Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ofrecer unha visión de conxunto do contido actual do Dereito Internacional dos Dereitos Humanos.
I. SOCIEDADE INTERNACIONAL, ORDENAMENTO XURÍDICO E DEREITOS HUMANOS
Lección 1. A protección da persoa humana en Dereito Internacional
1. O Dereito Internacional dos Dereitos Humanos en perspectiva histórica: das revolucións burguesas á Conferencia de San Francisco
2. Os dereitos humanos na Carta das Nacións Unidas
3. A subxectividade internacional: a persoa humana ante o Dereito Internacional
Lección 2. Caracteres xerais do sistema internacional de protección dos dereitos humanos
1. lus Cogens e Dereitos Humanos
2. Natureza dos convenios de Dereitos Humanos declarativos de normas imperativas
A) Ausencia de reciprocidade
B) Reservas
C) Violación das normas de protección de Dereitos Humanos e responsabilidade do Estado
3. Estrutura básica do sistema internacional de protección dos dereitos humanos: as dinámicas universais e rexionais
4. As funcións da sociedade civil internacional
II. A PROTECCIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS
A) A protección dos dereitos humanos no sistema das Nacións Unidas
Lección 3. A Carta Internacional dos Dereitos Humanos: instrumentos xurídicos básicos de carácter universal relativos a dereitos humanos
1. A Declaración Universal dos Dereitos Humanos: significado histórico e valor xurídico
2. Os Pactos Internacionais de Dereitos Humanos
A) O Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos
B) O Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais
C) Técnicas de control
Lección 4. Os mecanismos convencionais integrados no sistema onusiano
1. A protección contra todas as formas de discriminación racial
2. A protección contra a discriminación da muller
3. A protección contra tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes
4. A protección relativa aos dereitos do neno
5. A protección dos traballadores migrantes e as súas familias
6. A protección das persoas con discapacidade
Lección 5. Os mecanismos extraconvencionais para a protección dos dereitos humanos
1. As competencias da Asemblea Xeral no ámbito da defensa dos dereitos humanos
2. A Comisión de Dereitos Humanos e o exame periódico universal
3. O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos
4. O Consello de Seguridade: dereitos humanos e mantemento da paz
B) A protección dos dereitos humanos ante tribunais penais
Lección 6. A responsabilidade penal internacional do individuo.
1. Supuestos xeradores da la responsabilidade penal internacional del individuo.
2. A incorporación das infraccións internacionais nos ordenamentos internos dos Estados.
3. O establecemento da xurisdicción por parte de tribunais nacionais. Especial referencia ao principio de xurisdicción universal.
4. Límites ao exercicio da xurisdicción penal. Breve referencia aos procesos de xusticia transicional.
Lección 7. A Corte Penal Internacional
1. Antecedentes e constitución
2. Principios reitores do funcionamento da Corte
3. A competencia material: o catálogo de crimes do Estatuto
4. A competencia persoal
5. Estrutura da Corte e mecanismos para a activación da súa xurisdición
III. OS SISTEMAS REXIONAIS DE PROTECCIÓN DOS DEREITOS HUMANOS
Lección 8. O sistema europeo de protección de Dereitos Humanos: o Consello de Europa (I)
1. A protección dos dereitos individuais: o Convenio Europeo do 4 de novembro de 1950
2. Os dereitos protexidos polo Convenio e os seus protocolos adicionais
3. Ámbito de aplicación do Convenio
4. O procedemento ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e a execución das súas sentenzas
Lección 9. O sistema europeo de protección de Dereitos Humanos: A Unión Europea (II)
1. A construción xurisprudencial do Tribunal de Xustiza da Unión Europea
2. A Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea
Lección 10. O sistema americano de protección de dereitos humanos
1. Introdución
2. Técnicas de control
3. Órganos de control e procedemento
BOU, Valentín; CASTILLO, Mireya, Derecho Internacional de los Derechos Humanos, Tirant, 2014
FERNÁNDEZ DE CASADEVANTE, Carlos (coord.): Derecho Internacional de los Derechos Humanos, Madrid, Dilex, 2011 (4ª ed.).
GIL GIL, Alicia. Derecho Penal Internacional, Madrid, Dikynson, 2016.
GÓMEZ ISA, Felipe (Director) International Human Rights in a Global Context, Bilbao, Universidad de Deusto, 2009
PUEYO LOSA, Jorge; JORGE URBINA, Julio (coord.): El Derecho Internacional Humanitario en una sociedad internacional en transición, Tórculo, Santiago de Compostela, 2002.
SMITH, Rhona K.M., International Human Rights Law, Oxford University Press, 2018.
VILLÁN DURÁN, Carlos: Curso de Derecho Internacional de Derechos Humanos, Madrid, Trotta, 2006.
TEXTOS NORMATIVOS
PUEYO LOSA, J./PONTE IGLESIAS, M.T. (coords.): Derecho Internacional Público. Organización Internacional. Unión Europea. Recopilación de Instrumentos Jurídicos, Santiago de Compostela, Tórculo Edicións, 4ª ed., 2016.
Capacidade de comprensión e análise crítica das institucións xurídicas que conforman o Dereito Internacional dos Dereitos Humanos.
Coñecemento dos mecanismos específicos de aplicación do Dereito Internacional dos Dereitos Humanos, con particular énfase naqueles que recoñecen legitimación activa aos individuos para presentar queixas/demandas.
Capacidade para a resolución de casos prácticos relativos aos mecanismos de aplicación do Dereito Internacional dos Dereitos Humanos.
A materia consta de 3 créditos ECTS, o que equivale a 75 horas. Polo que se refire ao traballo presencial na aula, ditas horas distribúense como segue: Clases teóricas: 13 horas ; Seminarios / Prácticas: 4 horas ; Traballos tutelados: 2 horas ; Tutorías: 2 horas e Exame: 2 horas
Axustándose a este desglose, a metodoloxía do ensino sustentarase nas actividades que a continuación se indican:
Clases teóricas: explicaranse os contidos esenciais da materia, presentando e resolvendo os seus problemas centrais
Seminarios / Prácticas: sobre a base da bibliografía e a documentación achegada polo profesor, analizaranse e debateranse algúns dos contidos dos temas que conforman o programa da materia
Traballos tutelados: dirixidos a profundar sobre algún dos aspectos máis relevantes da materia e a fortalecer a capacidade analítica, discursiva e expositiva do alumno/a
Tutorías: entendidas como un apoio á formación do alumno/a, estas sesións oriéntanse a resolver as súas dúbidas sobre a materia, consolidar os coñecementos adquiridos, preparar a realización dos seminarios e a elaboración dos traballos tutelados
Para que un alumno sexa avaliado é condición necesaria que asista, como mínimo, ao 80% das clases. A avaliación terá lugar mediante un exame que suporá o 60% da cualificación. A participación activa do alumno ao longo do curso nas actividades programadas (seminarios, traballos monográficos, exposicións), así como a súa asistencia ás clases suporá o 40% da cualificación
Aspectos a valorar:
1. Conceptos básicos da materia e a súa aplicación práctica: 60%
2. Asistencia participativa: 10%
3. Seminarios / traballos: 30%
- No caso de que o alumno realice algunhas das actividades programadas, pero non o exame, a calificación será de "non presentado".
- Os alumnos aos que a Xunta de Facultade lles recoñeza o dereito a desfrutar dunha "exención de docencia" serán avaliados exclusivamente en función da calificación que obteñan no exame final da asignatura e das actividades interactivas que entregarán por escrito a través da aula virtual da USC.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A asignatura, en tanto materia de carácter optativo, consta de 3 créditos ECTS, o que equivale a 75 horas ECTS. Polo que se refire ao traballo persoal do alumno/a, estas horas distribúense como segue:
Estudo individual do alumno/a: 30 horas ECTS
Preparación de seminarios / casos prácticos: 11 horas ECTS
Preparación de traballos e exposicións: 11 horas ECTS
Asistir a clase regularmente e participar activamente nos debates
Recorrer ás tutorías para resolver calquera dúbida sobre a materia
Planificar o traballo con antelación
Estudar con tempo e periodicidade
Completar o ensino cos recursos bibliográficos
Carlos Teijo Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881814704
- Correo electrónico
- carlos.teijo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 |
19.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
01.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |