- Entidade
- Caixabank e Microsoft
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

Convidámosche a participar na 8.ª edición dos Premios WONNOW, unha iniciativa conxunta de CaixaBank e Microsoft Ibérica. Estamos a buscar a mulleres estudantes de graos de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas para fomentar a igualdade e premiar a excelencia académica, profesional, persoal e social das mulleres no ámbito STEM
Requisitos:
-Mulleres que cursaran e superaran os 180 primeiros créditos dun grao STEM nunha universidade española.
-Con estudos de grao, máster, posgraduado etc., en curso.
Valorarase o expediente académico, a traxectoria profesional, persoal e social da alumna, así como a participación en proxectos, investigacións, traballos de tipo profesional, premios, pensamento crítico etc.
-15 bolsas en CaixaBank: Quince premios de bolsas remuneradas para traballar en CaixaBank durante seis meses
-Un premio monetario de 10.000 €: Consiste nunha dotación económica de 10.000 € para proseguir ou ampliar estudos, formación ou proxectos empresariais (a contía bruta do premio é de 10.000 €, estando sometido á lexislación fiscal aplicable).
-Programa de mentoring en Microsoft: Tanto a gañadora do premio monetario como as gañadoras dos premios de bolsa participarán nun programa de mentoring impartido por Microsoft Ibérica. As condicións do devandito programa serán obxecto dun acordo entre as participantes e Microsoft Ibérica.