Axudas de mobilidade internacional para persoal docente ao abeiro do proxecto 2022-2025 con países extracomunitarios do Programa Erasmus+ KA171, co obxectivo de facilitar as estadías de persoal docente da USC en institucións de educación superior coas que a USC ten establecidos acordos interinstitucionais.
En virtude da 1ª Convocatoria correspondente ao proxecto 2022-2025 do Programa Erasmus+ International Credit Mobility KA171 con países, convócanse un total de 31 axudas para realizar actividades de docencia en universidades socias do Anexo I da convocatoria.
Prazo de solicitudes
29/03/2023 a 29/04/2023
Duración da mobilidade
A duración desta actividade será dun mínimo de 5 días de traballo e dun máximo de 2 meses, se ben só se financiarán 5 días de traballo e ata 2 días de viaxe.
O período elixible para a realización das estadías de docencia comprende ata o 30 de xuño de 2024.
Obrigas
• Impartir un mínimo de 8 horas de docencia na universidade de acollida.
• Promover a estratexia de internacionalización da USC durante a estadía.
• Establecer o contacto co centro de destino para acordar as datas da visita e o programa de traballo.
• Comunicar á Oficina de Mobilidade calquera cambio nas datas da mobilidade con respecto ás indicadas no acordo de mobilidade.
• Tramitar o seguro de asistencia en viaxe e contratar o seguro de saúde correspondente para o país de destino.
• Solicitar e formalizar o correspondente visado no seu país de orixe, no caso de ser necesario.
• Xestionar a busca de aloxamento e os trámites de rexistro na universidade de destino.
• Cumprir coa normativa vixente en materia de regularización da súa estadía no estranxeiro.
• Seguir as recomendacións sanitarias en materia de vacinación internacional que determine o
Ministerio de Sanidade.
Para poder participar na presente convocatoria as persoas solicitantes deberán:
- Posuír a nacionalidade dun dos países participantes no programa Erasmus+ ou estar recoñecido polo país no que reside como residente permanente, refuxiado ou apátrida.
- Formar parte da nómina da USC, tanto no momento de presentar a solicitude como no momento de realizar da estadía.
- Impartir docencia na USC dentro dun plan de estudos de Grao ou Máster durante o curso no que terá lugar a estadía.
- Realizar a súa estadía docente no departamento ou na facultade do centro de acollida correspondente a súa área de estudo.
- Establecer o contacto co profesorado ou co persoal de administración do centro de destino para acordar as datas da visita e o programa de docencia.
Axudas
Axuda de custos de viaxe / participante, ida e volta, dende a universidade de orixe á de destino. Calculadora Erasmus+: EACEA Distance Calculator
Entre 500 e 1999 km |
275€ |
Entre 2000 e 2999 km |
360 € |
Entre 3000 e 3999 km |
530 € |
Entre 4000 e 7999 km |
820 € |
8000 km ou máis |
1500 € |
Axuda de mantenza: 160 €/día (5 días de traballo e ata 2 días de viaxe).
Máis información sobre as axudas
Os beneficiarios serán responsables de xestionar a compra dos billetes de avión, seguro de viaxe, visado e aloxamento.
No caso de "Mobilidades virtuais", non se pagará axuda ningunha ao non producirse desprazamento.
Estas axudas serán compatibles con calquera outro tipo de bolsas e axudas de natureza pública ou privada, incluíndo as correspondentes ao programa Erasmus+ KA131.
- Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/120791/carga.htm
- Proposta de concesión de axudas: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/121431/carga.htm
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Santiago
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- international [at] usc.gal
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Lugo
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- internacional.lugo [at] usc.gal