Se desexas estudar na USC durante un ou dous semestres como estudante de intercambio Erasmus+ é necesario que a túa universidade teña acordo connosco e teñas sido nomeado/a como candidato/a á mobilidade.
Datos para o Online Learning Agreement (OLA):
Código Erasmus da USC: E SANTIAG 01
E-mail: erasmus.in [at] usc.es (erasmus[dot]in[at]usc[dot]es)
Prazos
As universidades socias poden nominar os seus estudantes para curso completo e primeiro semestre ata o 30 de maio e para o segundo semestre ata o 30 de outubro.
Para a nominación, as universidades socias deben enviar un email a erasmus.in [at] usc.gal indicando: nome e apelidos do/a estudante, correo electrónico, área de estudos e duración e período da estadía.
O estudantantado nominado recibe un email co seu usuario e contrasinal, necesarios para poder realizar a súa solicitude de admisión online. O prazo para que os/as estudantes rematen a solicitude de admisión na USC é 15 de xuño para estudantes de curso completo ou primeiro semestre e 15 de novembro para os/as do segundo semestre.
Unha vez recibida a nominación dos/as estudantes pola universidade de orixe, a USC enviará un e-mail con instrucións para realizar o rexistro online seguindo estas instrucións: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional/mobilidade-estudantes/erasmus-entrantes-instrucions-inscricion
Idioma de enseñanza
En xeral as titulacións da USC impártense en español e galego.
Requisitos lingüísticos
- B1 de español
Tes que acreditar que tes nivel B1 antes de chegar, pero se queres aprender máis cando esteas en Santiago ou Lugo, aquí podes encontrar información sobre os cursos de español e galego para estranxeiros no Centro de Linguas Modernas da USC.
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Santiago
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- international [at] usc.gal
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Lugo
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- internacional.lugo [at] usc.gal