Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 282.5 Horas de Titorías: 12.5 Clase Interactiva: 5 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Química Física, Enxeñaría Química, Departamento externo vinculado ás titulacións, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Física Aplicada, Química Física, Enxeñaría Química, Área externa Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, Proxectos de Enxeñaría
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Realización, presentación e defensa individual ante un tribunal universitario, dun proxecto no ámbito da Enxeñaría Técnica Industrial no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas de Grao.
· Capacidade para integrar creativamente os coñecementos para resolver un problema de ámbito profesional.
· Destreza na elaboración de informes, ben estruturados e ben redactados.
· Destreza na presentación oral dun traballo, empregando os medios audiovisuais máis habituais.
· Capacidade para estruturar unha defensa sólida dos puntos de vista persoais apoiándose en fundamentos científico-técnicos e en razoamentos críticos.
Os contidos do traballo fin de grao (TFG) estarán dentro do ámbito profesional do Enxeñeiro Técnico Industrial. Para determinar a procedencia dunha temática a desenvolver como TFG, o estudante deberá presentar unha proposta seguindo un formulario normalizado ante a comisión de seguimento de TFG da titulación. Unha vez obtida a aprobación da proposta, o TFG poderá ser elaborado e presentado para a súa defensa.
Todos os aspectos relativos ao desenvolvemento desta materia recóllense na correspondente normativa de TFG que se atopa publicada na seguinte ligazón:
https://assets.usc.gal/cdn/ff/Jhxsthczc9F-kYG7jXwUHKS4Nny…
Variable en función da tipoloxía de traballo a abordar.
*Básicas:
CB1- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soe atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
*Xenerais:
CG1- Capacidade para a redacción, firma e desenvolvemento de proxectos no ámbito da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial que teñan por obxecto, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 da orde, a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais e procesos de fabricación e automatización.
CG2- Capacidade para a dirección, das actividades obxecto dos proxectos de enxeñaría descritos no epígrafe anterior.
CG4- Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
CG6- Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
CG7- Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
CG8- Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
CG9- Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
CG11- Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
*Transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese
CT3: Capacidade para xestionar a información
CT5: Demostrar compromiso ético.
CT7: Demostrar iniciativa e espírito emprendedor.
CT8: Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación.
CT9: Capacidade para organizar e planificar.
CT10: Capacidade para a resolución de problemas.
CT11: Capacidade para tomar decisións.
CT14: Demostrar razoamento crítico.
CT15: Capacidad para a comunicación oral e escrita.
*Específicas:
CE28- Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Industrial de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas.
O traballo fin de grao consiste na realización dun proxecto individual de carácter profesional. Fundamentalmente trátase dun módulo de traballo persoal do alumno, no que se contemplan ademais as horas de titoría personalizada co profesor-titor do proxecto. Para a realización e exposición do TFG a metodoloxía de docente de apoio ao alumno que vai utilizarse será a de titorías individuais, co fin de atender as necesidades específicas de cada traballo fin de grao que, en cumprimento dos requisitos que afectan á profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Industrial, deberá de ser un exercicio orixinal e individual. A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A avaliación do traballo fin de grao será levada a cabo por parte dun tribunal universitario de acordo cos criterios que figuran na Normativa de TFG e en base á Rúbrica de avaliación de TFG que pode consultarse no link:
https://assets.usc.gal/cdn/ff/Jhxsthczc9F-kYG7jXwUHKS4Nny…
https://nubeusc.sharepoint.com/:f:/s/centro-ciencias/EuB8kSmV4E5EsqS32W…
O alumno, xunto coa proposta entregará un cronograma no que se detallarán as actuacións a acometer, así como a súa distribución temporal, de forma que se xustifiquen as horas totais de traballo necesarias para superar o TFG, 300 horas.
Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
O idioma de impartición será o correspondente ás linguas oficiais da Comunidade Autónoma.