- Entidade
- Consello da Cultura Galega
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

O Consello da Cultura Galega convoca catro bolsas de colaboración para proxectos de investigación sobre diversos aspectos da cultura galega.
Requisitos:
- Nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.
- Estar en posesión da titulación universitaria requirida para o proxecto á cal presenten a solicitude:
- Proxecto de investigación Unidade de Publicacións: título de licenciatura ou grao en filoloxía galega, galego e portugués, lingua e literatura galegas e tradución e interpretación.
- Proxecto de investigación Área de Documentación: título de licenciatura ou grao en documentación ou titulacións equivalentes.
- Proxecto de investigación Unidade de Divulgación de Contidos e Difusión: título de licenciatura ou grao en ciencias da comunicación, comunicación audiovisual ou titulacións equivalentes.
- Ter rematados os estudos no curso académico 2013/14 ou posterior.
- Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciatura ou grao en filoloxía galega, galego e portugués, lingua e literatura galegas e tradución e interpretación.
- Non resultar persoa beneficiaria dunha bolsa de colaboración convocada polo Consello da Cultura Galega en convocatorias anteriores durante un prazo superior a doce meses.
- Posuír unha nota media no expediente académico igual ou superior a 6 puntos.
Remuneración: 1250€ mensuais
Duración: máximo 12 meses