A USC convoca prazas de mobilidade para estudos de grao, dobre grao ou máster superiores a 60 ECTS en universidades de países extracomunitarios ao abeiro dos convenios bilaterais subscritos con elas. A finalidade do programa é ofrecer ao estudantado da USC a posibilidade de realizar estudos, durante un ou dous semestres, plenamente recoñecidos pola USC que pasarán a formar parte do expediente académico do estudantado.
As solicitudes de mobilidade deberán realizarse en liña, a través da Secretaría Virtual do estudantado, https://sec-virtual.usc.es/Secretaria/ , desde o día seguinte á publicación da convocatoria ata as (23:59:59 h) do 7 de marzo de 2025 .
E-mail de contacto: bilateral.exchange [at] usc.gal (bilateral[dot]exchange[at]usc[dot]gal)
Prazo e medio de solicitude
As solicitudes de mobilidade deberán realizarse en liña, a través da Secretaría Virtual do estudantado
https://sec-virtual.usc.es/Secretaria/
desde o día seguinte á publicación da convocatoria (o 21 de febreiro) ata as (23:59:59 h) do 7 de marzo de 2025 .
Unha vez finalizada a solicitude, a aplicación non permite volver acceder aos datos, polo que se durante o prazo de solicitudes o estudantado quere realizar algunha corrección ou modificación, deberá abrir unha nova solicitude. Terase como válida a última solicitude concluída correctamente na aplicación informática antes do fin do prazo de solicitudes.
Selección de destinos
No Anexo I consta o número total de prazas ofertadas en cada universidade de destino, especificando límites por titulacións nalgúns casos.
É responsabilidade do estudantado examinar a oferta académica das universidades da súa preferencia e facer unha escolla acorde á súa titulación e perfil académico.
Algunhas universidades aplican tamén restricións de prazas por áreas de coñecemento ou segundo o convenio coa USC. Estes requisitos deberán ser comprobados polo estudantado antes de facer a escolla de destinos. No Anexo I trátase de dar a información máis completa posible, pero non exime de comprobar nas follas de datos que se aportan nin nas páxinas web das institucións.
Deben seleccionarse 5 universidades en orde de preferencia. No caso de que sexan menos as institucións desexadas, deberá repetirse o último destino seleccionado ata chegar ás 5.
Unha vez analizada a oferta de destinos e feita unha escolla o estudantado deberá asesorarse co/a RAM do seu centro na USC, sobre a procedencia da escolla, aportándolle a información relevante sobre a súa titulación no destino.
Finalizado o prazo de solicitudes, non se poderá cambiar os destinos ou a orde dos mesmos e non haberá listaxes de agarda nin reasignacións de destinos nas vacantes producidas por renuncias.
Destinos con requisito lingüístico
No caso de solicitar destinos con requisito lingüístico o estudantado deberá cargar na aplicación informática a documentación requirida na convocatoria ou será excluído para os destinos con ese requisito.
Asignación de destinos
O proceso de asignación de destinos será competencia da Oficina de Mobilidade, e a adxudicación da praza por parte da USC non implica que a persoa solicitante sexa necesariamente aceptada na institución de destino, que se reserva a potestade de admisión.
Os destinos serán asignados en base aos solicitados polo/a estudante e por estrita orde de media académica (a data 30/10/2024).
A Oficina de Mobilidade non asignará unha praza alternativa ao estudantado que fose rexeitado por unha universidade de acollida por non existir nela a súa titulación ou por restricións expresas desa titulación para o intercambio.
Convocatoria
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/131685/carga.htm.
Resolucións derivadas da convocatoria
1. Estudantado matriculado na USC no curso 2024-2025 na data de fin de solicitudes para realizar estudos de grao, dobre grao ou másteres universitarios de máis de 60 créditos ECTS. O estudantado seleccionado para unha mobilidade deberá formalizar matrícula na USC na mesma titulación no curso 2025-2026.
2. Non poderá acollerse o estudantado de programas de doutoramento e de titulacións de mestrado universitario de 60 ECTS, así como para aquel que finalice algunha das titulacións do parágrafo anterior no curso 2024-2025.
3. Tamén queda excluído da convocatoria o estudantado matriculado na USC en réxime de intercambio en virtude doutros convenios ou programas de mobilidade.
4. No caso das titulacións de grao, para a participación na convocatoria será necesario ter superado o 15% dos créditos do título. Este requisito deberá cumprirse con data 31/10/2024, non entrando no cómputo os créditos superados no curso 2024-2025.
Considerarase que o estudantado que teña solicitado recoñecemento de créditos cumpre este requisito se na data de peche da convocatoria figuran como superados no seu expediente académico como mínimo o 15% dos créditos da titulación.
O requisito de ter superado o 15% dos créditos non será de aplicación para o estudantado que inicie unha segunda titulación da mesma rama de coñecemento ou afín á que finalizou o curso anterior. Así, por exemplo, non rexerá este mínimo naqueles casos en que o/a estudante teña superado previamente un minor e estea a cursar un maior dos graos impartidos pola Facultade de Filoloxía.
5. Os requisitos xerais para participar deberán posuírse no momento que expire o prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o período de mobilidade.
6. Serán excluídas de oficio as candidaturas do estudantado que non presentase en prazo ou forma a súa aceptación ou renuncia formal ou renunciaran sen causa xustificada fóra de prazo en anteriores convocatorias de mobilidade da OM e/ou incorrese en incumprimento grave dalgunha das condicións da mobilidade, tanto con respecto á universidade de orixe como á de destino.
1. Para os destinos de intercambio onde a lingua oficial sexa distinta do español, o estudantado deberá acreditar, antes do fin do prazo de solicitudes, o coñecemento da lingua oficial do país de destino ou da lingua de uso da universidade de acollida. O nivel mínimo esixido a efectos de participación na convocatoria para estes destinos será o B1 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MCER).
2. Para poder participar na convocatoria, admitiranse como títulos oficiais acreditativos do nivel de idioma os recollidos na listaxe de títulos e certificados que figuren no Anexo II da convocatoria.
3. Como alternativa aos títulos anteriores, poderase acreditar o nivel de lingua mediante a superación da Parte A do nivel B1 (B1.A), B2 (B2.A) ou C1 (C1.A) das probas do Centro de Linguas Modernas (CLM), facéndoo constar no apartado correspondente na solicitude en liña. Para acreditar o nivel para esta convocatoria só se terán en conta as probas do CLM realizadas ata a data de peche da mesma. Os resultados serán comunicados directamente polo CLM á OM.
3.5. Non obstante, certas universidades de destino poderán esixir ás persoas candidatas un nivel de idioma superior ao B1, e incluso a súa acreditación cun certificado ou diploma oficial específico, mesmo limitando a súa caducidade (p.e. expedición do título non anterior a dous anos). Con carácter xeral, as universidades de Estados Unidos e Canadá solicitan a acreditación a través dos niveis e títulos seguintes:
i) Aquelas persoas que teñan como lingua materna a esixida para a universidade na que desexan realizar a mobilidade. Esta circunstancia deberase indicar e acreditar no momento de realizar a solicitude mediante unha copia do pasaporte ou da tarxeta de identidade estranxeira.
ii) O estudantado das titulacións recollidas na Resolución Reitoral de 02/03/2023 que teña superadas as materias ou módulos necesarios para que se lles recoñeza o nivel B1, B2, C1 ou C2. Esta Resolución Reitoral está dispoñible en: https://minerva.usc.es/entities/publication/1cf922e2-aa8a-4bd4-a791-3797d334038c.
iii) O estudantado das diferentes titulacións filolóxicas que opte a prazas en universidades nas que a lingua de instrución coincida coa dos seus estudos e que teña aprobado un mínimo de 12 créditos en materias da lingua instrumental.
iv) Para estadías no Brasil, o estudantado que teña realizada unha estadía Erasmus en Portugal.
3.5. Non obstante, certas universidades de destino poderán esixir ás persoas candidatas un nivel de idioma superior ao B1, e incluso a súa acreditación cun certificado ou diploma oficial específico, mesmo limitando a súa caducidade (p.e. expedición do título non anterior a dous anos). Con carácter xeral, as universidades de Estados Unidos e Canadá solicitan a acreditación a través dos niveis e títulos seguintes:
TOELF Paper based | TOELF IBT | IELTS |
500 | 61 | 6.0 |
5. Non obstante, certas universidades de destino poderán esixir ás persoas candidatas un nivel de idioma superior ao B1, e incluso a súa acreditación cun certificado ou diploma oficial específico, mesmo limitando a súa caducidade (p.e. expedición do título non anterior a dous anos). Con carácter xeral, as universidades de Estados Unidos e Canadá solicitan a acreditación a través dos niveis e títulos seguintes:
6. É responsabilidade do estudantado consultar os requirimentos específicos das universidades respectivas para a realización do intercambio. A USC non se responsabilizará naqueles casos nos que o estudantado poida ser rexeitado pola universidade de destino por non cumprir os requisitos lingüísticos.
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Santiago
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- international [at] usc.gal
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Lugo
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- internacional.lugo [at] usc.gal