- Entidade
- Consellería de Cultura
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

Bolsas de formación para a Investigación en Humanidades
Requisitos:
- Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Eu-
ropea.
Estar en posesión do título universitario de licenciatura ou de grao exixido no proxecto
para o que presente a solicitude. - Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4,
agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciatura en Filoloxía Galega ou
graos equivalentes. - Non resultar beneficiario dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro
Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. - Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos,
calculada de acordo cos parámetros publicados pola Resolución da Secretaría Xeral Téc-
nica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011
(DOG núm. 188, do 30 de setembro)
A contía de cada bolsa será de 1.100,00 € brutos mensuais, aos cales se lles aplicarán os descontos e retencións legais vixentes, incluída a cotización á Seguridade Social, que corresponda.
As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada tal e como dispón a base décimo cuarta da convocatoria; a data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2024 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2026. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.