Programa de mobilidade con universidades españolas para cursar un ou dous semestres de grao no curso 2023/24
Convocatoria de mobilidade para estudos de grao en universidades españolas ao abeiro do programa SICUE, dirixida ao estudantado matriculado en titulacións de grao e dobre grao.
Os estudos serán plenamente recoñecidos pola USC e pasarán a formar parte do expediente académico do estudantado.
As bases reguladoras do programa contéñense no documento da convocatoria e para a súa tramitación pode pedirse asesoramento aos/ás Responsables Académicos/as de Mobilidade (RAM) e coordinadores/as académicos/as de SICUE de cada centro.
E-mail de contacto: sicue [at] usc.gal
Solicitude: Ligazón á Secretaría Virtual para facer a solicitude: https://sec-virtual.usc.es/Secretaria/Intercambio/
- Prazo: até 27 de febreiro de 2023
Procedemento de selección: Estrutúrase en dúas fases:
- Na primeira fase compróbase a que as persoas candidatas cumpren os requisitos.
- Na segunda fase, os centros asignan un destino ao alumnado segundo o expediente académico.
Acordo de estudos: Cada estudante deberá elaborar un acordo de estudos antes da mobilidade. Este documento será a base do recoñecemento dos estudos e deberá ser aprobado polas persoas responsables nas universidades de orixe e de acollida. O mínimo de créditos que deberán incluírse é 24 ECTS para estadías semestrais ou 45 ECTS para curso completo, salvo que lle resten menos para finalizar a titulación ou en casos de traslado de expediente.
Matrícula: O alumnado seleccionado deberá formalizar matrícula polos créditos que figuren no acordo de estudos tanto na USC como na universidade de acollida nos prazos que ambas establezan, pero só se aboarán os prezos públicos na USC e en destino será gratuita, sen que o programa ofreza outra axuda económica.
Alumnado matriculado na USC no curso 2022/2023 para realizar estudos oficiais de grao e dobre grao, que vaia formalizar matrícula na USC do mesmo nivel de estudo no curso 2023/24 e teña superados na USC un mínimo de 45 créditos e estar matriculado en 30 créditos máis.
No caso de intercambios con universidades non presenciais, será requisito necesario para que poidan concederse que exista un cambio efectivo de residencia.
• Resolucion Publicación Listaxe Provisional admitidos-excluidos SICUE 23/24: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/120108/carga.htm
• Resolución e listaxe DEFINITIVA solicitudes admitidas e excluidas SICUE 23/24:
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/120324/carga.htm
• Corrección de erros á listaxe DEFINITIVA solicitudes admitidas e excluidas SICUE 23/24: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/120501/carga.htmhttps://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/120501/carga.htm
• 2ª Corrección de erros á listaxe DEFINITIVA solicitudes admitidas e excluidas SICUE 23/24:
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/120548/carga.htm
• Resolución Global e Definitiva convocatoria SICUE 23/24 coa listaxe de destinos: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/120608/carga.htm
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Santiago
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- international [at] usc.gal
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Lugo
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- internacional.lugo [at] usc.gal