Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 298.7 Horas de Titorías: 1 Clase Interactiva: 0.3 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir formación práctica e experiencia laboral que aumenta as oportunidades de integración do alumnado no mercado de traballo ao remate dos estudos.
Coas prácticas coñécese dende dentro o día a día dunha empresa, dun centro de investigación, dun concello ou de calquera outro organismo oficial.
Poden realizar as prácticas os alumnos e alumnas do Grao a partir do 3.º curso.
Hai tres modalidades de prácticas:
• Alumnado que solicita algunha das empresas coas que a EPSE ten convenio de colaboración.
• Nunha empresa cuxo convenio é xestionado coa intermediación do propio estudante.
• Alumnado que solicita algunha das ofertas lanzadas polas empresas.
Coordinación das prácticas:
Emilio V. Carral Vilariño
Subdirector de Prácticas Externas e Orientación Laboral
Teléfono: 982 823 014
Email: eps.orientacion [at] usc.es (eps[dot]orientacion[at]usc[dot]es)
A USC ofrece ao alumnado a posibilidade de facer prácticas en empresas e outras entidades públicas e privadas, como complemento da súa formación académica. Este programa se ampara nun convenio de cooperación educativa, polo que non hai vinculación laboral coa empresa onde se realizan as prácticas.
Os contidos son variables dependendo da empresa de que se trate.
O plan de traballo será elaborado pola empresa según o que se recolle no anexo de prácticas ligado ao convenio de colaboración que as empresas teñen que asinar coa universidade antes de que o alumno realice os traballos de prácticas. O plan de traballo previsto será supervisado e asinado polo/a titor/a académico/a.
Diferentes competencias xerais e específicas da titulación en función do tipo de empresa.
O/A estudante realizará as tarefas programadas no plan de traballo previsto. Ao finalizar as prácticas o/a estudante terá que entregar unha memoria de prácticas.
O alumnado deberá respectar as normas de funcionamento da empresa e seguir as indicacións do profesorado encargado da supervisión do estudantado.
A avaliación farase tendo en conta as cualificacións de ambolos/as dous/dúas titores/as.
A cualificación do titor/a da empresa contará un 70% da nota final. Éste/a avaliará o traballo desempeñado polo/a estudante atendendo a unha serie de criterios: asistencia e puntualidade, respecto polas normas, interese polo traballo, capacidade de aprendizaxe, autonomía e toma de decisións, planificación e organización do traballo, traballo en equipo, adaptación e resolución de problemas, coñecemento das técnicas e procedementos para o traballo, manexo de ferramentas (maquinaria, aplicacións informáticas, etc.), comunicación oral, comunicación escrita.
O titor/a académico/a avaliará a memoria de prácticas entregada polo/a estudante e contará un 30% da nota final.
As Prácticas Externas equivalen a unha materia optativa de 6 créditos (150 horas de traballo).
Plan de CONTINXENCIA para o curso académico 2021-2022
As prácticas externas pódense facer en diferentes entidades tanto públicas como privadas.
As medidas a adoptar nos diferentes escenarios dependerá das características de cada entidade.
A avaliación manterase exactamente igual nos distintos escenarios.
No caso que sexa imposible manter as medidas sanitarias e a seguridade do alumnado no desenvolvemento das prácticas externas, éstas poderanse aplazar ou incluso suspender, podendo, neste útlimo caso, solicitar unhas novas prácticas de empresa noutra entidade.