Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Botánica, Zooloxía, Produción Vexetal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Na Memoria Verificada da titulación recóllense coma obxectivos principais desta materia os seguintes:
1) Coñecimentos básicos sobre a biodiversidade
2) Problemática da conservación e xestión da biodiversidade
De maneira máis detallada, os obxectivos desta materia céntranse na asimilación dos conceptos de biodiversidade e ecosistema, así como na vertebración destes no Convenio da Diversidade Biolóxica e na Estratexia Europea da Biodiversidade, para posteriormente abordar a configuración dos compoñentes da biodiversidade (especies, hábitats) no ámbito territorial de Galicia. Finalmente, estes conceptos deberán ser utilizados na elaboración dos traballos que se presentarán como parte dos métodos de avaliación da materia.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Elementos integrantes do medio natural.
- A conservación da flora e fauna silvestre.
- O recoñecemento e estudio de ecosistemas e hábitats.
- Exemplos de integración do medio natural na organización, deseño e desenvolvemento de actividades educativas na natureza e ao aire libre.
Estes contidos desenvolveranse da cordo ao seguinte temario:
Programa teórico
1.- Concepto de Biodiversidade: Convenio da Biodiversidade Biolóxica e Estratexia Europea da Biodiversidade.
2.- Riqueza e diversidade específica
3.- Especies protexidas
4.- Especies invasoras
5.- Concepto de Ecosistema: expresión territorial da biodiversidade
6.- Hábitats de Interese Comunitario
7.- Ameazas e xestión da biodiversidade
8.- Areas Protexidas, uso público e actividades na Natureza
Programa práctico
Dentro do horario dedicado a clases interactivas realizaranse viaxes de prácticas nas que se visitarán distintos Espazos Protexidos co fin de describir e avaliar os compoñentes da biodiversidade (especies, ecosistemas), así como as presións e ameazas causadas polo ser humano. Estas actividades levaranse a cabo de xeito coordinado coas outras dúas materias que integran o Módulo 3 desta Titulación (“P3281107 Coñecemento xeográfico do medio natural” e “P3281108 Natureza, paisaxe e arquitectura rural”.
Bibliografía básica
- Begon, M., Harper, J.L. & Townsend, C.R. (1999). Ecología. Individuos, poblaciones y comunidades (3ª ed.). Ed. Omega. Barcelona.
- CDB (1993). Convenio sobre la Diversidad Biológica, Río de Janeiro, 1992. Tratados Internacionales de las Naciones Unida. New York. (https://www.cbd.int/doc/legal/cbd-es.pdf).
- Comisión Europea (2011). Estrategia de la UE sobre la Biodiversidad hasta 2020. Oficina de Publicaciones de la Unión Europea. Luxemburgo.
- Ramil Rego P. et al. (2005). La expresión territorial de la biodiversidad. Paisajes y hábitats. Recursos Rurais, Serie Cursos e Monografías 2: 109-123.
- Ramil Rego, P. et al. (2009). Os hábitats de interese comunitario en Galicia. 2 Vol. Recursos Rurais. IBADER. Lugo.
- Ramil Rego, P. et al. (2011). Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Documento Técnico. 1 Vol. + 7 Anexos. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.
- Ramil-Rego, P., Ferreiro da Costa, J., Gómez-Orellana, L., López Castro, H., Oreiro Rey, C., Rodríguez Guitián, M.A. (2021). Áreas Naturales Protegidas, de las propuestas pioneras a los nuevos paradigmas en pro de la salvaguarda de la Naturaleza. Monografías do IBADER. Serie Biodiversidade. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. p 918.
Bibliografía complementaria
- Delibes De Castro, M. (2001). Vida: la naturaleza en peligro. Temas de Hoy. Madrid.
- Díaz-Fierros, F. & López Silvestre, F., (Eds.)(2009): Olladas críticas sobre a paisaxe. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.
- Morales Miranda, J. & Guerra Rosado, F. (1992): Uso público y recepción en Espacios Naturales Protegidos. Seminario permanente de educación ambiental en Espacios Naturales Protegidos. Secretaria General de Medio Ambiente. MOPT. Sevilla.
- Pascual Trillo, J.A. (2001). La vida amenazada: cuestiones sobre la biodiversidad. Ed. Nivela. Madrid.
- Pineda, P.D., De Miguel, J.M., Casado, M.A. & Montalvo J. (2002). La diversidad biológica de España. Prentice Hall-Pearson Education. Madrid.
- Ramil-Rego, P. (2009). Sinopse dos agrosistemas de Galicia. En: X. Simón Fernández & D. Copena Rodríguez (Eds.): 51-70. Construíndo un rural agroecolóxico. Universidade de Vigo.
- Ramil-Rego, P. & Ferreiro Da Costa, J. (2015). Guia de campo para a interpretación do feismo na paisaxe de Galicia. Horreum. Ibader. Lugo.
- Ricklefs, R.E. (1998). Invitación a la Ecología. La economía de la Naturaleza. Ed. Médica Panamericana. Buenos Aires, Madrid.
Bibliografía complementaria (en inglés)
- Martínez Sánchez, S.; Ramil-Rego, P. & Chuvieco, E. (2010). Monitoring loss of biodiversity in cultural landscapes. New methodology based on satellite data. Landscape and urban Planning 94 (2): 127-140.
- Martínez Sánchez, S., Ramil Rego, P., Sánchez Hinojo, B. & Chuvieco Salinero, E. (2011). Assessing Loss of Biodiversity in Europe Through Remote Sensing: The Necessity of New Methodologies. En: O. Grillo & G. Venora (Eds.): Biodiversity loss in a changing planet: 19-48. In Tech. Rijeka, Croatia.
- Schulze, E.D. & Mooney, H.A. (1994). Biodiversity and ecosystem function. Springer-Verlag. Berlin-Heidelberg.
Páxinas web.
http://biodiversity.eionet.europa.eu/
http://eunis.eea.europa.eu/
http://europa.eu/legislation_summaries/agriculture/environment/index_es…
http://www.eea.europa.eu/es
http://www.ibader.gal/
http://www.floraiberica.org/
http://www.natura.org/
Nesta materia os estudantes adquirirán ou poñerán en práctica unha serie de competencias básicas, intrínsecas a calquera titulación universitaria, e específicas vinculadas aos obxectivos propios da materia. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas (CB)
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais i éticas vinculadas á aplicación dose seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
Competencias específicas (CE):
CE8 - Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades educativas.
CE9 - Que los estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais.
A metodoloxía de ensinanza susténtase en clases teóricas (maxistrais e reversas), clases prácticas (viaxes de campo) e a titoración do proceso de elaboración dun traballo en grupo. Todas estas actividades teñen un carácter presencial.
As clases teóricas presentan unha síntese actualizada do conxunto de coñecementos dispoñibles sobre a diversidade biolóxica do territorio galego, os seus compoñentes e o seu valor desde o punto de vista da educación ambiental. Tamén servirán para iniciar ós estudantes na busca e análise de información sobre biodiversidade e ecosistemas que resulte útil para os obxectivos da mesma. Alo menos en parte, estas sesións teóricas terán un carácter interactivo (clases reversas), relacionado coa discusión na aula de certos temas ou lecturas recomendadas previamente e á confección de pequenos traballos, a traveso dos que se realizará a avaliación das competencias CB8, CB9, CE8 e CE9.
Durante as clases prácticas visitaranse varios Espazos Naturais con diferente representación dos tipos máis sobresaíntes de ecosistemas (hábitats) e especies presentes en Galicia, nos que se estudiarán as ameazas que afectan a estes compoñentes da biodiversidade.
Os estudantes serán atendidos en titorías de grupos reducidos para orientar o seu proceso de elaboración do traballo conxunto das materias do módulo (2 horas repartidas en catro sesións). O desenvolvemento desta modalidade docente permitirá avaliar as competencias CB8, CB9, CE8 e CE9.
A información básica sobre os contidos da materia, así como o material complementario útil para o traballo persoal dos alumnos será proporcionada a traveso do Campus Virtual da USC.
A avaliación do grado de adquisición das competencias relacionadas coa materia realizarase por medio de tres vías:
- á valoración do grao de participación nas actividades específicas da materia.
- a realización dunha proba escrita (exame) sobre os contidos da materia.
- a elaboración dun traballo de grupo que versará sobre contidos abordados polo conxunto de materias que conforman o módulo 3 (traballo de módulo).
Tendo en conta os intervalos establecidos na Memoria Verificada da titulación, establécese o seguinte cadro de correspondencias entre os sistemas de avaliación empregados, as competencias avaliadas e o peso de cada sistema na cualificación final:
Sistema de avaliación Competencias Ponderación mín. (%) Ponderación máx. (%)
- Participación nas aulas: CE8, CE9 15% 15%
- Realización da proba escrita: CB8, CB9, CE8,CE9 35% 35%
- Elaboración do traballo de módulo 3: CB8, CB9 50% 50%
A proba escrita realizarase nas datas e horas indicadas no horario académico oficial da titulación. Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas ao aire libre que están sinaladas no horario académico.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estímase que, para superar a materia, os estudantes deberían adicar o seguinte tempo de traballo persoal:
Tipo de traballo Nº de horas
Lecturas recomendadas e búsquedas bibliográficas 18
Elaboración de traballos propios da materia 30
TOTAL horas 48
Recomendase asistir ás actividades docentes programadas na materia así como facer uso dos materiais que se proporcionarán a traveso da Plataforma do Campus Virtual da USC.
Calquera dúbida relativa aos contidos teóricos, o desenvolvemento das prácticas ou a elaboración dos traballos da materia poderán ser resoltos dentro do horario de titorías dos profesores responsables da materia ou ben, mediante consulta telemática a traveso de correo electrónico dirixido a:
manuelantonio.rodriguez [at] usc.es (manuelantonio[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
ramil.rego [at] gmail.com (ramil[dot]rego[at]gmail[dot]com)
jesus.dominguez [at] usc.es (jesus[dot]dominguez[at]usc[dot]es)
Tamén se contempla, se existen causas xustificadas, a realización de titorías virtuais mediante o software Teams ou similar.
Pablo Ramil Rego
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ramil.rego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Antonio Rodriguez Guitian
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- manuelantonio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Elvira Antonia Diaz Vizcaino
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- elvira.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jesus Dominguez Conde
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813268
- Correo electrónico
- jesus.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 30 |
16.01.2025 16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
02.07.2025 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |