- Entidade
- ICEX
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

Bolsas de Internacionalización Empresarial
Requisitos:
1. Nacionalidade. Estar en posesión da nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
2. Idade. Nacer a partir de 1 de xaneiro de 1994.
3. Titulación. Estar en posesión dunha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de Máster Universitario.
4. Imprescindible acreditar un mínimo de 240 ECTS en todos os casos.
5. Acreditar posuír coñecemento avanzado de inglés. O nivel mínimo esixido, é o B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
Condicións:
O réxime de bolsas contará con tres fases sucesivas que serán o Máster universitario en Xestión Internacional da Empresa (Fase 0), as prácticas na rede de Oficinas Económicas e Comerciais de España no exterior (Fase I) e as prácticas en empresas, entidades ou organismos internacionais, dentro e fóra de España (Fase II).