Journal. Social and Management Sciences Journal, 25(58), 65–80. https://doi.org/10.15446/innovar.v25n58.52426.CITACI
Pereira, Á., & Vence, X. (2022). Eco-innovación y políticas de eco-innovación: una valoración crítica de la política europea. In Xavier Vence (Ed.), Economía Circular y Cambio Sistémico. Límites planetarios vs límites del capitalismo (pp. 408–441). Fondo de Cultura Económica.
Bibliografía complementaria
Maitre-Ekern E, Dalhammar C. Towards a hierarchy of consumption behaviour in the circular economy. Maastricht Journal of European and Comparative Law. 2019;26(3):394-420. doi:10.1177/1023263X19840943
Leah Chan Grinvald and Ofer Tur-Sinai, Intellectual Property Law and the Right to Repair, 88 Fordham L. Rev. 63 (2019). https://ir.lawnet.fordham.edu/flr/vol88/iss1/3
Anna Gerbrandy (2019), Rethinking Competition Law within the European Economic Constitution
JCMS: Journal of Common Market Studies, DOI: 10.1111/jcms.12814
del Río, P., Carrillo-Hermosilla, J., & Könnölä, T. (2010). Policy strategies to promote eco-innovation. Journal of Industrial Ecology, 14(4), 541–557. https://doi.org/10.1111/j.1530-9290.2010.00259.x
Vence, Xavier. (2007). Crecimiento y políticas de innovación. Nuevas tendencias y experiencias comparadas (Xavier Vence (ed.)). Ediciones Pirámide.
Competencias xerais:
CB6- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7- Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo;
CB8- Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
CB9- Saber comunicar conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
CB10- Adquirir as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
Competencias transversais
CT1 Comunicación oral e escrita
CT4 Autonomía na aprendizaxe
CT5 Traballo en equipo
CT6 Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais
CT8 Competencia para a procura e xestión da información e datos
Competencias específicas
CE6 -Coñecer a normativa ambiental vixente e as políticas e programas de apoio e fomento da ecoinnovación e da economía circular
CE7- Coñecer os distintos compoñentes dos sistemas de innovación e as políticas e programas de apoio e fomento da I+D e a innovación no ámbito europeo. , Nivel español e galego
CE8- Coñecer os diferentes instrumentos para deseñar, analizar, avaliar e xestionar plans e programas estratéxicos de fomento da I+D, a innovación, a sustentabilidade e a economía circular nos distintos niveis de goberno (europeo, estatal, autonómico e local).
CE10- Concibir, deseñar, poñer en práctica e xestionar programas e accións de I+D, economía circular, innovación ou desenvolvemento sectorial nas áreas de especialización (rexional, local, sectorial, empresarial).
O ensino da materia desenvolverase a través de actividades de docencia expositiva e de docencia interactiva, todas elas de carácter presencial.
Un soporte esencial está constituído pola aula Virtual da materia, na que o alumnado pode atopar: i) as presentacións para cada clase de docencia expositiva; ii) as instrucións das actividades a realizar e os materiais para traballar en cada unha das sesións de docencia interactiva; iii) as lecturas obrigatorias para cada tema.
As titorías terán lugar esencialmente de modo presencial, complementadas coa resolución de dúbidas a través do foro do Campus Virtual e o correo electrónico institucional.
O sistema de avaliación consistirá na realización dunha proba final (exame) e na avaliación continua.
Exame: 65%
Participación activa en clase: 10%
Realización de traballos e presentación dos mesmos: 25%
O sistema de avaliación na segunda oportunidade será igual que o descrito na primeira, de tal maneira que se terá en conta a nota referida á entrega de tarefas e participación na aula xa obtida (cualificación do 35%), e realizarase un novo exame sobre os temas explicados nas aulas (que volverá contar o 65% na cualificación final).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia é preciso concorrer ao exame final, polo que ós alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo se lles fará constar na acta a mención de "Non presentado".
Os alumnos que teñan concedida exención de docencia poderán suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coa elaboración e presentación dunha memoria de prácticas de acordo coas instruccións que lles imparta o profesor nas correspondentes titorías.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA 26 Horas
Clases de taboleiro 9
Clases prácticas 12
Titorías en grupo ou individuais 3
Avaliación 2
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO 49 Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo 27
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 12
Lecturas recomendadas, preparación de presentacións orais, debates ou similar 10
HORAS TOTAIS DE TRABALLO DO ALUMNO: 75
Recomendase ó alumnado o seguimento continuado das clases presenciais, así como a consulta da bibliografia básica e complementaria sinalada polo profesorado a medida que se desenvolve o programa.
Cada alumno/a deberá adicar un tempo adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidese xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.
María Da Alba Nogueira López
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814683
- Correo electrónico
- alba.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Angeles Pereira Sanchez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- angeles.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 09 |
17.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
17.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
05.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
05.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |