Aquí podes encontrar outras oportunidades relacionadas con estadías no estranxeiro no ámbito da educación superior que se reciben na Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización.
A listaxe de opcións ofrécese exclusivamente a título informativo e a USC non se fai responsable da súa veracidade nin das condicións que delas se deriven.
FUNDACIÓN BARRIÉ: Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro 2025
A Fundación Barrié convoca a 36ª edición do Programa de Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro.
A presente convocatoria ten prevista a concesión dun máximo de 10 bolsas para a realización de estudos oficiais de Mestrado con dedicación a tempo completo.
Os obxectivos do programa son facilitar o acceso á mellor formación científica, técnica e artística; proporcionar experiencias vitais nun contorno internacional e multicultural e contribuír ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, empresariais e culturais, a través da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié, unha comunidade excepcional que acada o milleiro de profesionais de múltiples disciplinas en todo o mundo.
O prazo de solicitude finaliza o 28 de febreiro ás 13:00 horas. Para máis información consulta a seguinte web.
LITUANIA: Instituto Europeo da Igualdade de Xénero (EIGE)
O Instituto Europeo da Igualdade de Xénero (EIGE) abriu unha convocatoria para solicitar prácticas de 11 meses dentro da súa Unidade de Investigación e Apoio normativo.
Estas prácticas teñen como obxectivo principal ofrecer experiencia de formación práctica en áreas clave do traballo da Axencia cubertas pola Unidade de Investigación e Apoio normativo, en particular investigación e estatísticas e violencia de xénero. Ademais, buscan proporcionar coñecementos prácticos sobre o funcionamento das axencias e institucións da UE.
O prazo de solicitude remata o 10 de marzo ás 12:30 horas. Para máis información, consulta a seguinte páxina web.
FINLANDIA: Escola de verán para o liderado feminino na Era Dixital
A escola de verán para o liderado feminino na Era Dixital é un programa dunha semana que ten como obxectivo dotar ás participantes das habilidades necesarias para liderar o futuro.
A escola foi creada pola Academia Europea de Liderado co obxectivo de empoderar á seguinte xeración de mulleres líderes para que desempeñen o seu papel na configuración da Era Dixital. Este ano o programa levarase a cabo en Finlandia, do 12 ao 18 de xullo. As alumnas recibirán unha bolsa que cubre o desprazamento e outros gastos. As participantes explorarán o significado e o valor do liderado sostible coa axuda de líderes de clase mundial, aprenderán de mentores empresariais de renome internacional que as inspirarán a enfrontar novos desafíos e comprenderán a importancia da tecnoloxía.
A data límite para solicitar esta programa é o 12 de marzo. Para máis información consulta a seguinte páxina web.
COREA: Universidade de Ulsan
A Universidade de Ulsan en Corea ofrece un Campus de Verán dirixido a estudantes internacionais que busquen realizar una inmersión na cultura, lingua, historia e socidade coreana. O programa oferta un amplo abanico de actividades coma cursos especializados, viaxes e excursións que proporcionen ao alumnado un coñecemento integral de Corea.
O prazo de inscricións remata o 15 abril. Para máis información consulta a seguinte páxina web.
ESTADOS UNIDOS: Bolsas Fulbright (Ampliación de estudos Mestrado, Ph.D. e investigación predoutoral)
Estas bolsas están destinadas a titulados superiores que estean interesados en realizar programas de Mestrado, Ph.D. e investigación predoutoral en universidades estadounidenses en calquera disciplina para o curso 2026-2027.
A duración será de 10 a 12 meses, renovable por un máximo de 12 meses máis e o período de desfrute será entre o verán de 2026 e o outono de 2027, segundo o calendario académico da universidade de destino. Inclúen costes de matrícula, viaxe, asignación mensual, seguro médico e de accidentes e un conxunto de servicios de apoio moi interesantes para o bolseiro.
O prazo de solicitude finaliza o 15 de abril. Para máis información consulta a seguinte páxina web.
Buscadores:
http://erasmusintern.org
https://ec.europa.eu/eures/eures-searchengine
http://www.europlacement.com
http://www.kapstages.com/index.php?mode=ES
Empresas Europeas:
http://www.greatplacetowork.es/index.php
www.kompass.com/es www.europages.com
http://www.recruitingerasmus.com
http://ec.europa.eu/social/yourfirsteuresjob
Ofertas de prácticas da rede Universia: http://erasmusinandout.universia.es
Ofertas de bolsas da rede Leo-net: https://leonet.joeplus.org/en/offers
Ofertas de bolsas da rede IAGORA: http://www.iagora.com
Prácticas no Reino Unido: http://www.placement-uk.com; http://www.espauk.com/
Prácticas en Francia: www.directetudiant.com
Prácticas en Alemaña: www.praktikum-service.de
Prácticas en Finlandia: http://www.aarresaari.net/index.php?id=1&lang_id=1
BRASIL: Programa de Mobilidade do Grupo de Cooperación Internacional de Universidades Brasileiras ("GCUB-MOB")
- Está aberta a inscrición para a terceira edición do Programa de Mobilidade do Grupo de Cooperación Internacional de Universidades Brasileiras ("GCUB-MOB"). O programa ofrece prazas de posgrao e bolsas en Brasil para estudantes estranxeiros.
- Nesta edición, máis de 800 bolsas de Mestrado e Doutoramento serán ofrecidas en 55 universidades brasileiras con programas que comezarán no 2025. As bolsas, equivalentes ás pagadas aos brasileiros, terán unha duración semellante á regular do programa a ser cursado. Ao igual que na súa edición anterior, o actual proceso de selección buscará favorecer a diversidade de orixes, os países con menor IDH, os candidatos docentes, as candidatas e, finalmente, as vacantes que máis contribúan ao proceso de internalización da docencia no territorio nacional.
- A inscrición é gratuita e estará aberta ata o 17 xuño de 2024 a través da seguinte páxina web. O programa das bolsas está dispoñible nesta ligazón.
XAPÓN: Waseda University
- A Universidade de Waseda en Xapón ofrece bolsas financiadas polo goberno xaponés para estudos de mestrado e doutoramento. O programa inclúe o desprazamento en avión, gastos de matrícula e unha dotación mensual para manutención de dous anos no caso mestrado e de tres para doutoramento.
- O prazo de solicitude para comezar os estudos en setembro de 2025 empeza o 12 e finaliza o 17 de decembro. Para máis Información consulta a seguinte páxina web.
CHINA: Bolsas do Goberno Chinés 2025-2026
- As bolsas están dirixidas a persoas físicas de nacionalidade española ou dun país da Unión Europea que acrediten a súa residencia en España e que cumpran cos requisitos específicos exixidos para a modalidade da bolsa escollida.
- Existen cinco modalidades: General Scholar Program, Undergraduate Program, Master´s Program, Doctoral Program e Senior Scholar Program.
- O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de decembro de 2024 (inclusive).Para máis información consulta a páxina web do SEPIE e a páxina web da Oficina de Asuntos Educativos da Embaixada da República Popular China en España
EMBAIXADA DE FRANCIA EN ESPAÑA
- BOLSAS DOUTORAIS E POSDOUTORAIS:
A Embaixada de Francia en España financia 16 bolsas doutorais e posdoutorais de dúas semanas ou un mes de duración: 3 bolsas de 852 euros para unha estancia de 15 días e 13 bolsas de 1.704 euros para unha estadía dun mes. -
Estas bolsas serven exclusivamente para financiar mobilidades a Francia de estudantes de doutoramento ou posdoutoramento, matriculados nun centro de educación superior ou de investigación español (e non matriculados en Francia), no marco dunha estadía de investigación. O prazo de solicitude finaliza o 13 de febreiro. Para máis información consulta a seguinte páxina web.
CONVOCATORIA DE PROXECTOS CIENTÍFICOS PARA INVESTIGADORES CONFIRMADOS:
- A Embaixada de Francia en España outorga 14 axudas para financiar proxectos científicos que se inscriban no marco dunha colaboración franco-española. As subvencións atribuídas son de 1.000€ por proxecto. O prazo de solicitude finaliza o 13 de febreiro. Para máis información consulta a seguinte páxina web.