- Entidade
- USC
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude
Axudas de mobilidade destinadas ao estudantado de grao e máster oficial da USC ao abeiro do programa Erasmus+ para realizar prácticas en países do programa durante o curso 2024-2025.
Requisitos:
- Estudantado matriculado na USC en estudos oficiais de grao ou máster. No caso dos estudos de grao é necesario ter superado, como mínimo, o 50% dos créditos da titulación.
- Así mesmo, poderá participar na convocatoria na modalidade de titulado/a recente o estudantado de grao e mestrado oficial matriculado no último ano da súa titulación, sempre que a solicitude e a asignación da mobilidade se realicen antes de efectuar o depósito para a obtención do título.
- O estudantado deberá acreditar, antes do remate do prazo de solicitude, o coñecemento de inglés ou doutras linguas estranxeiras indicadas pola entidade de destino, co nivel que esta especifique. O nivel mínimo esixido a todas as persoas solicitantes será o B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER), que deberá acreditarse segundo os títulos incluídos no Anexo I ou a través das probas de nivel do CLM (parte A do nivel B1 (B1.A), nivel B2 (B2.A) ou C1 (C1.A)) ata o peche da convocatoria...
Remuneración / Dotación:
A contía da axuda económica individual dependerá da duración do período de mobilidade, do país de destino e do cumprimento dos requisitos para que a persoa solicitante sexa considerada dentro da categoría de estudantado con "menos oportunidades".
As axudas de mantenza poden ir dos 400€/mes aos 750€/mes...