- Entidade
- Fundación SEPI
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

A Fundación SEPI convoca 25 bolsas no terceiro proceso da edición do Programa Instituto de Crédito Oficial 2024/2027
Requisitos:
- Ser cidadán da Unión Europea.
- Concluír, antes da data de incorporación á bolsa, os estudos para a obtención dun título oficial universitario nalgún centro docente español recoñecido oficialmente ou homologado en España. Poderán tamén presentar a súa candidatura estudantes universitarios que teñan, como máximo, 30 créditos ECTS pendentes de aprobar, antes da data de incorporación á bolsa.
- Concluír os estudos necesarios para a obtención do título de que se trate desde o 1 de xaneiro de 2021.
- Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 1997.
- Non desempeñar traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, xa sexa por conta propia ou allea
A duración inicial da bolsa será de seis meses.
Asignación económica mensual de 1.100€
A formación dos bolseiros e bolseiras do Programa poderase levar a cabo en Madrid, na sede do ICO, da Fundación ICO ou de AXIS.