Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Proporcionar unha comprensión de conxunto sobre a Política Exterior de España, os seus antecedentes, o proceso de decisión e a súa execución no mundo actual.
- Dotar ao alumnado de capacidades técnicas abondo para aplicar por si mesmo as destrezas básicas da disciplina de Relacións Internacionais de modo que, ademais de analizar, comprender e explicar a Política Exterior de España poida formular hipótese que lle axude a crear novos coñecementos a través da investigación.
- Capacitar ao alumnado para transmitir e comunicar a terceiros os coñecementos propios deste campo a través da elaboración de discursos coherentes: alentar no alumnado a argumentación lóxica e racional, o emprego da terminoloxía e as ferramentas dialécticas propias do campo disciplinar, así como fomentar a súa capacidade de razoamento, reflexión e espírito crítico.
Tema 1. Introdución ao estudo da Política Exterior
1.1. A noción de política exterior
1.2. Principais aspectos da política exterior dun estado
Tema 2. A política exterior española
2.1. Os actores e o proceso de elaboración da política exterior española
2.2. Marco constitucional e institucional
2.3. O goberno e a administración exterior do Estado
2.4. Outros sectores da administración exterior do Estado
Tema 3. Antecedentes históricos
3.1. Un breve esbozo histórico da política exterior ata a guerra civil
3.2. A política exterior durante a ditadura franquista
3.3. A transición
3.4. A política exterior do Estado democrático
Tema 4. Áreas sectoriais e xeográficas da política exterior española
4.1. A política europea
4.2. A política de seguridade e defensa
4.3. A política mediterránea
4.4. A política cara a América Latina
4.5. Outras áreas xeográficas. Asia e África
ARENAL, C. del: Política exterior de España y relaciones con América Latina. Madrid, Fundación Carolina – Siglo XXI, 2011.
ARIAS, I.: Los presidentes y la diplomacia. Barcelona, Plaza y Janés, 2012.
BALLESTEROS, A.: La batalla de los tres contenciosos: Gibraltar, Ceuta y Melilla y Sahara Occidental. Burgos, Dossoles, 2010.
BARBÉ, E. y SOLER Y LECHA, E.: Spanish Foreign Policy: Navigating Global Shifts and Domestic Crises. En JOLY, J. K. y HAESEBROUCK, T, (eds.). Foreign Policy Change in Europe Since 1991. Palgrave Macmillan, 2021, pp. 259-283.
BARBÉ, E.: La europeización de la política exterior: Un “buen alumno”. En ARREGUI, J. (ed.), La europeización de las políticas públicas en España. Oportunidades y desafíos. McGraw Hill, 2022, pp. 225-242.
BENEYTO, J. Mª / PEREIRA, J.C. (dirs.): La política exterior de España: un balance a futuro. Madrid, Tecnos, 2011 (2 vols.).
BENEYTO, J. Mª y PEREIRA, Juan Carlos (dirs.), Historia de la política exterior española en los siglos XX y XXI, Madrid, CEU, 2015.
BENEYTO, J. M.: Política Exterior Española. Madrid, Tecnos, 2023.
CEMBRERO, I.: Vecinos alejados. Los secretos de la crisis entre España y Marruecos. Barcelona, Galaxia Gutenberg, 2006.
HERNANDO DE LARRAMENDI, M. / MAÑÉ ESTRADA, A. (eds.): La política exterior española hacia el Magreb. Barcelona, Ariel – Real Instituto Elcano, 2009.
JIMÉNEZ REDONDO, J.C.: De Suárez a Rodríguez Zapatero: la política exterior de la España democrática. Madrid, Dilex, 2006.
MALAMUD, C. (coord.): La política española hacia América Latina: primar en lo bilateral para ganar en lo global. Madrid, Real Instituto Elcano, 2005.
MORATA, F. / MATEO, G. (eds.): España en Europa, Europa en España (1986-2006). Barcelona, CIDOB, 2007.
NOYA, J.: La nueva imagen de España en América Latina. Madrid, Tecnos – Real Instituto Elcano, 2009.
PEREIRA, J.C. (coord.): La política exterior de España (1800-2003). Barcelona, Ariel, 2003.
PEREIRA, J.C., ALIJA, A.M. y LÓPEZ, M. A. La política exterior de España. De la transición a la consolidación democrática (1986-2001), Madrid, Catarata, 2018.
POWELL, C. T.: “La dimensión exterior de la transición española”, en Revista CIDOB d’Afers Internacionals Nº 26 (1993), pp. 37-64.
TEZANOS, S.: Cooperación española para el desarrollo. Asignación geográfica de la ayuda española. Madrid, Biblioteca Nueva, 2008.
VILARIÑO PINTOS, E.: Curso de Derecho Diplomático y Consular. Madrid, Tecnos, 2011 (4ªed.).
VIÑAS, A.: En las garras del águila: los pactos con Estados Unidos, de Francisco Franco a Felipe González (1945-1995). Barcelona, Crítica, 2003.
- Capacidade para analizar a política exterior de España, tanto no proceso de formulación, coma no de execución e de control parlamentario exercido sobre ela.
- Exercitar a expresión oral e escrita para que as súas análises reflictan tanto a complexidade do obxecto tratado coma o emprego dos conceptos e terminoloxía propios da disciplina.
- Favorecer a capacidade reflexiva e crítica do/a alumno/a.
- Estimular a súa curiosidade intelectual.
- Habilidade para buscar información respecto da política exterior de España tanto por medios bibliográficos ou electrónicos, de procedencia académica, xornalística ou institucional.
A docencia presencial comprenderá o temario anteriormente exposto, que se profundará a través de lecturas e outros materiais obrigatorios e optativos que tamén serán traballadas en clase.
Así mesmo, exporanse seminarios de carácter temático co fin de profundar nos diversos temas que o alumnado abordará nos traballos. Precisamente co fin de reforzar os procesos de investigación, tamén levará a cabo un seminario sobre procura de información e bibliografía na investigación, que comprenderá tamén unha profundización sobre o proceso de investigación e o establecemento do proxecto investigador.
A avaliación terá lugar mediante o exame final e a elaboración de distintas tarefas e probas específicas a indicar pola docente.
O contido do exame estruturarase ao redor dun grupo de preguntas teóricas, podendo incluír tamén algunhas relativas ás lecturas obrigatorias.
Os criterios de avaliación da materia comprenden a valoración dos coñecementos adquiridos mediante un exame final (40% da cualificación), así como a realización dos traballos e o resto de actividades obrigatorias (60% restante).
As cualificacións destas actividades complementarias, avaliadas nas clases prácticas, só teñen validez para cada curso académico. O alumnado repetidor deberá realizalas novamente.
As cualificacións destas actividades complementarias só se sumarán á nota do exame se este foi aprobado polo/a alumno/a. En caso de non presentarse ao exame, na acta figurará unicamente “non presentado”.
A asistencia á materia é obrigatoria e será controlada regularmente. A asistencia a menos do 70% das sesións implicará a non superación da materia.
No caso dos alumnos e alumnas con "exención de docencia" concedida pola Facultade, serán cualificados a través do exame final, sen tomar en consideración a asistencia.
Aqueles traballos que inclúan partes copiadas de fontes electrónicas ou en papel serán considerados plaxio e suspendidos de maneira automática.
Ademais da asistencia a clase, considérase necesario que o alumnado dedique unhas 75 horas ao estudo persoal para superar a materia, divididas da seguinte forma_
- estudo individual da materia: 45 h.
- preparación de traballos: 15 h.
- realización de traballos: 15 h.
- Asistir de forma regular e participar activamente nas clases, especialmente nas prácticas.
- Levar ao día a programación do curso.
- Consultar de maneira regular os materiais obrigatorios e complementarios da aula Virtual.
- Realizar as lecturas obrigatorias no tempo prescrito.
- Recorrer ás titorías para calquera dúbida sobre a materia.
- Consultar os fondos bibliográficos e os recursos informáticos dispoñibles nas bibliotecas da USC así como noutros repositorios de acceso aberto.
Os/as alumnos/as deberán consultar periódicamente o Campus Virtual e traballar de maneira regular sobre os materiais incorporados polo profesor e as profesoras da materia, debendo entregar en tempo e forma as tarefas que se lles requiriron.
Todos/ as os / as alumnos/ as han de ter en conta que a Biblioteca da USC conta cun fondo electrónico de revistas e libros, así como a existencia de repositorios de acceso aberto (academia. edu, ResearchGate…), para apoiar o estudo.
Montserrat Pintado Lobato
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Correo electrónico
- montserrat.pintado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | 1.1 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 1.1 |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1.3 |
02.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |
03.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |