![Cédric Villani](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/generic-page/image/2021-08/cedric-villani.jpg?itok=kLMdBwFA)
Medalla Fields “polas súas demostracións do amortiguamento non lineal de Landau e a converxencia ao equilibrio da ecuación de Boltzmann".
Nado o 5 de outubro de 1973 no seo dunha familia de universitarios e artistas. Seus pais son profesores de literatura, un tío catedrático de matemáticas e un dos seus irmáns compositor especializado en música de películas.
Tras obte-lo título de bachiller aos 16 anos, ingresa no prestixioso instituto Louis-le-Grand para prepara-lo seu ingreso nas “Grandes-Écoles'' de Francia. En 1992 ingresa co número 4 na École Normale Supérieure de Paris. Especialízase en matemáticas e en 1994 comeza a súa tese de doutoramento baixo a dirección do Medalla Fields Pierre-Louis Lions, fillo de Jacques-Louis Lions, Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1998 presenta a súa tese doctoral: “Contribution à l’étude mathématique des gaz et des plasmas'', na que estuda as colisións rasantes nos gases e o aumento da entropía segundo a teoría de Boltzmann. No ano 2000 é nomeado catedrático na École Normale Supérieure de Lyon. Tras ser nomeado director do famoso Institut Henri Poincaré en 2009, obtén a Medalla Fields en 2010 e é elixido membro da Académie des Sciences de Paris en 2013.
Cédric Villani traballa nas ecuacións en derivadas parciais que aparecen na física estatística; concretamente na ecuación de Boltzmann que describe o comportamento estatístico dun sistema termodinámico fóra do equilibrio. Outro dos seus temas de estudo é a teoría do transporte óptimo, unha teoría formulada en torno a un problema proposto no século XVIII polo matemático francés Monge.
Cabe destacar tamén, pola súa orixinalidade, a aplicación de métodos de xeometría diferencial aos temas anteriores. En particular, a relación da curvatura de Ricci co transporte óptimo e a entropía.
Cédric Villani é un científico aberto e comprometido coa sociedade. Dedica parte do seu tiempo á comunicación científica para diferentes públicos por todo o mundo. Intervén nos medios de comunicación, participa en documentais sobre o impacto das matemáticas na sociedade actual, promove cine-clubes onde debate con outros científicos sobre a representación da ciencia e a investigación no cinema, la relación entre ciencia e arte, etc.
Máis recentemente escribiu, en colaboración con outros autores non matemáticos, obras literarias de narrativa e ensaio.
Acumula una abondosa colección de importantes premios. Ademais da Medalla Fields (o equivalente ao Premio Nobel en matemática), foi distinguido co Premio Louis Armand de l'Académie des Sciences de Paris en 2001, o Premio da European Mathematical Society en 2008 ou os Premios Fermat e Henri Poincaré en 2009.
![Cédric Villani ante o Colexio de San Xerome Cédric Villani ante o Colexio de San Xerome](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/paragraphs/galeria/2021-10/Rueda%20prensa%20programa%20conciencia%2003.jpg?itok=mBZXzYNO)
![Jorge Mira, Cédric Villani e Alfredo Bermúdez de Castro na rolda de prensa Jorge Mira, Cédric Villani e Alfredo Bermúdez de Castro na rolda de prensa](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/paragraphs/galeria/2021-10/Rueda%20prensa%20programa%20conciencia%2002.jpg?itok=KC-EQzS8)
![Cédric Villani na rolda de prensa Cédric Villani na rolda de prensa](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/paragraphs/galeria/2021-10/Rueda%20prensa%20programa%20conciencia%2001.jpg?itok=_g0AqJ_m)
![Recepción a Cédric Villani na Reitoría Recepción a Cédric Villani na Reitoría](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/paragraphs/galeria/2021-10/Recepcion%20Concxiencia%2002.jpg?itok=gtwOqXhV)
![O reitor, Juan Viaño e Cédric Villani O reitor, Juan Viaño e Cédric Villani](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/paragraphs/galeria/2021-10/Recepcion%20Concxiencia%2003.jpg?itok=Cb_xgUDD)
![Cédric Villani asinando no libro de honra da USC Cédric Villani asinando no libro de honra da USC](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/paragraphs/galeria/2021-10/Recepcion%20Concxiencia%20.jpg?itok=We1K7KUx)
![O reitor, Juan Viaño, Cédric Villani e Jorge Mira O reitor, Juan Viaño, Cédric Villani e Jorge Mira](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/paragraphs/galeria/2021-10/Recepcion%20Concxiencia%2001.jpg?itok=IgeQ5n6Q)
![Cédric Villani ante a Facultade de Matemáticas Cédric Villani ante a Facultade de Matemáticas](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/paragraphs/galeria/2021-10/Visita%20matematico%2003.jpg?itok=2Lom4l_J)
![Cédric Villani no decanato da Facultade de Matemáticas Cédric Villani no decanato da Facultade de Matemáticas](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/paragraphs/galeria/2021-10/Visita%20matematico.jpg?itok=d72ZRbid)
![Cédric Villani durante a xuntanza con investigadores Cédric Villani durante a xuntanza con investigadores](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/paragraphs/galeria/2021-10/Visita%20matematico%2002.jpg?itok=Dju_aYhJ)
![Mesa presidencial da conferencia de Cédric Villani Mesa presidencial da conferencia de Cédric Villani](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/paragraphs/galeria/2021-10/Conferencia%20ConCiencia.jpg?itok=7XsT0fED)
![Público asistente á conferencia de Cédric Villani Público asistente á conferencia de Cédric Villani](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/paragraphs/galeria/2021-10/Publico%20conferencia%20Villani.jpg?itok=gNB_vnNE)