- Entidade
- Consellería do Mar
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

A Consellería do Mar, dentro da súa estrutura orgánica, conta co Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (en diante, Cima), como organismo público autonómico de investigación non universitario de Galicia que ten como misión principal realizar actividade investigadora relacionada co medio mariño e os seres que nel habitan, nos ámbitos da pesca, do marisqueo e da acuicultura, encamiñada a conseguir unha xestión racional dos recursos mariños vivos no ámbito xeográfico de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia
Requisitos:
-Estar en posesión do título universitario de licenciatura ou de grao en Bioloxía ou Ciencias do Mar. As persoas solicitantes deberán estar en posesión do título ou acreditar o pago dos dereitos para a súa expedición ao final do prazo de presentación de solicitudes e ter finalizados os estudos conducentes a esta titulación no ano 2022 ou posterior.
-Non gozar anteriormente doutra bolsa de formación para a especialización en materias de investigación mariña para persoas con titulación superior convocadas por a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, agás que no conxunto das convocatorias anteriores gozasen da bolsa por un período de tempo non superior a 5 meses
-Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
-Non ter a titulación de doutor/a, nin atoparse matriculado nun programa de doutorado do sistema universitario nacional ao final do prazo de presentación de solicitude
-Estar en posesión do permiso de condución de vehículos de categoría ou clase B
As bolsas terán unha duración de dous anos a partir da data de incorporación que se estableza na resolución de concesión e sen posibilidade de prórroga.
O importe bruto mensual de cada bolsa será de 1.200€
As bolsas realizaranse no Centro de Investigacións Mariñas de Galicia que está integrado polo Cima de Corón (Vilanova de Arousa) e o Cima de Ribadeo.