- Entidade
- Fundación Galicia Europa
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

Fundación Galicia Europa
Requisitos:
1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
2. Ser natural de Galicia, ser fillo/a de galegos ou acreditar a residencia en Galicia, mediante empadroamento.
3. Posuír o título académico necesario para a modalidade a que se presenta a persoa beneficiaria ou xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do devandito título. Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos seis (6) anos anteriores ao da publicación da convocatoria:
a) Para as bolsas de formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega é necesario posuír un título universitario de grao, licenciado/a, enxeñeiro/a ou equivalente.
b) Para a bolsa de formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos, é necesario posuír un grao ou licenciatura en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.
4. Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da listaxe de suplentes e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.
Titulacións preferentes: Grao ou licenciatura en Dereito, Dirección e Xestión Pública, Economía, Ciencias Políticas e da Administración, Xornalismo ou Comunicación.
Duración: 11 meses
Lugar: Bruxelas
Presentación da solicitude: sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal