Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da materia/Resultados da aprendizaxe:
1. Coñecer os termos e conceptos fundamentais da prevención.
2. Identificar factores de risco e protección relevantes para o inicio e progresión na carreira delitiva.
3. Coñecer os principais instrumentos de cribado e detección do risco da violencia.
4. Familiarizarse co proceso do deseño e avaliación de programas de prevención.
5. Ser capaz de analizar programas de prevención seguindo os estándares internacionalmente admitidos como boas prácticas.
6. Saber integrar variables psicolóxicas, culturais e sociolóxicas relevantes para o correcto deseño e aplicación dun programa preventivo.
Bloque I: Aspectos conceptuais e metodolóxicos da prevención
1. Fundamentos da prevención. A prevención universal, selectiva e indicada.
2. Factores de risco e protección da delincuencia
3. A predición do risco da violencia e da conduta delituosa.
4. A avaliación dos programas de prevención e o ciclo da intervención preventiva.
Bloque II: Ámbitos e programas de prevención da delincuencia
5. Programas de prevención da delincuencia centrados na familia.
6. Programas de prevención escolares e comunitarios.
7. A prevención situacional do delito.
8. A policía e a prevención do delito.
9. A xustiza criminal e a prevención do delito.
Biografía básica:
Botella Ausina, J., & Caperos Montalbán, J. M. (2019). Metodología de investigación en psicología general sanitaria. Madrid: Editorial Síntesis.
Fernández Ríos, L., & Gómez-Fraguela, J. A. (2007). La psicología preventiva en la intervención social. Madrid: Sintesis.
Gómez-Fraguela, J. A., Cutrín, O., & Maneiro, L. (2019). Valoración del riesgo en adolescentes infractores (VRAI). Santiago de Compostela: Andavira.
Loinaz, I. (2017). Manual de evaluación del riesgo de violencia. metodología y ámbitos de aplicación. Madrid: Pirámide.
Weisburd, D., Farrington, D. P., & Gill, C. (2016). What works in crime prevention and rehabilitation: Lessons from systematic reviews. New York: Springer.
Sainz, L.V. & Guillén, C.S.J. (2011). Criminología ambiental: ecología del delito y de la seguridad. Editorial OUC.
Biografía complementaria:
Andrews, D. A., & Bonta, J. (2010). The psychology of criminal conduct (5ª ed.). Cincinnati, OH, US: Anderson Publishing.
Cid, J. (2010). La política criminal europea en materia de sanciones alternativas a la prisión y la realidad española: Una brecha que debe superarse. Estudios Penales Y Criminológicos, 30, 55-83.
Dodge, K. A., Dishion, T. J., & Lansford, J. E. (Eds.). (2006). Deviant peer influences in programs for youth: Problems and solutions. New York, NY, US: Guilford Press.
Fernández-Ballesteros, R. (1995). Evaluación de programas: Una guía práctica en ámbitos sociales, educativos y de salud. Madrid: Síntesis.
Krohn, M., & Lane, J. (Eds.). (2015). The handbook of juvenile delinquency and juvenile justice John Wiley and Sons.
Loeber, R., Slot, N. W., van der Laan, P H, & Hoeve, M. (Eds.). (2008). Tomorrow's criminals: The development of child delinquency and effective interventions. New York, NY: Routledge.
National Academies of Sciences, Engineering, and Medicine 2018. Proactive Policing: Effects on Crime and Communities. Washington, DC: The National Academies Press.
Oficina de las Naciones Unidas contra la Droga y el Delito, (ONODC). (2011). Manual sobre la aplicación eficaz de las Directrices para la prevención del delito. Vienna: Austria: United Nations Office on Drugs and Crime.
Otto, R. K., & Douglas, K. S. (Eds.). (2010). Handbook of violence risk assessment. New York: Routledge.
Resolución 45/112, de 14 de diciembre de 1990, de la Asamblea General de Naciones Unidas, sobre directrices para a prevención da delincuencia juvenil (Directrices de Riad).
Rose, G. (1994). La estrategia de la medicina preventiva. Barcelona: Masson.
Summers, L. (2009). Las técnicas de prevención situacional del delito aplicadas a la delincuencia juvenil. Revista De Derecho Penal y Criminología, (1), 395-409.
Tilley, N., & Sidebottom, A. (2017). Handbook of crime prevention and community safety Taylor & Francis.
Welsh, B. C., & Farrington, D. P. (Eds.). (2012). The oxford handbook of crime prevention Oxford University Press.
Competencias xerais
CG2 – Capacidade para reflexionar de maneira crítica e construtiva e para argumentar e expresarse organizada e razoadamente.
CG4 - Adquisición dunha conciencia crítica na análise do ordenamento xurídico, situándose nunha perspectiva plenamente respectuosa cos principios de respecto e a promoción dos dereitos humanos, de igualdade e de accesibilidade universal.
CG6 – Capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e imformacións (en particular a través da rede informática), dentro da súa area de estudo.
CG7 – Capacidade de transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público, tanto especializado como non especializado, empregando unha linguaxe (xurídica, médica, psicolóxica, sociolóxica e técnica) correcta.
Competencias específicas
CE1 - Capacidade para identificar e comprender cuestións relativas aos dereitos fundamentais dos que son obxecto dun procedemento penal así como, en xeral, dos que se ven afectados polas respostas ante o delito e a desviación.
CE2 – Capacidade para valorar os fundamentos metodolóxicos e científicos das diversas teorías relevantes sobre o delito, o delincuente, a vitimización e as respostas ante o delito e a desviación.
CE4 - Competencia para proporcionarlle ao xuíz coñecementos científicos sobre os sucesos ddelituosos enxuizados, a personalidade do autor, os factores criminosos existentes e o tipo de resposta aplicable, todo da man do correcto emprego dos conceptos e as teorías criminolóxicas, así como para efectuar tarefas de asesoramento en relación coa interpretación dos informes forenses.
CE9 – Coñecemento dos principais instrumentos de valoración do risco de conduta antisocial e/ou delituosa.
CE10 - Comprensión e aplicación dos principais coñecementos "teórico-empíricos" proporcionados pola investigación "bio-psico-social" acerca do feito delituoso e da conduta antisocial.
CE16 - Coñecer e comprender a diversidade de formas en que se constitúe, se representa e se trata o delito e analizar criticamente as distintas respostas ao problema da criminalidade desde una tripla perspectiva: explicativo-empírica, decisional e instrumental.
CE17 - Propiciar unha reflexión político-criminal sobre os factores e as causas responsables da aparición dos fenómenos criminais e formular, deseñar e xestionar proxectos e estratexias innovadoras sobre modelos de intervención social e de prevención estrutural e individual.
Durante as sesións expositivas se introducirán e explicarán os principais tópicos do programa, se tratarán as dúbidas e cuestións que xurdan e se reflexionará sobre os distintos temas do programa. Complementariamente se realizarán diversas sesións prácticas dirixidas a familiarizarse co uso de distintos instrumentos de avaliación do risco e distintas técnicas de actuación útiles no ámbito da prevención. Como apoio á materia, estará dispoñible para tódolos alumnos unha aula virtual no Campus Virtual da USC (http://cv.usc.es) na que se poderá atopar material relevante para o desenvolvemento da materia (a guía docente da materia, material sobre os contidos da materia, foros de debate sobre aspectos relevantes) así como ferramentas de comunicación cos docentes e co resto dos alumnos da materia. Tamén se utilizará como ferramenta de comunicación para as titorias grupais o programa Teams.
Os estudantes tamén terán que facer un traballo grupal no que deberán elaborar un programa de prevención dirixido a algún tipo de delito concreto. Este programa deberá incluír unha parte introdutoria na que se especifique o tipo de delito que se pretende previr; a súa prevalencia, os factores de risco/protección asociados, etc. Tamén se deberá incluir unha revisión sobre a evidencia empírica do tipo de intervencións que son eficaces; unha descrición das actuacións que forman o programa e do proceso de implantación proposto. Por último, se deberá incluír un deseño de avaliación para valorar a súa eficacia. A elaboración do traballo se realizará en distintas fases de traballo que serán supervisadas dentro do horario das sesións interactivas e nas titorias grupais. O produto final do traballo grupal será presentado nas últimas sesións da materia.
A avaliación dos contidos teóricos da materia realizarase a través do exame final. Esta proba estará constituída fundamentalmente por un exame tipo test, con preguntas de opción múltiple, aínda que se poderá incluír unha ou dúas preguntas tipo tema. Esta proba representará 50% da nota final.
A outra metade da nota final da materia procederá da avaliación do traballo realizado ao longo do curso (traballo grupal, debates na aula virtual, traballo nas sesións prácticas, resumos de lecturas, etc.). Para avaliar este traballo o alumnado deberá entregar un portafolio no que se integre todo o traballo realizado durante a materia. No caso do alumnado con exención de docencia, a avaliación desta parte se centrará tamén no traballo sobre o programa de prevención (que poderán facer de forma individual) e ao portafolio onde se recollerán todas as actividades realizadas durante o curso que non requiran presencialidade (comentario de lecturas, actividades propostas na aula virtual, etc.)
A efectos da normativa de permanencia na USC enténdese que a única actividade avaliable é o exame.
Ademais do tempo dedicado ao traballo presencial na aula (35 horas de docencia expositiva e 15 horas de docencia interactiva) se estima que o tempo de traballo persoal do estudante requirido para superar esta materia sería de 100 horas, repartidas entre as horas de estudo, a realización do traballo grupal, a participación en debates na aula virtual, etc.
Xosé Antón Gomez Fraguela
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813944
- Correo electrónico
- xa.gomez.fraguela [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Beatriz Diaz Vazquez
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813904
- Correo electrónico
- beatrizdiaz.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo clases expositivas | Galego | Aula 10 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo clases expositivas | Galego | Aula 10 |
27.05.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Salón de Actos |
25.06.2025 12:00-14:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |