Ir o contido principal
Data de publicación
Data de solicitude
Prazo de resolución

No marco do Convenio de Colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Fundación Banco Santander, a través do seu programa Santander Excelencia 360º, pretende promover o mérito académico e a participación activa na vida universitaria dos estudantes matriculados nun grao na USC.
Con este obxectivo, convoca unha praza á que poderán optar os estudantes matriculados nun grado na USC cun expediente académico excelente e participen significativamente na vida universitaria desta Institución.
Esta axuda financiarase con 12.000 € brutos (8051 359S 48000), aos que se lles aplicará a normativa tributaria correspondente en materia do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, e que dará lugar á practica das retencións que correspondan.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
Poderán optar a esta axuda os/as estudantes da USC que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter superados, a data de 1 de setembro de 2024, polo menos 180 créditos da titulación de grao que estea a cursar na USC.
- Ter, a data de 1 de setembro de 2024, unha media de expediente como mínimo de 8,5.
- Estar matriculado dun mínimo de 30 créditos durante o curso 2024/2025 da mesma
- Titulación de grao á que fan referencia os dous puntos anteriores.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación será dende o 6 de febreiro ata o 15 de maio de 2025, ambos incluídos.
Os/as estudantes que cumpran os requisitos e desexen optar a esta axuda deberán:
- Inscribirse dentro do prazo na plataforma do Santander:
https://app.santanderopenacademy.com/es/program/excelencia‐360º‐2025
- Entregar, dentro do prazo, a documentación necesaria para resolver a súa solicitude a través do Rexistro electrónico da USC, na Sede electrónica, dirixida ao Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm
DOCUMENTACIÓN E CRITERIOS DE SELECCIÓN:
As persoas interesadas deberán achegar a través do rexistro electrónico:
- O seu curriculum vitae. A extensión máxima deste documento será de tres (3) folios DIN A4 escritos por unha soa cara con letra Arial Narrow punto 12 e 1,5 de espazo entre liñas. A documentación xustificativa das actividades non se terá en conta dentro das tres páxinas de extensión, e deberá anexarse ao final do documento.
Ademais da participación en actividades formativas curriculares propias do título (seminarios, congresos, publicacións, etc.) deberán constar a participación en actividades formativas en competencias curriculares complementarias (idiomas, deportivas, artísticas, de voluntariado, etc.).
- Escrito no que a persoa solicitante motive as razóns polas que merece que se lle asigne esta axuda. A extensión máxima deste documento será dun (1) folio coas mesmas características que o punto anterior.
A adxudicación da axuda resolverase en dúas fases:
Nunha primeira fase a Comisión de Selección valorará a documentación presentada pola persoa solicitante: o curriculum vitae, tanto a participación en actividades formativas propias do título como as formativas transversais, e o escrito de motivación.
A segunda fase, segundo proceda, consistirá nunha entrevista co/a estudante onde se lle farán preguntas sobre as actividades do seu curriculum e a súa formación integral, así como do seu escrito de motivación.
INCOMPATIBILIDADES:
Esta axuda non ten concedida a compatibilidade coa bolsa de carácter xeral para estudantes que cursen estudos postobrigatorios do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Si se ten concedida a dita bolsa, a devolución ao Ministerio será cos intereses.

Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado

Pavillón Estudantil, 1.º andar
Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782
Santiago de Compostela
Teléfonos
881 814574 881 814560 881 814525