Premio Nobel “por estudos da estrutura e función do ribosoma”.
O seu traballo versa sobre os procesos que rexen na clave da vida: a tradución feita polos ribosomas da información do ADN para dar vida. Os ribosomas producen proteínas, que controlan a química de tódolos seres vivos. Posto que os ribosomas son cruciais para a vida, son tamén un obxectivo clave para os novos antibióticos.
En 108 anos de historia do Premio Nobel, o galardón en Química só recaera en Madame Curie, a súa filla e a británica Dorothy Crowfoot-Hodgkin, esta última en 1964.