Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 16 Total: 58
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Psiquiatría
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.Aplicar os fundamentos da Psicoloxía e da Comunicación á práctica odontolóxica.
2.Describir as bases biolóxicas, psicolóxicas e socioculturais do comportamento humano normal e anormal.
3.Comprender o concepto de personalidade coma unidade biopsicosocial integrada.
4.Coñecer os aspectos psicolóxicos do comportamento dende a perspectiva evolutiva.
5.Analizar a influenza dos procesos cognitivos básicos na saúde e na enfermidade.
6.Formular as variables biopsicosociais que interveñen na resposta ó estrés, e na vivencia da dor.
7.Definir as características básicas da comunicación terapéutica no contexto da relación odontólogo-paciente.
1.Aplicacións da Psicoloxía e da Comunicación na práctica odontolóxica
2.Bases biolóxicos, psicolóxicas e socioculturais do comportamento
3.Personalidade: Concepto, compoñentes e avaliación
4.Ámbitos e contextos do desenvolvemento o longo do ciclo vital
5.Procesos cognitivos básicos
6.Dimensións do proceso saúde-enfermidade
7.Compoñentes da resposta de estrés e da vivencia de dor
8.Fundamentos da comunicación terapéutica
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
•BERGER, SK y THOMPSON, RA (2006). Psicología del Desarrollo: Infancia y Adolescencia. Edit. Medica Panamericana, Madrid, 7ª edición
•BERGER, SK y THOMPSON, RA (2006). Psicología del Desarrollo: Adultez y Vejez. Edit. Medica Panamericana, Madrid, 7ª edición
•MYERS, DG (2005). Psicología. Editorial Médica Panamericana, 7ª edición
•NIETO MUNUERA y cols. (2004). Psicología para Ciencias de la Salud. Editorial McGraw-Hill/Interamericana.
•DIAZ MENDEZ D. y LATORRE POSTIGO JM (2014). Psicología Médica. Editorial Elsevier.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Ao inicio do curso, se proporcionará dossier bibliográfico de apoio complementario para profundizar nos aspectos específicos do programa.
Coñecementos:
Con 03: Coñecer o método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova.
Con 10: Coñecer as ciencias do comportamento e comunicación que facilitan practíca odontolóxica.
Con 18: Coñecer as complexas interaccións entre os factores ambientais, sociais e conductuais coa saúde oral e xeral.
Con 20: Coñecer as repercusións das tendencias demográficas e epidemiolóxicas na práctica da odontoloxía.
Con 25: Recoñecer que o paciente é o centro de atención e que todas as interaccións, incluíndo prevención, diagnóstico, planificación e execución do tratamento e mantemento, deben buscar o seu mellor interese, evitando calquera tipo de discriminación e respectando a confidencialidade.
Con 26: Identificar os signos e actitudes que suxiran a posible existencia de malos tratos.
Competencias:
Comp. 01: Capacidade de análise e síntese.
Comp. 07: Resolución de problemas.
Comp. 08: Toma de decisións.
Comp. 09: Capacidade crítica e autocrítica.
Comp. 10: Traballo en equipo.
Comp. 11: Habilidades interpersoais.
Comp. 13: Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
Comp. 14: Apreciación da diversidade e multiculturalidad.
Comp. 16: Compromiso ético.
Comp. 17: Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp. 19: Capacidade de aprendizaxe autónoma
Comp. 21: Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
Comp. 24: Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp. 27: Preocupación pola calidade.
.
Habilidades ou destrezas:
H/D03: Saber identificar as inquietudes e expectativas do paciente, así como comunicarse de forma efectiva e clara, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, os medios de comunicación e outros profesionais.
H/D04: Comprender e recoñecer os aspectos sociais e psicolóxicos relevantes ao tratamento de pacientes.
H/D05: Saber aplicar os principios do control da ansiedade e de #o #estrés sobre un mesmo, sobre os pacientes e sobre outros membros do equipo odontolóxico.
H/D06: Comprender a importancia de desenvolver unha práctica profesional con respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas e cultura.
H/D07: Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
H/D08: Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
H/D010Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar aos estudantes na prevención, a detección precoz, a asistencia, e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia.
H/D019: Coñecer do método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipótese, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
•Clases expositivas: Mediante a docencia expositiva, con apoio audiovisual, exporanse os obxectivos e se desenvolverán os conceptos clave incluidos no programa. Para facilitar a aprendizaxe dirixida de competencias xerais e específicas, poñerase a disposición do estudantado un material-guía que recolle os aspectos básicos a abordar nas clases teóricas, e as lecturas básicas e complementarias recomendadas.
•Seminarios prácticos: Dado o carácter transversal desta materia, estas actividades formativas oriéntanse á adquisición de habilidades e destrezas mediante o uso de estratexias de resolución de problemas e estudio de casos que teñan relación coa práctica odontolóxica. Para isto organizaranse “equipas de traballo” que desenvolverán na aula as actividades propostas: a) Seminarios de reflexión dirixida e discusión sobre material documental que faciliten a aplicación dos conceptos clave desenvolvidos nas clases expositivas para identificar, analizar e resolver problemas. b) Sesións prácticas de resolución de supostos casos que posibiliten a posterior transferencia das competencias aprendidas as situacións reais.
•Titorías: Co fin de supervisar e orientar a aprendizaxe de competencias, se organizarán titorías individuais e en pequeno grupo (se procede), de forma presencial e/ou a través do Campus virtual da USC.
Avaliación continua formativa con proba final complementaria.
Para superar a materia, é preciso cumprir os seguintes requisitos:
a) Aprobar unha proba tipo test con preguntas con 5 opcións de resposta, e unha única resposta válida. Para superar o exame test se deben obter a lo menos o 65% de preguntas correctas. O exame tipo test contabiliza como máximo o 60% da cualificación final.
b) Superar a avaliación continua:
• Ter superado os requisitos de asistencia as clases expositivas, que serán rexistrados mediante controles aleatorios, permitíndose un máximo de 4 faltas non xustificadas.
• Ter asistido a todos os seminarios, que son obrigatorios.
• Ter elaborado e entregado os informes prácticos obrigatorios dos prazos previstos. Ditos informes prácticos, derivados do traballo nos seminarios interactivos, contabilizan como máximo o 40% da cualificación final.
c) O incumprimento dos requisitos de asistencia e/ou da entrega dos Informes prácticos, impedirá a superación da materia, tanto na convocatoria ordinaria, como na de recuperación.
De acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003, os resultados obtidos polo/a alumno/a cualificaranse en función da seguinte escala numérica de 0 a 10, con expresión dun decimal, o que se poderá engadir a correspondente cualificación cualitativa: 0-4,9: Suspenso (SS); 5,0-6,9: Aprobado (AP) ; 7,0-8,9: Notable (NT); 9,0-10: Sobresaínte (SB).
1.Clases expositivas: 36 horas presenciais, e 54 horas de traballo autónomo
2.Seminarios prácticos: 16 horas presencias, e 28 horas de traballo autónomo
3.Titoría: 6 horas presenciais, e 3 horas de traballo autónomo
4.Avaliación: 2 horas presenciais , e 5 horas de traballo autónomo
5.TOTAL: 150 horas (60 horas presenciais + 90 horas de traballo persoal)
1.Utilizar o material-guía que se proporciona a comezos de curso, para seguir axeitadamente o desenvolvemento dos contados teóricos e prácticos
2.Seguir regularmente as clases expositivas e os seminarios prácticos
3.Consultar a bibliografía recomendada para a preparación dos contados temáticos teóricos e prácticos
4.Utilizar o sistema de titorización continuada dispoñible para resolver dúbidas e para facilitar o seguimento da propia aprendizaxe
Angela Juana Torres Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Teléfono
- 881812435
- Correo electrónico
- angelajuana.torres [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Arrojo Romero
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- manuel.arrojo.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Elvira Bermudez Vazquez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- mariaelvira.bermudez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Odontoloxía-Aula 2 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 2 |
04.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
04.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
02.07.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |