A Universidade de Santiago de Compostela participa na Acción 171 (KA171) en Erasmus+ International Credit Mobility (ICM) e conta con universidades socias fóra da Unión Europea.
A través deste programa, a USC pode recibir estudantes das universidades socias para realizar intercambios e obter recoñecemento polos créditos ECTS cursados durante un semestre (5 meses).
Email de contacto: erasmus.ka107 [at] usc.es
Primeiro paso.- Selección pola Universidade de orixe: A convocatoria e a selección de estudantes é feita pola Universidade de orixe, que nominará ao alumnado seleccionado á USC ao final do proceso.
Segundo paso.- Solicitude por parte do alumnado: Recibida a nominación, a USC enviará un e-mail a cada estudante para que cargue uns documentos ao sistema online (instrucións en Online registration xescampus_EKA171).
A documentación que debe cargarse é:
• Pasaporte
• Acordo de estudos*
• Carta de motivación
• Certificado de notas / certificado de matrícula
• Certificado de idioma
*Oferta académica disponible para elaborar o acordo de estudos: https://www.usc.gal/gl/estudos/graos
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Santiago
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- international [at] usc.gal
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Lugo
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- internacional.lugo [at] usc.gal