Ir o contido principal

Actividade formativa "3 estratexias para potenciar as competencias na procura de emprego

Xornada Competencias
Xornada Competencias
As soft skills poden marcar a diferenza nos procesos de selección.

A Área de Orientación Laboral da USC organiza dúas xornadas formativas sobre "Estratexias para potenciar as competencias na procura de emprego". As soft skills permiten mellorar, crecer e destacar, tanto a nivel persoal como profesional e xogan un papel moi importante nos de recrutamento e poden chegar a condicionar a decisión dos/as recrutadores/as; por iso é moi importante adestralas e traballar nelas cada día. 
 
As xornadas  realizáranse en modalidade presencial, (unha no Campus de Santiago e outra no Campus de Lugo) o 6 de novembro na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. Campus Vida en horario de 12:00 a 14:00  e o 7 de novembro na Facultade de Administración e Dirección de Empresas. Campus de Lugo en horario de 12:00 a 14:00. As xornadas estarán a cargo de Nelly Rey Rey

Se es alumno/a ou titulado/a da USC e estás interesado/a en participar, podes inscribirte a través destas ligazóns:

Campus Santiago: https://goo.su/vu9s3

Campus Lugo: https://goo.su/2Kkpb7k

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.10.2023.