- Entidade
- CIMUS
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

O CiMUS da USC anuncia a VIII edición do seu Programa de Bolsas de Verán «CiMUS Summer School», ofrecendo 10 bolsas dirixidas a estudantes de grao que desexen ter a súa primeira experiencia investigadora no Campo de Ciencias da Vida.
Requisitos:
Os/as candidatos/as deberán ter superado o 55% dos créditos dos seus estudos de grao en Bioloxía, Farmacia, Medicina, Química ou de outra titulación relacionada, de calquera universidade, cunha nota media igual ou superior a 8,0 (en escala de 10)
As bolsas están dotadas con 750 € brutos máis unha axuda para alumnos/as non residentes en Santiago de Compostela destinada ao financiamento dos gastos de transporte, cun importe máximo de 250 € para estudantes de fóra de Galicia e ata 80 € para estudantes residentes noutros concellos de Galicia.
Durante a estadía do 1 ao 31 de xullo, os candidatos seleccionados terán a oportunidade de desenvolver un breve proxecto de investigación baixo a supervisión dun investigador principal do centro enmarcado dentro dos 2 programas de investigación: "Mecanismos Moleculares" que estuda as enfermedades crónicas (obesidade e metabolismo, neurodexeneración e cancro) e "Integrativo Traslacional" sobre novos fármacos e novas estratexias terapeúticas (cribado de fármacos, nanoentrega, medicina xenómica e radioteragnóstica). O obxectivo é que os estudantes se integren nunha contorna de investigación dinámica e competitiva e traballen en temáticas na fronteira do coñecemento. Ademais, poderán participar en todas as actividades científicas do centro.