Actividade formativa
Elabora o teu Currículum e Prepara o Plan de Acción

Este curso forma parte do programa formativo en competencias para o emprego, dirixido ao alumnado participante na actual edición do Proxecto Mentoring USC.
O persoal da Área de Orientación Laboral organiza e imparte esta actividade dirixida ao alumnado participante no Proxecto Mentoring USC. A formación ten como obxectivo ofrecer pautas para a realización dun CV eficaz e a preparación do plan de acción para traballar posteriormente cos/as mentores/as.
Realizaranse dúas sesións , que se celebrarán a través de Teams, o 14 de febreiro nos seguintes horarios:
- Horario de mañá: 10:00 a 11:30 h.
- Horario de tarde: 16:30-18:00 h