Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer os principios da agricultura e gandería de precisión e da robótica móbil para o sector primario. Coñecer os fundamentos da climatización, colleita e poscolleita, robótica de manexo animal e de sistemas de cultivo intelixentes. Fundamentos no deseño de automatismos e sensores aplicados aos invernadoiros, granxas intelixentes, sistemas intelixentes de ordeño, distribución de alimento e auga e o rega intelixente.
Os contidos da materia recollidos na memoria da titulación son:
Agricultura de precisión e robótica móbil para o sector primario. Climatización, colleita e postcolleita, robótica de manexo animal, sistemas de cultivo intelixentes.
Os contidos citados desenvolveranse de acordo co seguintes programa de clases expositivas, seminarios de resolución de problemas e de prácticas
Programa
A) CLASES EXPOSITIVAS (24 h)
Bloque I. Automatización e robotización gandeira (12 h)
Tema I. Posibilidades de aplicación da robótica nos sistemas de produción animal (2 h / 2 h)
Tema 2. Gandaría de precisión e dixitalización na produción animal (2 h / 4 h)
Tema 3. Alimentación de precisión e robotización na distribución dos alimentos. (2 h /4 h)
Tema 4. Introdución ós sistemas de muxido robotizado (2 h / 4 h)
Tema 5. Presente e futuro da robotización do muxido (2 h / 4 h)
Tema 6. A Robotización nas granxas avícolas, climatización e control ambiental (1 h /4 h)
Tema 7. Outras aplicacións da robótica nos sistemas de manexo animal (1h / 2h)
Bloque II. Automatización e robotización agrícola (12 h)
Tema 8. Automatización e robótica no sector agrícola (1 h/ 2 h)
Tema 9. Agricultura de precisión (3 h/ 6 h)
Tema 10. Automatización do tractor agrícola (3 h / 6 h)
Tema 11. O tractor autónomo (3 h/ 6 h)
Tema 12. Automatización e robotización de operacións mecanizadas (2 h / 4 h)
B) PRÁCTICAS DE TALLER E DE CAMPO (24h)
Bloque I. Prácticas de robótica gandeira (12 h)
Práctica 1: Muxido de precisión (4h)
Práctica 2: Viaxe de prácticas: visita á “Granxa Gayoso Castro” Gandaría de precisión e muxido robotizado (4 h)
Práctica 3: Viaxe de prácticas: robotización integral en explotacións gandeiras (4h)
Bloque II. Prácticas de robótica agrícola (12 h)
Práctica 4. Software para agricultura de precisión: SMS Advanced (6 h)
Práctica 5. Comunicación entre máquinas agrícolas: Isobus (2 h)
Práctica 6. Autoguiado de maquinaria agrícola (2 h)
Práctica 7. Sensores en maquinaria agrícola (2 h)
C) TITORÍAS EN GRUPO (3 h)
Nas sesións de titorías en grupo abordaranse as dúbidas expostas polos alumnos sobre os problemas formulados nas sesións teóricas e nas prácticas.
Bibliografía básica:
Bechar A. 2021. Innovation in Agricultural Robotics for Precision Agriculture. Springer Nature Switzerland AG. 210 pp.
Giordano J.M., Gallardo M., Bragachini M., Peiretti J., Cattani P., Casini C. 2010. Mecanización de la alimentación. INTA E.E.A. Manfredi. Córdoba (AR) 100 pp.
Hulsen J., Rodenburg J. 2012. Robotic milking. Roodbont publishers. Zutphen 52 pp.
Karkee M., Zhang Q. 2021. Fundamentals of Agricultural and Field Robotics. Springer Nature Switzerland AG. 455 pp.
Lenain R., Peyrache J., Savary A., Séverac G. 2021. Agricultural robotics: part of the new deal? FIRA 2020 conclusions. Editions Quae. 80 pp.
Pomiès D., Bony J. 2002. Le robot de traite. INRA editions. 120 pp.
Rodríguez F., Berenguel M. 2004. Control y robótica en Agricultura. Monografías Ciencia y Tecnología 25. Universidad de Almería. 433 pp.
Bibliografía complementaria:
Chen G. 2018. Advances in Agricultural Machinery and Technologies. CRC Press. 488 pp.
Krishna K.R. 2016. Push Button Agriculture: Robotics, Drones, Satellite-Guided Soil and Crop Management. Apple Academic Press. 470 pp.
Pereira J.M.; Castro A. (2014). Una visión actual de los sistemas de ordeño robotizado. Revista AFRIGA, vol. 112, pp. 32-46. Asociación Frisona Galega.
Pereira J.M., Bueno J. 2011. Gestión de residuos orgánicos de uso agrícola: Manipulación y tratamiento de purines en las explotaciones ganaderas. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela pp. 85-96.
Singh R., Gehlot A., Swain M., Katal N. 2021. Robotics in Agriculture. New India Publishing Agency (NIPA). 120 pp.
Zhang D., Wei B. 2018. Robotics and Mecatronics for Agriculture. CRC Press. 222 pp.
Zhang Q., Pierce F.J. 2013. Agricultural Automation: fundamentals and practices. CRC Press. 411 pp.
Esta materia contribuirá ao desenvolvemento ou mellora das seguintes competencias que figuran na memoria do título:
Competencias básicas
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5: Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG4: Saber as necesidades tecnolóxicas da sociedade e a industria, e ser capaz de mellorar servizos e procesos de produción aplicando tecnoloxía actual de robótica, mediante a elección, adquisición e posta en marcha de sistemas robóticos en diferentes aplicacións, tanto industriais como de servizos.
Competencias transversais
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidad para trabajar en grupo y abarcar situaciones problemáticas de forma colectiva
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9: Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10: Utilización de información bibliográfica e da internet.
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas
CE9: Coñece-los sensores habituais en robótica, o seu funcionamento, así como os métodos e técnicas para o tratamento da información captada.
Materia cuadrimestral, con 24 horas de clases maxistrais participativas, apoiadas na utilización do computador con presentacións, animacións e a utilización da pizarra. Os alumnos deberán responder en non menos do 50% das aulas a cuestións breves ou exercicios relacionados cos contidos e a temas tratados polo profesor ó longo curso. (competencias CB3, CB4, CB5, CG4, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT12, CE9).
Prácticas de taller e viaxes de campo (24 h), utilizando todos os medios dos que dispoñemos, aplicando metodoloxías e técnicas a casos concretos. (competencias CG4, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT12, CE9).
Contémplanse tres horas de titorías en grupos reducidos nas que os alumnos abordarán conxuntamente problemas da temática abordada na materia e a implementación de casos prácticos (competencias CT4, CT7, CT12, CE9).
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno (competencias CT9, CT10).
Asistencia e cuestións entregadas e/ou presentadas, propostas nas aulas (10%): Competencias CT2, CT3, CT4, CT5, CT7, CT8, CT12
Proba ou probas, orais e/ou escritas (70%): CB3, CB4, CB5, CG4, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT12, CE9
Aproveitamento das prácticas (20%): Competencias CB3, CG4, CT4, CT12
Para aprobar a materia é imprescindible superar, de forma independente, a teoría e as prácticas. Os alumnos deberán entregar un caderno de prácticas, tras a finalización das mesmas, explicando as metodoloxías desenvoltas e respondendo as cuestións formuladas. Os alumnos que non asistan a un mínimo do 75% deberán superar obrigatoriamente un exame de prácticas.
Os aprobados en Teoría ou en Prácticas gárdanse da primeira á segunda oportunidade pero non para o seguinte curso. Non está prevista a realización de exames parciais durante o período lectivo. Se durante o curso decidísese, por acordo entre profesor e alumnos, a celebración dalgunha proba parcial, será condición indispensable, para poder realizala, asistir a, polo menos, o 75 % das clases presenciais que a precederan.
Os criterios e sistemas de avaliación son os mesmos para todas as convocatorias e todos os alumnos da materia, tanto repetidores como os de dispensa académica.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido
na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
As horas dedicadas á materia axustaríanse, segundo o previsto polo sistema de créditos ECTS: 6 créditos ECTS x 25 horas/crédito = 150 horas de dedicación.
DOCENCIA PRESENCIAL (54 h)
Clases expositivas: 24,0
Prácticas: 24,0
Titorías individuais: 3,0
Exames e revisións: 3,0
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (96 h):
Lectura e preparación de temas de teoría: 24,0
Realización de exercicios: 12,0
Prácticas (preparación previa e traballo posterior): 24,0
Exames (preparación): 36,0
TOTAL: 150 h
Asistencia a todas as actividades docentes.
Facer uso de las titorías para resolver dúbidas relacionadas coa materia.
Coñecer e utilizar documentación que se pon ao dispor do alumno no Campus Virtual
Organización, ordenación e posta o día da documentación (apuntamentos, etc).
Estudar día a día, no deixalo para los días previos ao exame.
"Materia en extinción no curso 2024/25, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores"