Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 22 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia, Economía Aplicada
Áreas: Arqueoloxía, Prehistoria, Historia e Institucións Económicas
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo da materia é coñecer o patrimonio arqueolóxico e industrial e obter as competencias necesarias en distintas estratexias de dixitalización e virtualización do mesmo co fin de garantir todo o proceso de documentación e estudo dos bens.
A temática da materia abrangue distintas facetas do tratamento dixital da información arqueolóxica e patrimonial, orientada ao estudo, conservación, divulgación e xestión do patrimonio cultural. A materia pretende que se obteña unha visión de conxunto das distintas técnicas e métodos de xestión e virtualización do patrimonio, reflexionar sobre o seu potencial e aplicacións principais, e recoñecer unha primeira aproximación a algunhas delas.
Nesta matería danse a coñecer os principais trazos distintivos do patrimonio arqueolóxico e industrial poñendo en valor o conxunto de restos da cultura industrial que posuen un valor histórico, tecnolóxico, e social. Na mesma trátase de entender e dar recoñecemento a cultura do traballo e da empresa que integra a memoria histórica xerada a partir das actividades de extracción, de transformación, de transporte, de distribución e de xestión xerados dende os procesos de industrialización e que avanzan na actualidade cara a un proceso de desenvolvemento avanzado e sostible.
No ámbito do patrimonio arqueolóxico, a dixitalización cumpre un papel comunicativo, educativo, promocional e permite investigar, con métodos e técnicas informáticas, a materialidade do pasado. O uso da fotografía dixital, os tratamentos 3D de lugares e obxectos arqueolóxicos ou artísticos e elementos etnográficos, as reconstrucións virtuais ou o emprego de sistemas audiovisuais e de virtualización son algúns dos elementos a presentar e manexar. Os contidos estrutúranse en torno aos seguintes apartados:
1. Dixitalización no ámbito do patrimonio arqueolóxico e etnográfico.
2. Uso da fotografía analítica e dixital.
3. Tratamentos 3D de lugares e obxectos arqueolóxicos ou artísticos e elementos etnográficos.
4. Reconstrucións virtuais.
5. Empleo de sistemas audiovisuais e de virtualización.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Daly, Patrick, and Thoms L. Evans (eds) (2005). Digital Archaeology. Bridging Method and Theory: Routledge.
- Douet, James (2013): Industrial Heritage The TICCIH Guide to Industrial Heritage Conservation. New York. Routledge
- Gold, M. K., Klein, L. F. (eds). (2016). Debates in the digital humanities. University of Minnesota Press.
- English Heritage (2017). Photogrammetric Applications for Cultural Heritage. Guidance for Good Practice. Swindon. Historic England. https://historicengland.org.uk/images-books/publications/photogrammetri…
- English Heritage (2018). 3D Laser Scanning for Heritage. Advice and guidance on the use of laser scanning in archaeology and architecture. Swindon. Historic England. https://historicengland.org.uk/images-books/publications/3d-laser-scann…
- Parcak, S. (2017, March 06). GIS, Remote Sensing, and Landscape Archaeology. Oxford Handbooks Online: https://www.oxfordhandbooks.com/view/10.1093/oxfordhb/9780199935413.001….
- Remondino, F., Campana, S. (2014). 3D Modeling in Archaeology and Cultural Heritage: Theory and Best Practices. Oxford: Archaeopress.
- Varios autores (2010). Patrimonio Industrial y paisaje. Patrimonio y Arqueología Industrial, TICCIH. CICEES, Gijón.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Aicardi, I., Chiabrando, F., Lingua, A.M., Noardo, F. (2018). Recent trends in cultural heritage 3D survey: The photogrammetric computer vision approach, Journal of Cultural Heritage 32: 257-266.
- Barsanti, S. G., Remondino, F., Visintini, D. (2013). 3D Surveying and Modelling of Archaeological Sites – some critical issues, ISPRS Photogrammetry, Remote Sensing and Spatial Information Sciences, September: 2–6.
- Butterworth, J., Pearson, A., Sutherland, P., Farquhar, A. (eds.). Remote Capture: Digitising Documentary Heritage in Challenging Locations. Cambridge: Open Book Publishers, 2018. https://doi.org/10.11647/OBP.0138
- Frischer, B., Dakouri-Hild, A. (2008). Beyond Illustration: 2D and 3D Digital Technologies as Tools for Discovery in Archaeology. Oxford: BAR International Series.
- Lillesand, T. M., Kiefer, R. W., Chipman, J. (2015). Remote Sensing and Image Interpretation. John Wiley & Sons.
- Ortiz Calderón, P., Pinto Puerto, F., Verhagen, P., Prieto, A. (2020). Science and Digital Technology for Cultural Heritage - Interdisciplinary Approach to Diagnosis, Vulnerability, Risk Assessment and Graphic Information Models. Proceedings of the 4th International Congress Science and Technology for the Conservation of Cultural Heritage (TechnoHeritage 2019), March 26-30, 2019, Sevilla, Spain.
- Sobrino Simal, & Sanz Carlos, M. (2019). Pensando el patrimonio industrial. Los retos del siglo XXI. Periférica Internacional. Revista Para El análisis De La Cultura Y El Territorio, (20), 88–99. https://doi.org/10.25267/Periferica.2019.i20.11
Wilson, A. T., Edwards, B. (2015). Open Source Archaeology. Ethics and Practice. De Gruyter Open, https://doi.org/10.1515/9783110440171
Competencias básicas:
- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos en contextos máis amplos (ou multidisciplinares) na súa área de estudo.
- Capacidade para integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, incorpore reflexións sobre as responsabilidades sociais e étnicas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos ou xuízos.
- Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permiten continuar de xeito autónomo ou autodirixido.
Competencias xerais:
- Construír, xestionar e difundir o patrimonio dixital e o tratamento dixital do patrimonio en todas as súas acepcións.
- Aplicar o coñecemento na implantación de proxectos patrimoniais no entorno dixital.
- Utilizar axeitadamente as ferramentas tecnolóxicas precisas para a adquisición, procesado, xestión e difusión do patrimonio cultural.
- Traballar en equipos interdisciplinares en ámbitos institucionais de xestión cultural.
- Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural unindo coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.
Competencias transversais:
- Adaptar o uso e transferencia do coñecemento a novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico.
- Adquirir un compromiso ético coas diversas formas de comunicación en entornos dixitais.
- Comprender os valores de igualidade, sosteñibilidade ambiental e o dereito ao acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.
A materia combinará dúas formas esenciais de docencia presencial (expositiva e interactiva) e unha parte práctica de traballo persoal dos estudantes.
As clases teóricas consistirán na exposición por parte do profesorado, dos principais trazos distintivos do patrimonio arqueolóxico e industrial poñendo en valor o conxunto de restos da cultura arqueoloxíca e industrial que posuen un valor histórico, tecnolóxico, e social. Asemade explicaranse as técnicas de dixitalización do patrimonio e do seu potencial en distintas esferas do coñecemento, con especial fincapé na aplicación práctica e exposición de exemplos.
As clases prácticas consistirán na aplicación práctica e no desenvolvemento de distintos exercicios seguindo algunha destas técnicas e empregando software específico.
Levaranse a termo unha ou dúas prácticas de campo consistentes en visitas a museos, exposicións, lugares representativos do patrimonio arqueolóxico de Galicia.
- Avaliación continua (participación, exercicios, asistencia): 30%
- Exposición oral e entrega de traballos: 70%
Actividades presenciais do alumnado:
- Docencia teórica: 15 horas (presenciais)
- Docencia interactiva seminario: 2 horas (presenciais)
- Docencia interactiva laboratorio/aula informática: 20 horas (presenciais)
Total: 37 horas
Horas de traballo individual do alumnado:
- Estudo autónomo: 20 horas
- Elaboración do traballo: 43 horas
- Preparación de memorias, exercicios e actividades relacionadas coa avaliación continua: 25 horas
Total: 88 horas
Total horas da materia: 125 horas
- O estudante debe coñecer o manexo básico de paquetes ofimáticos xerais (Open Office, Microsoft Office).
- O estudante debe saber manexar programas colaborativos estándares (Microsoft Teams, Zoom, Skype).
- Recoméndase o manexo de un ou máis idiomas estranxeiros (especialmente inglés).
Por comodidade e facilidade para a realización dos traballos prácticos, o software utilizado nas clases será open access. Recoméndase ao alumnado a instalación nos seus propios equipos informáticos do software en aberto usado durante a materia. Igualmente, é conveniente que acheguen os seus equipos portátiles ás aulas. En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Luisa Maria Muñoz Abeledo
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881812638
- Correo electrónico
- luisamaria.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Carlos Sanchez Pardo
- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Teléfono
- 881812561
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Carrero Pazos
- Departamento
- Historia
- Área
- Prehistoria
- Teléfono
- 881812565
- Correo electrónico
- miguel.carrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mario Pereiro Fernandez
- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Correo electrónico
- mario.pereiro [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 16 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 16 |
30.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
02.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |